19 novembro 2015

As Vagas Revolucionarias




VAGAS REVOLUCIONARIAS EN EUROPA.
As ideas do liberalismo sobreviven as acometidas do Absolutismo, do Congreso de Viena e da Santa Alianza. Intentan conseguir a volta a política por medio de procesos revolucionarios. Nestes procesos buscan a axuda de: o exército, o pobo e os burgueses. En moitos casos estas ideas liberais mestúranse con ideas nacionalistas propias do período.
Vagas revolucionarias:

Período de 1920.

  • Grecia consegue a independencia: Vitoria de Grecia sobre o Imperio Otomán. Este estaba apoiado por Británicos e Rusos. Os gregos conseguen a independencia en torno a 1830. Foi o único proceso que tivo éxito.
  • O Trienio Liberal(1820-1823): Vitoria dos liberais en España: conseguen que Fernando VII acate a Constitución de 1812 e implante un goberno liberal. Este proceso foi sometido polas tropas da Santa Alianza, co envío dos “Cen Mil Fillos de San Luís” que volve a colocar unha monarquía absolutista da man de Fernando VII.
  • Movemento Carbonario: Unha sociedade secreta, coñecida co nome de Carbonarios inicia un golpe de estado para colocar en Nápoles unha monarquía Parlamentaria. Fracasou pola rápida reacción da Santa Alianza.
  • Movemento Decembrista: Intenta implantar en Rusia unha Monarquía Constitucional. Fracaso ante o peso do absolutismo en Rusia.

Período de 1830.

  • En Francia conséguese o establecemento dunha monarquía constitucional baixo a figura de Luís Filipe de Orleáns. Os intentos de Carlos X de manter un goberno absolutista fracasan pola falta de apoio popular .
  • Bélxica consegue independizarse dos Países Baixos (Holanda), e crea unha monarquía constitucional.
  • Houbo varios intentos de conformación de novos estados liberais:
  • Polonia: fracasou debido a ocupación rusa.
  • Norte de Italia intentou independizarse do control austríaco, non tivo a suficiente forza.
  • ...

Período de 1848.

Xurdiron por toda Europa movementos de carácter revolucionario-liberal e nacionalista. Estas revolucións tiveron unha enorme importancia para a futura historia de Europa, foron coñecidas como: “A primavera dos Pobos”. Nos seus comezos tivo un carácter democrático e social.
Causas:
  1. Crise económica de 1847. Os intentos de realizar unha revolución industrial e agrícola acentuaron a crise económica e activaron o malestar social.
  2. Certos círculos de tendencia liberal ou nacionalista intentaron levar a cabo os seus proxectos políticos.
  3. Aspiración da pequena burguesía e do proletariado para participar en política.

 Revolucións durante 1848.
  • Francia. Estableceuse unha revolta que expulsou do trono a Luís Filipe de Orleáns, tralo cal proclamouse a II República Francesa.
  • Imperio Austríaco. Houbo levantamentos en Viena, Hungría e Chequia. Todos eles intentaron a implantación dun sistema liberal e parlamentario. Mesturáronse os compoñentes políticos e nacionalistas: foi a primeira mostra da debilidade interna do Imperio Austríaco.
  • Alemaña. Intento por parte da Dieta de Frankfurt de crear un estado Alemán, segundo os principios do liberalismo. Intentaron a creación dunha monarquía constitucional baixo a figura de Guillerme de Prusia. O rei de Prusia negouse a aceptar unha constitución creada pola Dieta. Prusia aspira a crear un estado baixo a súa autoridade, non negociando co resto dos membros da Confederación Xermánica.
  • Italia. Existiron procesos revolucionario no Norte, coa finalidade de expulsar os austríacos. Mazzini intenta crear una República en Roma, rompendo co poder do Papado.

Consecuencias do proceso revolucionario de 1848.

  • Poucos dos procesos revolucionarios tiveron éxito a longo prazo, pero os gobernos déronse conta de que as ideas liberais eran imparables e había que facer concesións.
  • A burguesía consegue ascender socialmente e politicamente, pero volvese temerosa da revolución popular. A burguesía tende a posturas conservadoras.
  • Aparece con forza o movemento obreiro. Este intenta meterse en política buscando mellorar as súas condicións de vida. O proletariado revelase como un grupo de presión que hai que ter en conta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario