30 decembro 2015

Recuperación da 1º Avaliación.


Sinto tardar tanto en colgar as cousas, pero tiven un problema e non puiden facelo antes. Así tamén tivestes unha semana de descanso.

Vou indicar cales son os apartados que hai que estudar para o exame a recuperación da 1 Avaliación.
Pero antes de nada vou recordar que todo o que din en clase, fora do libro esta colgado no blogue, así que non quero escusas de que non podiades estudar porque non tiñades as cousas.

Tema 1. A Ilustración e o reformismo do século XVIII.

Apartado 1, 2, 3 e 4. Podedes estudalos polo libro ou polas fotocopias do esquema que entreguei a primeira semana, que esta no blogue.
Apartado 5. As transformacións sociais tamén están nas fotocopias, pero o apartado 5.2 non entra.
Apartados 6 e 7. Sobre o reinado dos Borbóns en España tedes o do libro e os esquemas que vos mandei copiar e tedes no blogue.
Apartado 8. Tedes o arte rococó polo libro e o neoclásico polos apuntes que vos din fotocopiados.
Apartado 9. Non entrará no exame.

Recordade repasar todas as entradas do blogue que poñan tema 1.

Tema 2.As Revolucións políticas (1770-1871).
Apartado 1.Podedes estudalo por aquí ou polas fotocopias que entreguei sobre liberalismo. Están colgadas no blogue.
Apartado 2. A revolución americana hai que estudala polo libro e polos esquemas que entreguei.
Apartado 3 e 4. Estudade polas fotocopias que entreguei e clase. Están colgadas no blogue.
Apartado 5. Estudalo polo libro.
Os apartados 6, 7 e 8 hai que estudalo polo libro e completeino con esquemas que entreguei en clase. Pero esta todo no blogue.

Recordade repasar todas as entradas do blogue que poñan tema 2.

Tema 4. A crise do antigo Réxime en España e Galicia.

Apartados 1 e 2. Hai que estudalo polo libro e completalo cos esquemas que din en clase e en fotocopias. Tedes todo no blogue.



04 decembro 2015

Creación de Alemaña



UNIFICACIÓN ALEMANA.
  • O territorio alemán esta dividido en 39 estados independentes. Tras a derrota de Napoleón intentouse unha integración, coa formación de Confederación Xermánica.
  • Dentro da confederación xermánica existía unha rivalidade polo control entre Prusia e Austria. Prusia acaba concentrando as ansías pola formación dunha unidade xermánica, coa creación da Unión Aduaneira en 1833 (da que estaba excluída Austria).
  • Ata 1848 os diferentes intentos de integración, foron paralizados polas disputas internas e a oposición de Austria.
  • Prusia iniciou o proceso de unificación foi organizada por Prusia:
   O Chanceler de Prusia -Otto von Bismarck -aceleraron a unificación xermánica pola vía militar.
   A guerra de 1864 contra Dinamarca.
   A guerra de 1866 contra Austria, que excluía a Austria da decisión tomadas en Alemaña. A partir de agora, creouse a Confederación Alemaña do Norte.
   A Guerra Franco-Prusiana, que manifesta o poder de Prusia, e a anexión de Alsacia e Lorena.
   En 1871 crease o II Imperio Alemán, en torno ó rei de Prusia (Guillerme I), que se converte no emperador de Alemaña.