CARACTERÍSTICAS
DOS FASCISMOS.
Unha
das características que define os estados fascistas é que
consideran que deben ter un control total do Estado; por iso
considerase que o Estado Fascista é omnipresente (esta en todos
lados). Pero que quero dicir, con que eles consideran que deben estar
en todos lados: pois os estados fascistas deben controlar a economía,
a política, a sociedade, a educación, a cultura, a arte, as
relacións sociais, as relacións entre os seus habitantes e outros
países, as relacións internacionais, etc. Pero iso verémolo un
pouco máis adiante.
Pero
como veremos agora, moitos destes estados confunden ó Estado coa
Patria ou Nación, como pode ser o caso da Nación Alemá ou Nación
Aria; ou o caso de Italia coa raza Italiana, herdeira do mundo
romano.
CREACIÓN
DUN LÍDER CARISMATICO.
Dentro
do Estado Fascista debe existir un líder carismático ou mesiánico,
isto quere dicir que debe existir un líder que esta para salvar o
país da crise, da propia sociedade e dos seus inimigos. Este líder
carismático debe ter un carácter diferente o resto dos homes:
O líder é un home excepcional, o único dotado
dunhas virtudes e cualidades necesarias para dirixir a nación.
El debe controlar todos os poderes do Estado.
Esta persoa encarna a vontade da Nación, xa que
el é a nación.
O líder é considerado como infalible, nunca se
equivoca. A el debéselle obediencia cega, xa que sempre ten a
razón.
Esta persoa recibe un culto a súa persoa.
Aínda que pareza broma, o líder é considerado
un superhome, que esta investido cun carácter sagrado.
No
caso dos dous exemplos máis recorrentes temos o caso de Hitler en
Alemaña, que recibe o titulo de Führer; ou en Italia onde temos a
Mussolini, que recibe o título de Duce. E sei que vos parecera
broma, pero moita xente cría nel, e considerábao o prototipo de
home perfecto.
IMPOSICIÓN
DUN SISTEMA POLÍTICO AUTORITARIO.
Os
partidos fascistas consideran que a Democracia é un mal para a
sociedade, co cal consideran pernicioso para a Nación calquera
sistema democrático ou liberal. Motivo polo cal cando chegan o
poder, fanse co poder absoluto e controlan o poder de forma
autoritaria.
Os
estado fascistas queren controlar todo o Estado, e especialmente fan
isto en economía. Acaban formando un sistema de control económico,
no que o estado intervén en todos os aspectos da economía: controla
a produción, controla a banca, controla as actividades comerciais,
etc. Todo isto ten como sentido conseguir que o Estado funcione da
forma máis eficientemente posible, tendo como único obxectivo o
beneficio económico da Nación. Pero ten como elemento especial, que
non interesa o interese particular dos individuos: so interesa o
benestar da Patria. Isto provoca, que os individuos deben someterse,
aínda que para eles lles traía contrapartidas. Isto acaba levando a
un sistema de autarquía económica, que xa vimos en clase.
A
sociedade debe quedar baixo o control directo do partido e do líder.
Esta vai a exercer un lavado de cerebro a poboación mediante a
obriga de participar en actos, festivais e celebracións seguindo os
criterios fascitas. Pero isto tamén se ve na inclusión da socieade
en institucións fascistas, vou poñer unha serie de exemplos:
A educación debe seguir os preceptos do partido.
Estudiase historia segundo os criterios fascistas ou nazis.
Os nenos deben participar en sociedades xuvenís
dos partidos, como por exemplo: as xuventudes hitlerianas, as
xuventudes fascistas, etc.
Os traballadores deben formar parte dos
sindicatos verticais creados polos partidos fascistas. Se queren
traballar deben estar inscritos nestes sindicatos.
As obras de literatura, cine, teatro, radio e
prensa están controladas polos partidos fascista ou nazi.
REXEITAMENTO
DA IGUALDADE.
