12 maio 2016

As características dos fascismos.


CARACTERÍSTICAS DOS FASCISMOS.

  • OMNIPRESENCIA DO ESTADO.

Unha das características que define os estados fascistas é que consideran que deben ter un control total do Estado; por iso considerase que o Estado Fascista é omnipresente (esta en todos lados). Pero que quero dicir, con que eles consideran que deben estar en todos lados: pois os estados fascistas deben controlar a economía, a política, a sociedade, a educación, a cultura, a arte, as relacións sociais, as relacións entre os seus habitantes e outros países, as relacións internacionais, etc. Pero iso verémolo un pouco máis adiante.
Pero como veremos agora, moitos destes estados confunden ó Estado coa Patria ou Nación, como pode ser o caso da Nación Alemá ou Nación Aria; ou o caso de Italia coa raza Italiana, herdeira do mundo romano.
  • CREACIÓN DUN LÍDER CARISMATICO.

Dentro do Estado Fascista debe existir un líder carismático ou mesiánico, isto quere dicir que debe existir un líder que esta para salvar o país da crise, da propia sociedade e dos seus inimigos. Este líder carismático debe ter un carácter diferente o resto dos homes:
  • O líder é un home excepcional, o único dotado dunhas virtudes e cualidades necesarias para dirixir a nación.
  • El debe controlar todos os poderes do Estado.
  • Esta persoa encarna a vontade da Nación, xa que el é a nación.
  • O líder é considerado como infalible, nunca se equivoca. A el debéselle obediencia cega, xa que sempre ten a razón.
  • Esta persoa recibe un culto a súa persoa.
  • Aínda que pareza broma, o líder é considerado un superhome, que esta investido cun carácter sagrado.
No caso dos dous exemplos máis recorrentes temos o caso de Hitler en Alemaña, que recibe o titulo de Führer; ou en Italia onde temos a Mussolini, que recibe o título de Duce. E sei que vos parecera broma, pero moita xente cría nel, e considerábao o prototipo de home perfecto.
  • IMPOSICIÓN DUN SISTEMA POLÍTICO AUTORITARIO.

Os partidos fascistas consideran que a Democracia é un mal para a sociedade, co cal consideran pernicioso para a Nación calquera sistema democrático ou liberal. Motivo polo cal cando chegan o poder, fanse co poder absoluto e controlan o poder de forma autoritaria.
  • CONTROL ECONÓMICO.

Os estado fascistas queren controlar todo o Estado, e especialmente fan isto en economía. Acaban formando un sistema de control económico, no que o estado intervén en todos os aspectos da economía: controla a produción, controla a banca, controla as actividades comerciais, etc. Todo isto ten como sentido conseguir que o Estado funcione da forma máis eficientemente posible, tendo como único obxectivo o beneficio económico da Nación. Pero ten como elemento especial, que non interesa o interese particular dos individuos: so interesa o benestar da Patria. Isto provoca, que os individuos deben someterse, aínda que para eles lles traía contrapartidas. Isto acaba levando a un sistema de autarquía económica, que xa vimos en clase.
  • CONTROL SOCIAL.

A sociedade debe quedar baixo o control directo do partido e do líder. Esta vai a exercer un lavado de cerebro a poboación mediante a obriga de participar en actos, festivais e celebracións seguindo os criterios fascitas. Pero isto tamén se ve na inclusión da socieade en institucións fascistas, vou poñer unha serie de exemplos:
  • A educación debe seguir os preceptos do partido. Estudiase historia segundo os criterios fascistas ou nazis.
  • Os nenos deben participar en sociedades xuvenís dos partidos, como por exemplo: as xuventudes hitlerianas, as xuventudes fascistas, etc.
  • Os traballadores deben formar parte dos sindicatos verticais creados polos partidos fascistas. Se queren traballar deben estar inscritos nestes sindicatos.
  • As obras de literatura, cine, teatro, radio e prensa están controladas polos partidos fascista ou nazi.

  • REXEITAMENTO DA IGUALDADE.

Os movementos fascistas teñen un claro compoñente racista dentro da súa ideoloxía, motivo polo cal consideran que ele (os fascistas) son superiores os demais. Pero o mesmo tempo, eles consideran que hai sempre xente mellor que outra, no caso dos alemáns: os da raza aria son superiores a calquera outra das razas do mundo. Iso dálle dereito a someter as razas inferiores ou a expulsalas, xa que son un mal para a súa patria. Un bo exemplo é o que fixeron os nazis con xudeus durante o seu goberno, pero iso xa o veremos.
Isto acaba creando unha concepción da sociedade fortemente xerarquizada que debe ser gobernada por unha elite, os membros do partido, que son os mellores preparados para levar a cabo o destino da Nación.
Outro dos elementos de desigualdade é a diferencia entre homes e mulleres. Para Nazis e Fascistas as mulleres teñen un papel na sociedade, que é o de crear novos alemáns ou italianos, coidar das súas familias e realizar certos traballos menores. A que eran un pouco machistas, pero que lle vamos facer, as mulleres adoraban a Hitler e a Mussolini: moitas delas considerábano como o prototipo de home ideal. Si sei que parece broma, pero hai cousas que pasaron.
  • PENSAMENTO IRRACIONAL.

Os fascistas propugnan un pensamento irracional, onde a razón non é necesaria. Xa que o destino da Patria é buscar a gloria. Para iso non vale a razón, xa que a xente non debe razoar as cousas; senón que deben obedecer cegamente o líder. Para que pensar, se o líder xa sabe mellor que ninguén o que debe facerse. Isto leva a un fanatismo exacerbado, que en moitos casos apoiase en símbolos como: as bandeiras, símbolos, escudos, cantos e uniformes dos seus seguidores.
  • ULTRANACIONALISMO.

Estes partidos exaltan a grandeza da súa patria respectiva. Para eles as súa patria é a mellor e a máis importante, polo cal ten dereito a someter as razas inferiores, para iso fanse moitas reivindicacións territoriais. Como podemos ver isto, pois no caso de Alemaña pide a recuperación dos vellos territorios que formaban parte do antigo Imperio Alemán, pero o mesmo tempo consideraban que necesitaban máis territorios para poder crecer e desenvolverse.
Para isto último os alemáns crearon a teoría do “espazo vital” ou Lebensraum, que consiste en que Alemaña necesita toda unha serie de territorios fora de Alemaña para poder desenvolverse plenamente. En estes territorios conseguiría materias primas, alimentos, forza de traballo e todo o necesario para conseguir a grandiosidade de Alemaña. Este “espazo vital” eles consideraban que era Europa do Leste.
  • MILITARISMO e o USO DA VIOLENCIA.

Defenden que a violencia é unha forza lexitima para conseguir as cousas, como por exemplo ese espazo vital, e por iso defenden a existencia de grandes exércitos para poder levar a cabo as políticas. Ademais ben que a existencia deste poder militar traerá prestixio e poder a Nación, pero o mesmo tempo son un medio para o progreso da súa Nación.
Este uso da violencia tamén se ve no caso do uso de grupos paramilitares como poden ser:
No caso de Alemaña Nazi.
Gestapo. Policía política que se encarga de deter a oposición ó goberno nazi.
S. A. ou Seccións de Asalto, que era un grupo paramilitar coñecido co nome de camisas pardas, e que usaron para reprimir a oposición ó nazismo. Por exemplo, loitaba contra os comunistas, socialistas ou demócratas.
S.S. Pode traducirse como Corpo de Protección de Hitler ou Servizo de Protección de Hitler. Este era un grupo paramilitar creado en 1925 como garda persoal de Hitler, que logo se encargou do control dos territorios anexionados polos nazis e dos campos de concentración. Foi un grupo, que se consideraba a elite do partido nazi.7

No caso de Italia Fascista.
OVRA. Policía política que se encargaban de reprimir a oposición ó goberno fascista.
Fasci de combate, tamén coñecidos como Camisas Negras. Eran un grupo paramilitar que se encargaba de reprimir a todos aqueles contrarios ó fascismo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario