12 maio 2016
Ascenso do Fascismo Italiano.
Podemos analizar o ascenso do fascismo italiano dende varias perspectivas, pero vamos a facelo pola máis sinxela de todos: enumerando as cousas por orde.
En primeiro lugar temos que ver que Italia despois da I Guerra Mundial é un país en caos económico, que leva a unha importante crise económica e a un malestar social. Isto leva a que os movementos obreiros de marxistas (socialistas e comunistas) e anarquistas alcancen un importante peso social. Esta situación leva a constantes folgas e a ocupación de fábricas e campos por parte destas masas de proletarios e campesiños, que ven na Revolución Rusa un modelo a imitar.
Esta situación de caos foi aproveitada por Mussolini para intentar controlar o país e conseguir o apoio de sector burgueses, do goberno e do exército. Esta situación estoupa en agosto de 1922, cando unha folga xeral foi proposta por todos os sectores do movemento obreiro. Mussolini e os seus fascistas comprométense a que a folga non terá repercusión, e organizase para que todo funcione: os transportes, correos, portos, edificios públicos, etc. Cousa que sorprendentemente consegue sen apenas problemas.
Isto dálle a lexitimidade para dicir, que eles son os únicos que poden cambiar o país e volver a poñelo en funcionamento. Para presionar o goberno Mussolini organiza unha manifestación, que se coñece co nome de Marcha sobre Roma. Esta manifestación é unha mostra da súa forza e dos apoios políticos. Nela Mussolini manifesta que: si o goberno non resolve a situación, eles tomaran o poder. Entón miles de “camisas negras” diríxense dende toda Italia para que o rei desfaga o goberno. Mussolini e os seus principais seguidores partiron dende Nápoles con dirección a Roma, e polo camiño van facéndose co control dos edificios públicos.
O goberno intenta manifestar a súa oposición a Mussolini, e intenta frear os fascistas e decretar o “estado de excepción” (ou a lei marcial) para evitar a toma do poder. Pero o propio rei, Vítor Manuel III, negase a firmar ese decreto. Nese mesmo día o goberno dimite, e o monarca ofrecelle o cargo de presidente do goberno a Mussolini.
En todo momento Mussolini contaba co apoio de importantes sectores do exército, de certos políticos e do monarca. Aínda que creo, que se superan que ía pasar: non o farían.
O comezo do seu goberno intentou mostrar unha posición de transixencia (1922 ata 1924), mostrando a colaboración con diferentes partidos e institucións; pero a partir 1924 comezou a organizar unha ditadura fascista na que:
· Mussolini controla todas os poderes do estado.
· Organiza un sistema político onde o partido controla toda a sociedade.
· Prohíbense os partidos políticos, salvo o Partido Fascista.
· Restrinxe as liberdades.
· Reprime a calquera tipo de oposición por medio dos grupos paramilitares e a aparición dunha Policía Política (OVRA).
· Organizou un sistema de economía planificada, que organiza e dirixe o propio Mussolini.
· Realizou un sistema de control da sociedade en todos os aspectos mediante a propaganda e a censura.
Pouco a pouco Mussolini vaise convertendo nun ditador, que actuaba como un pai protector do seu pobo, e que intenta manifestarse como un mesías, que os vai a salvar da fin do mundo.
Isto lévalle a identificarse con un superhome, que incluso lle leva a denominarse a si mesmo como “o Duce”.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario