07 xuño 2016

Actividade 7. Anecdotas sobre a II Guerra Mundial



Curiosidades sobre a II Guerra Mundial.


No caso deste podcast vamos a escoitar un fragmento dun programa de radio, que temos traballado en algunha ocasión: SER Historia. Este programa esta presentado e dirixido por Nacho Ares. No caso deste vamos a escoitar una framento do programa que vai dende o comezo do audio ata o minuto 29.


Neste caso tedes que escoitar un fragmento de Anecdotas sobre a II Guerra Mundial. A verdade é que ten algunhas cousas sorprendentes, e outras interesantes que xa vimos en clase.

Para facer a actividade debedes contestar as seguintes preguntas.




1. Indica cales foron os inventos máis curiosos que se mencionan no audio. ¿Cal é o que che chama máis a atención?


2. ¿Cal é a relación de Franco coa Fanta?


3. ¿Que país deu máis inventos a II Guerra Mundia? Razoa a respota.


4. Explica cal é o opinión do entrevistado, para que aparezan inventos durante as Guerras.


5. ¿Por que Hitler quería comprar un “Mercedes”?


6. ¿Que menciona o entrevistado sobre Adolf Hitler?


7. Referindonos a Adolf Hitler ¿En que invento participiou? ¿Quen máis participaron nese invento?


8. Cando fala de Himmler. ¿Que se menciona no Podcast del?


9. Explica o que máis che sorprendeu do Podcast.

Para realizar esta actividade tedes ata o día 16 de xuño as 22:00 horas.
Podedes realizalos entregandomo por:
  • Correo electrónico.
  • Colgar a resposta no comentario do blog.
  • Darme as respostas en clase antes da data tope.

1 comentario:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar