26 agosto 2016

As fosas comúns da Guerra Civil Española.

Sei que temos faldo un pouco sobre as cousas da Guerra Civil e sobre a represión, pero para que vexades que aínda se sacan cousas de interese na prensa diaría de hoxe en día podedes ver os seguintes artigos.
Hallado el primer corazón conservado en una fosa de la Guerra Civil.

07 xuño 2016

Actividade 9. As bombas atómicas.





Na seguinte actividade vamos a falar sobre as bombas atómicas e como afectaron estes acontecementos a Xapón. Nel vamos a escoitar Un fragmento dun programa de radio da Cadena SER, o programa é SER Historia. Este vai contar diferentes elementos sobre os sucesos que aconteceron en Xapón en aquel agosto maldito.


Tedes que escoitar dende o comezo do podcast ata o minuto ata o minuto 26, ata o minuto 26,

Na seguinte actividade debedes comentar as seguintes preguntas.


1. Explica sobre que cidades e cando se lanzaron as bombas atómicas sobre Xapón. ¿Como se chamou o avión que lanzou a primeira bomba atómica?


2. A persoa entrevistada fala de como quedou Xapón despois do lanzamento das bombas. ¿Que explica ela?


3. A xente en Xapón. ¿Por que non falan moito deste tema?


4. Hai dous museos un Hiroshima e outro en Nagasaki. ¿Que opinas as persoas entrevistadas sobre estes museos? ¿Irías a visitar eses museos? Razoa a resposta.


5. Explica en que consistía o Proxecto Manhattan.


6. ¿Que obxectivos militares había en Hiroshima?


7. ¿Por que atacaron Nagasaki? Razoa a resposta.


8. ¿Que opinas sobre o que comentan do piloto que lanzou a Primeira Bomba Atómica do mundo? Razoa a resposta.



Para realizar esta actividade tedes ata o día 16 de xuño as 22:00 horas.
Podedes realizalos entregandomo por:
  • Correo electrónico.
  • Colgar a resposta no comentario do blog.
  • Darme as respostas en clase antes da data tope.

Actividade 8. O holocausto.



No seguinte podcast podemos escoitar un tema moi duro sobre a II Guerra Mundial e os seus sucesos máis salientables.


Neste caso vamos a escoitar un fragmento do programa “SER Historia” da Cadena SER, presentado e dirixidos por Nacho Ares. Nel vanse a tratar diferentes temas como o holocausto e outros salientables, como a Condesa Vampira, que o mellor vos interesa.


O que tedes que face e escoitar o podcaste dende o comezo ata o mimuto 27.


Despois debedes contestar as seguintes preguntas:


1. O entrevistador e o entrevistado mencionan certos elementos relacionados coa medicina.


2. ¿Cal e a cifra de mortos que se fala no podcast? ¿Pero que mencionan os personaxes sobre cifra de mortos?


3. ¿Que explica o podcast sobre a “Solución Final? ¿Cales eran os seus obxectivos da Solución Final?


4. ¿Cal é a razón de ese odio cara os xudeus? Explica o que menciona o podcast. Logo razoa a resposta.


5. ¿Os xudeus influiron na sociedade europea? Razoa a resposta.


6. Explica as diferentes fases nas que podemos dividir a Solución Final dos Nazis.


7. ¿Quen colaborou na “solución final” dos nazis? Explica o que comenta o podcast.


8. Explica para que chegaron a usar os corpos dos xudeus. Menciona o que di o podcast.


Para realizar esta actividade tedes ata o día 16 de xuño as 22:00 horas.
Podedes realizalos entregandomo por:
  • Correo electrónico.
  • Colgar a resposta no comentario do blog.
  • Darme as respostas en clase antes da data tope.

Actividade 7. Anecdotas sobre a II Guerra Mundial



Curiosidades sobre a II Guerra Mundial.


No caso deste podcast vamos a escoitar un fragmento dun programa de radio, que temos traballado en algunha ocasión: SER Historia. Este programa esta presentado e dirixido por Nacho Ares. No caso deste vamos a escoitar una framento do programa que vai dende o comezo do audio ata o minuto 29.


Neste caso tedes que escoitar un fragmento de Anecdotas sobre a II Guerra Mundial. A verdade é que ten algunhas cousas sorprendentes, e outras interesantes que xa vimos en clase.

Para facer a actividade debedes contestar as seguintes preguntas.




1. Indica cales foron os inventos máis curiosos que se mencionan no audio. ¿Cal é o que che chama máis a atención?


2. ¿Cal é a relación de Franco coa Fanta?


3. ¿Que país deu máis inventos a II Guerra Mundia? Razoa a respota.


4. Explica cal é o opinión do entrevistado, para que aparezan inventos durante as Guerras.


5. ¿Por que Hitler quería comprar un “Mercedes”?


6. ¿Que menciona o entrevistado sobre Adolf Hitler?


7. Referindonos a Adolf Hitler ¿En que invento participiou? ¿Quen máis participaron nese invento?


8. Cando fala de Himmler. ¿Que se menciona no Podcast del?


9. Explica o que máis che sorprendeu do Podcast.

Para realizar esta actividade tedes ata o día 16 de xuño as 22:00 horas.
Podedes realizalos entregandomo por:
  • Correo electrónico.
  • Colgar a resposta no comentario do blog.
  • Darme as respostas en clase antes da data tope.

18 maio 2016

Actividade 6. O Estraperlo.




Hoxe vamos a escoitar un novo podcast sobre un episodio da Historia de España, que eu coñezo moi ben, pero dos que vós vai a falar Nieves Concostrina. Para min é sintomático da situación da historia do noso país, e de como as cousas ás veces son eternas.
No seguinte episodio de “Preterito Imperfecto”, que presenta Nieves Concostrina, e que aparece no programa da Cadena SER, “La Ventana”, vamos a tratar o estraperlo.

Para facer a seguinte actividade debedes escoitar o podcast, e logo contestar as seguintes preguntas.

  1. Busca a definición de estraperlo nun dicionario ou enciclopedia, e intenta explicarmo coas túas palabras.
  2. Nieves Concostrina cóntanos de onde ven a palabra estraperlo. Explica de onde ven etimoloxicamente.
  3. ¿Durante que período da Historia de España aconteceu isto? Dime as datas exactas que cita Nieves e durante que período histórico dos que vimos en clase.
  4. O podcast fala dun combate de boxeo, ¿que papel xogou ese combate en todo isto?
  5. Indica que persoas participaron no da ruleta. Tanto aquelas persoas que veñen a facer o negocio, como as personalidades políticas que participaron no proceso.
  6. Explica que relación tivo Alejandro Lerroux con este acontecemento.
  7. ¿A ruleta funcionou en España? Razoa a resposta.
  8. Explica como acabou todo o proceso da Ruleta. Razoa a resposta.
  9. ¿Que opinas da carta de Strauss a Niceto Alcalá-Zamora? Razoa a resposta.
  10. Opinión persoal sobre o suceso do Estraperlo. ¿Pensas que a situación da política española evolucionou moito?.

Para esta actividade vou dar unha semana, como de costume, que comeza hoxe día 18 de Maio e vai a rematar o 25 de Maio as 22.00. As normas son as de costume:
  • Debedes entragar a actividade antes da hora limite.
  • Podedes entregarme o traballo das formas habituais:
    • Darmo en man antes da data limite.
    • Enviarme as respostas o correo electrónico.
    • Colgalo como comentario na entrada do blog.

12 maio 2016

Ascenso do Fascismo Italiano.



Podemos analizar o ascenso do fascismo italiano dende varias perspectivas, pero vamos a facelo pola máis sinxela de todos: enumerando as cousas por orde.

