19 maio 2015

Activiadade sobre os Gulags.


 

Vamos a escoitar un fragmento do programa de Radio da Cadena SER. Este programa é SER Historia, presentado por Nacho Ares, que ten lugar os sábados de madrugada. Non creo que nunca escoitarades este programa, pero ten episodios moi interesantes. Hoxe vamos a escoitar un fragmento, non fai falla escoitar todo o programa, pero non sería malo que o escoitarades.
Para a actividade desta semana so tedes que escoitar dende o minuto 4 ata o minuto 14. Nel vamos a escoitar un fragmento sobre os Gulags, nela vaise entrevistar a Dra. Luiza Iordache Cârstea, doutora pola Universidade de Barcelona. Nela nos vai comentar como eran os Gulags na URSS.
O resto do podcast pode ser interesante, nel trátanse temas como: Pablo Iglesias, o fundador do PSOE en España (non confundir co fundador de PODEMOS). Escoitádeo se tedes tempo.
As preguntas para contestar son as seguintes:

  1. ¿Que é un gulags, e como o define Luiza Iordache ós Gulags?
  1. ¿Como eran as únicas formas de abandonar un gulag?
  1. ¿En que actividades traballaban os presos nos gulags?
  1. ¿Como eran as condicións de vida nos gulags? ¿Cal é a diferenza co campos de concentración dos Nazis?
  1. Non o di no podcast, pero a que podes dicirme quen foi o gobernante da URSS, que os utilizou máis.
  1. ¿Como morría a xente nos gulags?

Para esta actividade vou dar unha semana, como de costume, que comeza hoxe día 19 de Abril e vai a rematar o 26 de Abril as 22.00. As normas son as de costume:

  • Debedes entregar a actividade antes do día e da hora límite.
  • Podedes entregar o traballo das formas habituais:

o Darmo en man antes da data limite.

o Enviarme as respostas o correo electrónico.

o Colgalo como comentario na entrada do blog.