26 novembro 2015

O Reinado de Fernando VII.

O reinado de Fernando VII podemos velo dende dous aspectos o que aconteceu en España e o que aconteceu nas colonias: a independencia das colonias españolas. Por iso esta entrada vamos a dividila en dúas partes.

REINADO DE FERNANDO VII (1808-1833)

Chegou o poder grazas o “Motin de Aranjuez” en 1808. Aínda, que debido a política de Napoleón, perdeu o seu trono a mans de Xosé I (Xosé Bonaparte) entre 1808 e 1814.
  • Períodos do reinado.
    • SEXENIO ABSOLUTISTA (1814-1820).
      • Trala derrota de Napoleón ante as Potencias Europeas, consegue volver a España.
      • Co apoio dos sectores máis afincados no absolutismo (nobreza e a igrexa) conseguiu derrogar a Constitución de 1812, e todas as medidas de carácter Liberal.
      • Intenta reinar como un monarca do Antigo Réxime.
    • TRIENIO LIBERAL.(1820-1823).
      • O xeneral Riego realizou un pronunciamento en Cádiz, onde restablece a lexislación liberal das Cortes de Cádiz.
      • Riego contou co apoio de sectores da burguesía, parte do exército e parte da nobreza.
      • Fernando VII, ante a falta de apoio popular, aceptou a implantación dunha monarquía constitucional de carácter liberal.
    • DECADA ABSOLUTISTA (1823-1833).
      • A Santa Alianza acode en auxilio de Fernando VII, cun exército coñecido co nome de: Os cen mil fillos de San Luí. Estes ocupan a península sen oposición, e instauran unha monarquía absoluta.
      • Fernando VII derroga a Constitución de 1812 e persegue os liberais. Iniciou un sistema de represión a calquera iniciativa liberal.
      • Fernando VII instaurou unha monarquía baixo os estritos principios do absolutismo.
  • Proceso de Independencia das Colonias Américanas.
    • O proceso de independencia deuse entre 1808 e 1824.
    • Causas:
      • Extensións das ideas liberais.
      • A situación política da Península Ibérica (tanto a invasión como os cambios de goberno) impediu o control das colonias.
      • Intereses por parte dos críollos:
        • Políticos: queren facerse co poder políticos nas colonias, ocupando o lugar que tiñan as autoridades españolas.
        • Económicos: queren facerse co control económico do comercio con Europa e os Estados Unidos.
      • Interese económico doutras potencias (británicos e estadounidenses) para facerse co control dos produtos americanos, e converter as antigas colonias españolas no seu ámbito económico.
    • Proceso de Independencia:
      • Centroamérica: As propias autoridades colonias chegan a acordos cos criollos para independizarse de España. Negáronse a aceptar as ordes procedentes da Península Ibérica.
      • Sudamérica: A independencia organizouse por medio de sublevacións armadas que expulsaron as autoridades españolas. Entre os xenerais máis destacados, atopamos: San Martín, Simón Bolivar, Sucre e O´Higgins.
    • Consecuencias:
      • España perde a categoría de imperio colonial, só conserva: Cuba, Puerto Rico e as illas Filipinas.
      • Perdeu os recursos económicos que sacada do comercio colonial americano.

Fin do reinado de Fernando VII.

*Lei Salica: Lei imposta pola dinastía borbónica para a sucesión. Esta lei establece a exclusión das mulleres na sucesión, os seus dereitos pasan o seu esposo ou o seu fillo: as mulleres non pode reinar.

  • Fernando VII en 1830 decidiu promulgar a “Pragmatica Sanción: lei que deroga a Lei Salica. Esta medida outorgaba o trono a súa filla Isabel (futura Isabel II).
  • Isto deixaba fora da sucesión a Carlos María de Isidro, irman de Fernando VII. Este contaba co apoio dos sectores máis absolutistas. A morte de Fernando VII, iniciou unha guerra para ocupar o trono, e sacar a Isabel II. Os seguidores de Carlos María de Isidro reciben o nome de Carlistas, e defenden os ideais do Antigo Réxime e o absolutismo.



    * Pronunciamento: Forma de sublevación militar típica do século XIX, que tiña por obxectivo cambiar  un determinado sistema político.

Ningún comentario:

Publicar un comentario