Sinto tardar tanto
en colgar as cousas, pero tiven un problema e non puiden facelo
antes. Así tamén tivestes unha semana de descanso.
Vou indicar cales
son os apartados que hai que estudar para o exame a recuperación da
1 Avaliación.
Pero antes de nada
vou recordar que todo o que din en clase, fora do libro esta colgado
no blogue, así que non quero escusas de que non podiades estudar
porque non tiñades as cousas.
Tema 1. A Ilustración e o reformismo do século XVIII.
Apartado 1, 2, 3 e
4. Podedes estudalos polo libro ou polas fotocopias do esquema que
entreguei a primeira semana, que esta no blogue.
Apartado 5. As
transformacións sociais tamén están nas fotocopias, pero o
apartado 5.2 non entra.
Apartados 6 e 7.
Sobre o reinado dos Borbóns en España tedes o do libro e os
esquemas que vos mandei copiar e tedes no blogue.
Apartado 8. Tedes o
arte rococó polo libro e o neoclásico polos apuntes que vos din
fotocopiados.
Apartado 9. Non
entrará no exame.
Recordade repasar
todas as entradas do blogue que poñan tema 1.
Tema
2.As Revolucións políticas (1770-1871).
Apartado 1.Podedes
estudalo por aquí ou polas fotocopias que entreguei sobre
liberalismo. Están colgadas no blogue.
Apartado 2. A
revolución americana hai que estudala polo libro e polos esquemas
que entreguei.
Apartado 3 e 4.
Estudade polas fotocopias que entreguei e clase. Están colgadas no
blogue.
Apartado 5. Estudalo
polo libro.
Os apartados 6, 7 e
8 hai que estudalo polo libro e completeino con esquemas que
entreguei en clase. Pero esta todo no blogue.
Recordade repasar
todas as entradas do blogue que poñan tema 2.
Tema
4. A crise do antigo Réxime en España e Galicia.
Apartados 1 e 2. Hai
que estudalo polo libro e completalo cos esquemas que din en clase e
en fotocopias. Tedes todo no blogue.