Os
movementos fascistas teñen un claro compoñente racista dentro da
súa ideoloxía, motivo polo cal consideran que ele (os fascistas)
son superiores os demais. Pero o mesmo tempo, eles consideran que hai
sempre xente mellor que outra, no caso dos alemáns: os da raza aria
son superiores a calquera outra das razas do mundo. Iso dálle
dereito a someter as razas inferiores ou a expulsalas, xa que son un
mal para a súa patria. Un bo exemplo é o que fixeron os nazis con
xudeus durante o seu goberno, pero iso xa o veremos.
Isto
acaba creando unha concepción da sociedade fortemente xerarquizada
que debe ser gobernada por unha elite, os membros do partido, que son
os mellores preparados para levar a cabo o destino da Nación.
Outro
dos elementos de desigualdade é a diferencia entre homes e mulleres.
Para Nazis e Fascistas as mulleres teñen un papel na sociedade, que
é o de crear novos alemáns ou italianos, coidar das súas familias
e realizar certos traballos menores. A que eran un pouco machistas,
pero que lle vamos facer, as mulleres adoraban a Hitler e a
Mussolini: moitas delas considerábano como o prototipo de home
ideal. Si sei que parece broma, pero hai cousas que pasaron.
Os
fascistas propugnan un pensamento irracional, onde a razón non é
necesaria. Xa que o destino da Patria é buscar a gloria. Para iso
non vale a razón, xa que a xente non debe razoar as cousas; senón
que deben obedecer cegamente o líder. Para que pensar, se o líder
xa sabe mellor que ninguén o que debe facerse. Isto leva a un
fanatismo exacerbado, que en moitos casos apoiase en símbolos como:
as bandeiras, símbolos, escudos, cantos e uniformes dos seus
seguidores.
Estes
partidos exaltan a grandeza da súa patria respectiva. Para eles as
súa patria é a mellor e a máis importante, polo cal ten dereito a
someter as razas inferiores, para iso fanse moitas reivindicacións
territoriais. Como podemos ver isto, pois no caso de Alemaña pide a
recuperación dos vellos territorios que formaban parte do antigo
Imperio Alemán, pero o mesmo tempo consideraban que necesitaban máis
territorios para poder crecer e desenvolverse.
Para
isto último os alemáns crearon a teoría do “espazo vital” ou
Lebensraum, que consiste en que Alemaña necesita toda unha serie de
territorios fora de Alemaña para poder desenvolverse plenamente. En
estes territorios conseguiría materias primas, alimentos, forza de
traballo e todo o necesario para conseguir a grandiosidade de
Alemaña. Este “espazo vital” eles consideraban que era Europa do
Leste.
MILITARISMO
e o USO DA VIOLENCIA.
Defenden
que a violencia é unha forza lexitima para conseguir as cousas, como
por exemplo ese espazo vital, e por iso defenden a existencia de
grandes exércitos para poder levar a cabo as políticas. Ademais ben
que a existencia deste poder militar traerá prestixio e poder a
Nación, pero o mesmo tempo son un medio para o progreso da súa
Nación.
Este
uso da violencia tamén se ve no caso do uso de grupos paramilitares
como poden ser:
No
caso de Alemaña Nazi.
Gestapo.
Policía política que se encarga de deter a oposición ó goberno
nazi.
S.
A. ou Seccións de Asalto, que era
un grupo paramilitar coñecido co nome de camisas pardas, e que
usaron para reprimir a oposición ó nazismo. Por exemplo, loitaba
contra os comunistas, socialistas ou demócratas.
S.S.
Pode traducirse como Corpo de
Protección de Hitler ou Servizo de Protección de Hitler. Este era
un grupo paramilitar creado en 1925 como garda persoal de Hitler, que
logo se encargou do control dos territorios anexionados polos nazis e
dos campos de concentración. Foi un grupo, que se consideraba a
elite do partido nazi.7
No
caso de Italia Fascista.
OVRA.
Policía política que se encargaban de reprimir a oposición ó
goberno fascista.
Fasci de combate,
tamén coñecidos como Camisas Negras. Eran un grupo paramilitar que
se encargaba de reprimir a todos aqueles contrarios ó fascismo.