Concepto de Nación e Nacionalismo.
Durante o Antigo Réxime a soberanía, a capacidade de goberno, residía no
monarca; pero coa chegada do liberalismo apareceu unha nova concepción da
soberanía:
·
Soberanía Nacional: o
capacidade de exercer o poder reside na nación.
¿Quen é a nación?
* NACIÓN: Comunidade de individuos que vive nu
territorio e que ten conciencia ou sentimento de pertenza a un colectivo cuns
trazos comúns que os diferencian doutras nacións.
Posturas para definir o concepto de Nación:
1. Liberal: A nación esta composta polo conxunto de cidadáns libres
e iguais, que teñen un goberno común e están rexidos polas mesmas leis. Non
importan os criterios raciais, culturais,lingüísticos ou étnicos.
2.
Historicista: Para a conformación dunha nación tense en conta os criterios culturais,
lingüísticos, históricos e étnicos.
Os nacionalismos defenden a idea de que cada nación ten dereito a ter o seu
propio estado independente.
Existen dous grandes tipos de nacionalismos:
I.
Centrifugo: Busca a creación dun Estado Independente, a partir separación dun estado
superior, que oprime a nación. Exemplos: Grecia que se independiza do Imperio
Tómano ou Bélxica que se independiza de Países Baixos (Holanda).
II.
Centrípeto: Pretende a formación dun Estado Nación Independente a través da integración
de territorios ou poboación que estaban disgregadas en varios estados. Pretende
reunir nun mesmo estado os membros da mesma nación. Exemplo: Alemaña e Italia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario