12 maio 2016

Causas do ascenso dos fascismo.


As causas do ascenso dos Totalitarismos e os Fascismo no mundo de Entreguerras.

O longo do período de Entreguerras sufriu unha serie de problemas que levaron a un cambio nas institucións políticas e nos valores tradicionais das democracias. Mentres que moitos dos estados cunha larga tradición liberal e democrática mantivéronse estables, moitos outros acabaron desembocando en sistemas ditatoriais e totalitarios. Este é o caso de moitos países dos Sur e do Leste de Europa, onde apareceron réximes ditatoriais, que acabaron desembocando en sistemas totalitarios.
Estes sistemas totalitarios acaban controlando o estado de varias formas: mediante a vitoria nas eleccións (como poder ser o caso da Alemaña Nazi) ou a golpes de estado (como pode ser o caso da Ditadura de Franco). Isto acabou creando toda unha serie de estados onde estes poderes acabaron controlando o poder político, a economía (mediante políticas intervencionistas), a sociedade (mediante programas de lavado de cerebro e programas sociais afíns os ditadores), a cultura e a arte.
Pero como chegaron o poder todos estes poderes fascistas, totalitarios ou ditatoriais, ¿esa é a cuestión? Pois para iso debemos analizar o contexto social, económico e político da súa época. Pero entre eles vamos a ver:
  • A escasa consolidación da democracia en moitos países. Tras a vitoria dos aliados durante a I Guerra Mundial os tratados de paz crearon toda unha serie de países, onde se impuxo un réxime democrático. A maioría dos habitantes destes non coñecían as características do sistema, e culparon ós políticos da súa época da crise económica. A maioría da poboación considera que as democracias creadas non serven para solucionar os seus problemas, xa que estas deben negociar demasiado e non teñen capacidade de acción. Moitos partidos antidemocráticos aproveitan o malestar para conseguir o poder, e unha vez que chegan o poder establecer sistemas ditatoriais ou totalitarios.
  • A crise económica mundial. A situación do Crac de 1929 e a Gran Depresión crearon todo un malestar debido o paro, o peche de empresas, a crise comercial, etc. Moitos dos habitantes dos países afectados culparon disto ós gobernos e o capitalismo, e acabaron aumentando o peso do movemento obreiro (anarquismo, socialismo e comunismo). Moitos traballadores vían con ilusión as medidas impostas polos comunistas en Rusia, e aspiraban a crear gobernos similares no resto do mundo.
  • O medo a expansión do Comunismo. Como acabo de citar a crise mobilizou a moitos grupos obreiros que reivindicaban mellorar as súas condicións sociais; pero isto, o mesmo tempo, creou un medo dentro das clases medias e altas a expansión do Comunismo, seguindo o modelo soviético. Estes teñen medo a que se nacionalicen as empresas, banco, as terras foran nacionalizadas, etc. Por iso van buscar a creacións de partidos políticos que actuaran de forma máis efectiva contra os comunistas, xa que acusaban ós gobernos da época de ser brandos co comunismo e o movemento obreiro.
  • Aparición de movementos ultranacionalistas. O longo de moitos países, sobre todo as nacións que perderon durante a I Guerra Mundial, apareceu un sentimento de rexeitamento a paz: porque a consideraban inxusta. O caso máis claro é o caso de Alemaña que considera que o Tratado de Versalles era unha humillación para Alemaña, pero non é o único caso, xa que Italia, Austria, Turquía e moitos outros consideráronse prexudicados polas condicións de paz. Isto foi potenciada por toda unha serie de personaxes que defenderon un nacionalismo exacerbado (isto quere dicir esaxerado). Defendían que os seus países tiñan dereito a unha mellor posición, e culpaban da situación do país ós gobernos e os políticos. Aínda que tamén debemos recoñecer, que as correntes racistas que levan existindo dende o século XIX seguían vixentes. Isto levou a aparición de grupos que defendía a supremacía dos pobos: os nazis no caso de Alemaña, os fascistas no caso de Italia, a Fronte Nacional no caso de Francia, os Falanxistas en España, etc.
Pero aínda que isto plantaba mal, que foron os que apoiaron o ascenso de todos estes réximes totalitarios:
  • Clases medias.
As clases medias temen que a situación económica vai a peor, e sobre todo temen que o goberno sexa incapaz de resolver a situación económica. Ante isto prefiren un goberno forte, que teña poder para impoñer medidas decisivas.
  • O grandes capitalistas (banqueiros, industriais, grandes comerciantes, etc.).
Os grandes capitalistas teñen medo do movemento obreiro e o ascenso do comunismo no mundo: temen que a revolución rusa se estenda polo mundo. Ante isto prefiren darlle o seu apoio a un grupo que loite contra os movementos obreiros e que defenda os seus intereses económicos.
  • Excombatentes.
Moitos dos antigos soldados ven como a súa volta a casa é dura, e consideran que o goberno non fai o necesario para cubrir o que eles sufriron durante a Guerra. Piden ter máis poder dentro do goberno, e buscan loitar pode defender os seus dereitos. Isto vai ser aproveitado especialmente por Hitler e Mussolini, na que os antigos excombatentes son parte das súas bases de poder.
  • Xente desempregada.
Os parados creados pola crise económica da Gran Depresión van demandar medidas sociais que lles deán traballo e que lles proporcionen certa estabilidade. Ante a falta de novas ideas: estes acaban caendo baixo a influencia destes partidos que lles prometen o ouro e a gloria.
  • Os sectores máis conservadores.
Moitos dos antigos sectores tradicionais (clérigos, nobres, etc.) ven nestes novos partidos unha volta o antigo réxime, xa que lles prometen volver a gloria da nación e a volta dos valores tradicionais. E aínda que pareza mentira moitos lles creen.
  • Moitos aproveitados.
Logo temos toda unha serie de persoas que ven que poden sacar beneficio da participación dentro destes grupos, xa que as súas acción dentro destes partidos traen beneficio económico. En moitas ocasións ladróns, rateiros e outra toda serie de xente únense a eles na busca de ascenso social e económico.


Ningún comentario:

Publicar un comentario