07 xuño 2016

Actividade 9. As bombas atómicas.





Na seguinte actividade vamos a falar sobre as bombas atómicas e como afectaron estes acontecementos a Xapón. Nel vamos a escoitar Un fragmento dun programa de radio da Cadena SER, o programa é SER Historia. Este vai contar diferentes elementos sobre os sucesos que aconteceron en Xapón en aquel agosto maldito.


Tedes que escoitar dende o comezo do podcast ata o minuto ata o minuto 26, ata o minuto 26,

Na seguinte actividade debedes comentar as seguintes preguntas.


1. Explica sobre que cidades e cando se lanzaron as bombas atómicas sobre Xapón. ¿Como se chamou o avión que lanzou a primeira bomba atómica?


2. A persoa entrevistada fala de como quedou Xapón despois do lanzamento das bombas. ¿Que explica ela?


3. A xente en Xapón. ¿Por que non falan moito deste tema?


4. Hai dous museos un Hiroshima e outro en Nagasaki. ¿Que opinas as persoas entrevistadas sobre estes museos? ¿Irías a visitar eses museos? Razoa a resposta.


5. Explica en que consistía o Proxecto Manhattan.


6. ¿Que obxectivos militares había en Hiroshima?


7. ¿Por que atacaron Nagasaki? Razoa a resposta.


8. ¿Que opinas sobre o que comentan do piloto que lanzou a Primeira Bomba Atómica do mundo? Razoa a resposta.



Para realizar esta actividade tedes ata o día 16 de xuño as 22:00 horas.
Podedes realizalos entregandomo por:
  • Correo electrónico.
  • Colgar a resposta no comentario do blog.
  • Darme as respostas en clase antes da data tope.

Actividade 8. O holocausto.



No seguinte podcast podemos escoitar un tema moi duro sobre a II Guerra Mundial e os seus sucesos máis salientables.


Neste caso vamos a escoitar un fragmento do programa “SER Historia” da Cadena SER, presentado e dirixidos por Nacho Ares. Nel vanse a tratar diferentes temas como o holocausto e outros salientables, como a Condesa Vampira, que o mellor vos interesa.


O que tedes que face e escoitar o podcaste dende o comezo ata o mimuto 27.


Despois debedes contestar as seguintes preguntas:


1. O entrevistador e o entrevistado mencionan certos elementos relacionados coa medicina.


2. ¿Cal e a cifra de mortos que se fala no podcast? ¿Pero que mencionan os personaxes sobre cifra de mortos?


3. ¿Que explica o podcast sobre a “Solución Final? ¿Cales eran os seus obxectivos da Solución Final?


4. ¿Cal é a razón de ese odio cara os xudeus? Explica o que menciona o podcast. Logo razoa a resposta.


5. ¿Os xudeus influiron na sociedade europea? Razoa a resposta.


6. Explica as diferentes fases nas que podemos dividir a Solución Final dos Nazis.


7. ¿Quen colaborou na “solución final” dos nazis? Explica o que comenta o podcast.


8. Explica para que chegaron a usar os corpos dos xudeus. Menciona o que di o podcast.


Para realizar esta actividade tedes ata o día 16 de xuño as 22:00 horas.
Podedes realizalos entregandomo por:
  • Correo electrónico.
  • Colgar a resposta no comentario do blog.
  • Darme as respostas en clase antes da data tope.

Actividade 7. Anecdotas sobre a II Guerra Mundial



Curiosidades sobre a II Guerra Mundial.


No caso deste podcast vamos a escoitar un fragmento dun programa de radio, que temos traballado en algunha ocasión: SER Historia. Este programa esta presentado e dirixido por Nacho Ares. No caso deste vamos a escoitar una framento do programa que vai dende o comezo do audio ata o minuto 29.


Neste caso tedes que escoitar un fragmento de Anecdotas sobre a II Guerra Mundial. A verdade é que ten algunhas cousas sorprendentes, e outras interesantes que xa vimos en clase.

Para facer a actividade debedes contestar as seguintes preguntas.




1. Indica cales foron os inventos máis curiosos que se mencionan no audio. ¿Cal é o que che chama máis a atención?


2. ¿Cal é a relación de Franco coa Fanta?


3. ¿Que país deu máis inventos a II Guerra Mundia? Razoa a respota.


4. Explica cal é o opinión do entrevistado, para que aparezan inventos durante as Guerras.


5. ¿Por que Hitler quería comprar un “Mercedes”?


6. ¿Que menciona o entrevistado sobre Adolf Hitler?


7. Referindonos a Adolf Hitler ¿En que invento participiou? ¿Quen máis participaron nese invento?


8. Cando fala de Himmler. ¿Que se menciona no Podcast del?


9. Explica o que máis che sorprendeu do Podcast.

Para realizar esta actividade tedes ata o día 16 de xuño as 22:00 horas.
Podedes realizalos entregandomo por:
  • Correo electrónico.
  • Colgar a resposta no comentario do blog.
  • Darme as respostas en clase antes da data tope.