27 novembro 2015

A aparición de Italia.

Podemos ver dous exemplos da creación deses estados-nación, e neste caso vamos a ver o caso de Italia.



UNIFICACIÓN ITALIANA.
Italia estaba dividida, a comezos do século XIX, en moitos estados independentes, aínda que existía unha forte concepción de formar unha única nación. Entre todos estes estados había moita variedade: había estados monarquías ( Savoia e Nápoles), Estados Pontificios (baixo o control do Papa de Roma), pequenas Repúblicas (Parma, Módena, Lucca, etc) e baixo o control do Imperio Austríaco (Venecia e Lombardía).

Houbo intentos de creación dun Estado Italiano de carácter liberal a o longo das vagas revolucionarias da 1ª metade de século, pero ningunha tivo éxito.


  • O Conde Cavour, Camilo Benso, iniciou un programa de unificación de Italia en torno a monarquía de Víctor Manuel II.
  • Buscou o apoio de Francia, para poder votar os austríacos da Península Itálica, o que lle permitiu quitarlle a Lombardia en torno a 1859.
  • Contou co apoio das Camisas Vermellas de Garibaldi. Grupo de mercenarios que loitaron contra os diferentes estados do sur de Italia (Reino das Dúas Sicilias, Estados Vaticanos, Toscana e Modena). Unha vez independizados, recoñeceu a Víctor Manuel II como Rei de Italia en 1860.
  • Logo foi anexionada Venecia (1866) e Roma (1870), dando fin a unificación italiana.


En torno ó reino de Piamonte e Sardeña, conséguese establecer unha monarquía constitucional, baixo o reinado de Víctor Manuel II, a partir de 1949.

Ningún comentario:

Publicar un comentario