En primeiro lugar temos que ver que Italia despois da I Guerra Mundial é un país en caos económico, que leva a unha importante crise económica e a un malestar social. Isto leva a que os movementos obreiros de marxistas (socialistas e comunistas) e anarquistas alcancen un importante peso social. Esta situación leva a constantes folgas e a ocupación de fábricas e campos por parte destas masas de proletarios e campesiños, que ven na Revolución Rusa un modelo a imitar.

Esta situación de caos foi aproveitada por Mussolini para intentar controlar o país e conseguir o apoio de sector burgueses, do goberno e do exército. Esta situación estoupa en agosto de 1922, cando unha folga xeral foi proposta por todos os sectores do movemento obreiro. Mussolini e os seus fascistas comprométense a que a folga non terá repercusión, e organizase para que todo funcione: os transportes, correos, portos, edificios públicos, etc. Cousa que sorprendentemente consegue sen apenas problemas.

Isto dálle a lexitimidade para dicir, que eles son os únicos que poden cambiar o país e volver a poñelo en funcionamento. Para presionar o goberno Mussolini organiza unha manifestación, que se coñece co nome de Marcha sobre Roma. Esta manifestación é unha mostra da súa forza e dos apoios políticos. Nela Mussolini manifesta que: si o goberno non resolve a situación, eles tomaran o poder. Entón miles de “camisas negras” diríxense dende toda Italia para que o rei desfaga o goberno. Mussolini e os seus principais seguidores partiron dende Nápoles con dirección a Roma, e polo camiño van facéndose co control dos edificios públicos.

O goberno intenta manifestar a súa oposición a Mussolini, e intenta frear os fascistas e decretar o “estado de excepción” (ou a lei marcial) para evitar a toma do poder. Pero o propio rei, Vítor Manuel III, negase a firmar ese decreto. Nese mesmo día o goberno dimite, e o monarca ofrecelle o cargo de presidente do goberno a Mussolini.

En todo momento Mussolini contaba co apoio de importantes sectores do exército, de certos políticos e do monarca. Aínda que creo, que se superan que ía pasar: non o farían.

O comezo do seu goberno intentou mostrar unha posición de transixencia (1922 ata 1924), mostrando a colaboración con diferentes partidos e institucións; pero a partir 1924 comezou a organizar unha ditadura fascista na que:


· Mussolini controla todas os poderes do estado.

· Organiza un sistema político onde o partido controla toda a sociedade.

· Prohíbense os partidos políticos, salvo o Partido Fascista.

· Restrinxe as liberdades.

· Reprime a calquera tipo de oposición por medio dos grupos paramilitares e a aparición dunha Policía Política (OVRA).

· Organizou un sistema de economía planificada, que organiza e dirixe o propio Mussolini.

· Realizou un sistema de control da sociedade en todos os aspectos mediante a propaganda e a censura.

Pouco a pouco Mussolini vaise convertendo nun ditador, que actuaba como un pai protector do seu pobo, e que intenta manifestarse como un mesías, que os vai a salvar da fin do mundo.

Isto lévalle a identificarse con un superhome, que incluso lle leva a denominarse a si mesmo como “o Duce”.

Actividade 5.

Recordade a actividade 5 entregueina en clase. Tedes que facela antes do día 18, esa é a data tope.
Por se alguén a perde, deixo un enlace cunha copia.

Actividade 5.

Causas do ascenso dos fascismo.


As causas do ascenso dos Totalitarismos e os Fascismo no mundo de Entreguerras.

O longo do período de Entreguerras sufriu unha serie de problemas que levaron a un cambio nas institucións políticas e nos valores tradicionais das democracias. Mentres que moitos dos estados cunha larga tradición liberal e democrática mantivéronse estables, moitos outros acabaron desembocando en sistemas ditatoriais e totalitarios. Este é o caso de moitos países dos Sur e do Leste de Europa, onde apareceron réximes ditatoriais, que acabaron desembocando en sistemas totalitarios.
Estes sistemas totalitarios acaban controlando o estado de varias formas: mediante a vitoria nas eleccións (como poder ser o caso da Alemaña Nazi) ou a golpes de estado (como pode ser o caso da Ditadura de Franco). Isto acabou creando toda unha serie de estados onde estes poderes acabaron controlando o poder político, a economía (mediante políticas intervencionistas), a sociedade (mediante programas de lavado de cerebro e programas sociais afíns os ditadores), a cultura e a arte.
Pero como chegaron o poder todos estes poderes fascistas, totalitarios ou ditatoriais, ¿esa é a cuestión? Pois para iso debemos analizar o contexto social, económico e político da súa época. Pero entre eles vamos a ver:
  • A escasa consolidación da democracia en moitos países. Tras a vitoria dos aliados durante a I Guerra Mundial os tratados de paz crearon toda unha serie de países, onde se impuxo un réxime democrático. A maioría dos habitantes destes non coñecían as características do sistema, e culparon ós políticos da súa época da crise económica. A maioría da poboación considera que as democracias creadas non serven para solucionar os seus problemas, xa que estas deben negociar demasiado e non teñen capacidade de acción. Moitos partidos antidemocráticos aproveitan o malestar para conseguir o poder, e unha vez que chegan o poder establecer sistemas ditatoriais ou totalitarios.
  • A crise económica mundial. A situación do Crac de 1929 e a Gran Depresión crearon todo un malestar debido o paro, o peche de empresas, a crise comercial, etc. Moitos dos habitantes dos países afectados culparon disto ós gobernos e o capitalismo, e acabaron aumentando o peso do movemento obreiro (anarquismo, socialismo e comunismo). Moitos traballadores vían con ilusión as medidas impostas polos comunistas en Rusia, e aspiraban a crear gobernos similares no resto do mundo.
  • O medo a expansión do Comunismo. Como acabo de citar a crise mobilizou a moitos grupos obreiros que reivindicaban mellorar as súas condicións sociais; pero isto, o mesmo tempo, creou un medo dentro das clases medias e altas a expansión do Comunismo, seguindo o modelo soviético. Estes teñen medo a que se nacionalicen as empresas, banco, as terras foran nacionalizadas, etc. Por iso van buscar a creacións de partidos políticos que actuaran de forma máis efectiva contra os comunistas, xa que acusaban ós gobernos da época de ser brandos co comunismo e o movemento obreiro.
  • Aparición de movementos ultranacionalistas. O longo de moitos países, sobre todo as nacións que perderon durante a I Guerra Mundial, apareceu un sentimento de rexeitamento a paz: porque a consideraban inxusta. O caso máis claro é o caso de Alemaña que considera que o Tratado de Versalles era unha humillación para Alemaña, pero non é o único caso, xa que Italia, Austria, Turquía e moitos outros consideráronse prexudicados polas condicións de paz. Isto foi potenciada por toda unha serie de personaxes que defenderon un nacionalismo exacerbado (isto quere dicir esaxerado). Defendían que os seus países tiñan dereito a unha mellor posición, e culpaban da situación do país ós gobernos e os políticos. Aínda que tamén debemos recoñecer, que as correntes racistas que levan existindo dende o século XIX seguían vixentes. Isto levou a aparición de grupos que defendía a supremacía dos pobos: os nazis no caso de Alemaña, os fascistas no caso de Italia, a Fronte Nacional no caso de Francia, os Falanxistas en España, etc.
Pero aínda que isto plantaba mal, que foron os que apoiaron o ascenso de todos estes réximes totalitarios:
  • Clases medias.
As clases medias temen que a situación económica vai a peor, e sobre todo temen que o goberno sexa incapaz de resolver a situación económica. Ante isto prefiren un goberno forte, que teña poder para impoñer medidas decisivas.
  • O grandes capitalistas (banqueiros, industriais, grandes comerciantes, etc.).
Os grandes capitalistas teñen medo do movemento obreiro e o ascenso do comunismo no mundo: temen que a revolución rusa se estenda polo mundo. Ante isto prefiren darlle o seu apoio a un grupo que loite contra os movementos obreiros e que defenda os seus intereses económicos.
  • Excombatentes.
Moitos dos antigos soldados ven como a súa volta a casa é dura, e consideran que o goberno non fai o necesario para cubrir o que eles sufriron durante a Guerra. Piden ter máis poder dentro do goberno, e buscan loitar pode defender os seus dereitos. Isto vai ser aproveitado especialmente por Hitler e Mussolini, na que os antigos excombatentes son parte das súas bases de poder.
  • Xente desempregada.
Os parados creados pola crise económica da Gran Depresión van demandar medidas sociais que lles deán traballo e que lles proporcionen certa estabilidade. Ante a falta de novas ideas: estes acaban caendo baixo a influencia destes partidos que lles prometen o ouro e a gloria.
  • Os sectores máis conservadores.
Moitos dos antigos sectores tradicionais (clérigos, nobres, etc.) ven nestes novos partidos unha volta o antigo réxime, xa que lles prometen volver a gloria da nación e a volta dos valores tradicionais. E aínda que pareza mentira moitos lles creen.
  • Moitos aproveitados.
Logo temos toda unha serie de persoas que ven que poden sacar beneficio da participación dentro destes grupos, xa que as súas acción dentro destes partidos traen beneficio económico. En moitas ocasións ladróns, rateiros e outra toda serie de xente únense a eles na busca de ascenso social e económico.


As características dos fascismos.


CARACTERÍSTICAS DOS FASCISMOS.

  • OMNIPRESENCIA DO ESTADO.

Unha das características que define os estados fascistas é que consideran que deben ter un control total do Estado; por iso considerase que o Estado Fascista é omnipresente (esta en todos lados). Pero que quero dicir, con que eles consideran que deben estar en todos lados: pois os estados fascistas deben controlar a economía, a política, a sociedade, a educación, a cultura, a arte, as relacións sociais, as relacións entre os seus habitantes e outros países, as relacións internacionais, etc. Pero iso verémolo un pouco máis adiante.
Pero como veremos agora, moitos destes estados confunden ó Estado coa Patria ou Nación, como pode ser o caso da Nación Alemá ou Nación Aria; ou o caso de Italia coa raza Italiana, herdeira do mundo romano.
  • CREACIÓN DUN LÍDER CARISMATICO.

Dentro do Estado Fascista debe existir un líder carismático ou mesiánico, isto quere dicir que debe existir un líder que esta para salvar o país da crise, da propia sociedade e dos seus inimigos. Este líder carismático debe ter un carácter diferente o resto dos homes:
  • O líder é un home excepcional, o único dotado dunhas virtudes e cualidades necesarias para dirixir a nación.
  • El debe controlar todos os poderes do Estado.
  • Esta persoa encarna a vontade da Nación, xa que el é a nación.
  • O líder é considerado como infalible, nunca se equivoca. A el debéselle obediencia cega, xa que sempre ten a razón.
  • Esta persoa recibe un culto a súa persoa.
  • Aínda que pareza broma, o líder é considerado un superhome, que esta investido cun carácter sagrado.
No caso dos dous exemplos máis recorrentes temos o caso de Hitler en Alemaña, que recibe o titulo de Führer; ou en Italia onde temos a Mussolini, que recibe o título de Duce. E sei que vos parecera broma, pero moita xente cría nel, e considerábao o prototipo de home perfecto.
  • IMPOSICIÓN DUN SISTEMA POLÍTICO AUTORITARIO.

Os partidos fascistas consideran que a Democracia é un mal para a sociedade, co cal consideran pernicioso para a Nación calquera sistema democrático ou liberal. Motivo polo cal cando chegan o poder, fanse co poder absoluto e controlan o poder de forma autoritaria.
  • CONTROL ECONÓMICO.

Os estado fascistas queren controlar todo o Estado, e especialmente fan isto en economía. Acaban formando un sistema de control económico, no que o estado intervén en todos os aspectos da economía: controla a produción, controla a banca, controla as actividades comerciais, etc. Todo isto ten como sentido conseguir que o Estado funcione da forma máis eficientemente posible, tendo como único obxectivo o beneficio económico da Nación. Pero ten como elemento especial, que non interesa o interese particular dos individuos: so interesa o benestar da Patria. Isto provoca, que os individuos deben someterse, aínda que para eles lles traía contrapartidas. Isto acaba levando a un sistema de autarquía económica, que xa vimos en clase.
  • CONTROL SOCIAL.

A sociedade debe quedar baixo o control directo do partido e do líder. Esta vai a exercer un lavado de cerebro a poboación mediante a obriga de participar en actos, festivais e celebracións seguindo os criterios fascitas. Pero isto tamén se ve na inclusión da socieade en institucións fascistas, vou poñer unha serie de exemplos:
  • A educación debe seguir os preceptos do partido. Estudiase historia segundo os criterios fascistas ou nazis.
  • Os nenos deben participar en sociedades xuvenís dos partidos, como por exemplo: as xuventudes hitlerianas, as xuventudes fascistas, etc.
  • Os traballadores deben formar parte dos sindicatos verticais creados polos partidos fascistas. Se queren traballar deben estar inscritos nestes sindicatos.
  • As obras de literatura, cine, teatro, radio e prensa están controladas polos partidos fascista ou nazi.

  • REXEITAMENTO DA IGUALDADE.

Os movementos fascistas teñen un claro compoñente racista dentro da súa ideoloxía, motivo polo cal consideran que ele (os fascistas) son superiores os demais. Pero o mesmo tempo, eles consideran que hai sempre xente mellor que outra, no caso dos alemáns: os da raza aria son superiores a calquera outra das razas do mundo. Iso dálle dereito a someter as razas inferiores ou a expulsalas, xa que son un mal para a súa patria. Un bo exemplo é o que fixeron os nazis con xudeus durante o seu goberno, pero iso xa o veremos.
Isto acaba creando unha concepción da sociedade fortemente xerarquizada que debe ser gobernada por unha elite, os membros do partido, que son os mellores preparados para levar a cabo o destino da Nación.
Outro dos elementos de desigualdade é a diferencia entre homes e mulleres. Para Nazis e Fascistas as mulleres teñen un papel na sociedade, que é o de crear novos alemáns ou italianos, coidar das súas familias e realizar certos traballos menores. A que eran un pouco machistas, pero que lle vamos facer, as mulleres adoraban a Hitler e a Mussolini: moitas delas considerábano como o prototipo de home ideal. Si sei que parece broma, pero hai cousas que pasaron.
  • PENSAMENTO IRRACIONAL.

Os fascistas propugnan un pensamento irracional, onde a razón non é necesaria. Xa que o destino da Patria é buscar a gloria. Para iso non vale a razón, xa que a xente non debe razoar as cousas; senón que deben obedecer cegamente o líder. Para que pensar, se o líder xa sabe mellor que ninguén o que debe facerse. Isto leva a un fanatismo exacerbado, que en moitos casos apoiase en símbolos como: as bandeiras, símbolos, escudos, cantos e uniformes dos seus seguidores.
  • ULTRANACIONALISMO.

Estes partidos exaltan a grandeza da súa patria respectiva. Para eles as súa patria é a mellor e a máis importante, polo cal ten dereito a someter as razas inferiores, para iso fanse moitas reivindicacións territoriais. Como podemos ver isto, pois no caso de Alemaña pide a recuperación dos vellos territorios que formaban parte do antigo Imperio Alemán, pero o mesmo tempo consideraban que necesitaban máis territorios para poder crecer e desenvolverse.
Para isto último os alemáns crearon a teoría do “espazo vital” ou Lebensraum, que consiste en que Alemaña necesita toda unha serie de territorios fora de Alemaña para poder desenvolverse plenamente. En estes territorios conseguiría materias primas, alimentos, forza de traballo e todo o necesario para conseguir a grandiosidade de Alemaña. Este “espazo vital” eles consideraban que era Europa do Leste.
  • MILITARISMO e o USO DA VIOLENCIA.

Defenden que a violencia é unha forza lexitima para conseguir as cousas, como por exemplo ese espazo vital, e por iso defenden a existencia de grandes exércitos para poder levar a cabo as políticas. Ademais ben que a existencia deste poder militar traerá prestixio e poder a Nación, pero o mesmo tempo son un medio para o progreso da súa Nación.
Este uso da violencia tamén se ve no caso do uso de grupos paramilitares como poden ser:
No caso de Alemaña Nazi.
Gestapo. Policía política que se encarga de deter a oposición ó goberno nazi.
S. A. ou Seccións de Asalto, que era un grupo paramilitar coñecido co nome de camisas pardas, e que usaron para reprimir a oposición ó nazismo. Por exemplo, loitaba contra os comunistas, socialistas ou demócratas.
S.S. Pode traducirse como Corpo de Protección de Hitler ou Servizo de Protección de Hitler. Este era un grupo paramilitar creado en 1925 como garda persoal de Hitler, que logo se encargou do control dos territorios anexionados polos nazis e dos campos de concentración. Foi un grupo, que se consideraba a elite do partido nazi.7

No caso de Italia Fascista.
OVRA. Policía política que se encargaban de reprimir a oposición ó goberno fascista.
Fasci de combate, tamén coñecidos como Camisas Negras. Eran un grupo paramilitar que se encargaba de reprimir a todos aqueles contrarios ó fascismo.


05 maio 2016

Actividade 4. Himmler en España


Himmler en España.






O seguinte fragmento de podcast, vamos a falar do mundo fascista e da situación de España durante o ascenso do Fascismo.
No seguinte podcast vamos a escoitar “Os seis días que pasou Himmler en España”. Este é un fragmento do “Pretérito Imperfecto” presentado por Nieves Concostrina, e que forma parte do Programa “La Ventana” da Cadena SER.
Neste caso vamos a escoitar un fragmento desas historias casi paródicas da historia do Nazismo.

Despois de escoitar isto debedes contestar as seguintes preguntas.

1. ¿Quen foi Himmler? Busca información sobre el e faime un pequeno resume da súa vida. Explica que papel xogou dentro do partido nazi.

2. ¿Que veu a buscar Himmler a España? ¿Por que veu a busca isto aquí? Razoa ben a respota

3. Explica como foi o seu viaxe por España e que cousas visitou. Indica que cosas lle gustaron e que cousas non lle gustaron. Razoa a resposta.

4. Nieves menciona unha cousa sobre as reliquias e Adolf Hitler¿Onde se pasaba Hitler moito tempo? ¿Para que o facia?

5. Explica que opinión tiña Himmler e os nazis sobre Xesucristo? Explica todo o que comenta Nieves Concostrina.

6. Razoa a túa opinión sobre todo este episodio.

Para esta actividade vou dar unha semana, como de costume, que comeza hoxe día 5 de Maio e vai a rematar o 12 de Maio as 22.00. As normas son as de costume:

  • Debedes entragar a actividade antes da hora limite.
  • Podedes entregarme o traballo das formas habituais:
    • Darmo en man antes da data limite.
    • Enviarme as respostas o correo electrónico.
    • Colgalo como comentario na entrada do blog.

26 abril 2016

A Gran Depresión.


GRAN DEPRESIÓN.

Definición:

Período histórico que se coñece como a época despois do estoupido do Crac de 1929, e que se caracterizou por unha fonda crise económica a nivel mundial. Esta afectou primeiro ós Estados Unidos, pero rapidamente foise estendendo o resto do mundo.
Aspectos económicos.
Entre os principais aspectos económicos temos a caída da produción agrícola e industrial como consecuencia da crise económica aparecida tras o crac de 1929, o peche de bancos (e a redución do crédito dispoñible), o aumento do paro, etc.
Toda este crise económica tivo como consecuencia a chegada de políticas proteccionistas por parte da maioría dos países. Para o que non o recorde, pero espero que non sexa o caso, as políticas proteccionistas son as contrarias o librecambismo. Isto quere dicir que os países fan políticas comerciais e arancelarias (de alfandegas). Esto consiste en protexer o produto nacional mediante: a prohibición de produtos estranxeiros (de igual calidade) para que se compre o produto nacional; ou no caso de poñer impostos a entrada de produtos estranxeiros para aumentar o seu custo, e que as persoas opten por comprar o produto nacional máis barato.
Pero si as políticas proteccionistas protexen o produto nacional traen unha contrapartida, que ás veces é peor: os países tamén cerran as súas fronteiras os teus produtos. Iso significa que os países van ir pechando progresivamente as súas fronteiras, tendo como consecuencia a caída do comercio a nivel mundial. Cousa, que en realidade, acaba complicando máis a situación: aumenta o stock de certos produtos, provoca o aumento do desemprego, aumenta o peche de empresas, etc. Isto en vez de solucionar as cousas fai que aumente a crise a nivel mundial.
A Gran Depresión no ámbito social.
Dentro do aspectos sociais como vemos creou dificultades como o aumento do paro, aumento da pobreza, aparición dunha maior desigualdade social, etc. Isto en realidade supuxo unha maior diferenza entre ricos e pobres: os ricos perderon millóns, pero en realidade seguiron mantendo o seu nivel de vida. Mentres tanto as clases medias e populares acabaron empobrecidas, xa que elas son as máis prexudicadas polo crise. Eles foron os que perderon os aforros nos bancos que pecharon, eles son os que perderon os seus pequenos aforros que inverteron na bolsa, eles son os que perden os seus traballos ou os seus negocios pechan pola falta de clientes, etc.
Tivo como consecuencia o aumento o aumento do movemento obreiro dentro de moitos países co ascenso do socialismo, anarquismo e comunismo. Isto levou a que dentro dos sindicatos crecía un grupo de presión para reivindicar as condicións sociais dun proletariado moi prexudicado pola crise económica. Pero como veremos a continuación tamén terá como consecuencia o aumento dos fascismo, pero iso tocarémolo noutra entrada.
A cuestión clara é que ambos lados os de esquerda (movemento obreiro) e fascismos (movementos de dereita) van presentar un rexeitamento cara: o Capitalismo como teoría económica, xa que esta nos levou a crise que viven; e cara as Democracias, que non son que de solucionar o problema creada na economía. Isto acabou levando a que por todo o mundo se foran estendendo sistemas totalitarios ou autoritarias. As clases altas e clases medias van pedir que un goberno forte se fago co control do país e tome medidas claras. Isto acabou xerando cara a aparición de toda unha serie de ditaduras e gobernos fascistas.


Solucións a crise.
Entre as primeiras medidas temos varias opcións:
  • Keynisianismo. Que imos ver con calma a continuación nunha próxima entrada.
  • Intervencionismo estatal en Fascismos. Imos analizala cando tratemos das políticas económicas dos Fascismo.
Difusión da Crise.
Pois por último imos ver a difusión da crise ou da Gran Depresión. Este é moi sinxelo primeiro aparece nos Estados Unidos, e pouco a pouco vaise ir difundindo polo mundo: debido a que os Estados Unidos eran o Banco do Mundo. O fracasar a súa propia economía, fai que os créditos que ten concedido teñan que volver: para tapar os ocos que quedaron o aire. Isto provoca que os bancos mundiais, o comercio, as empresas e os estados entren en crise. A primeira en caer vai ser Latinoamérica, pero moi rapidamente vai pasar a Europa (onde vai afectar especialmente a Alemaña), Asía e logo as colonias.