Hoxe vamos a
escoitar un novo podcast sobre un episodio da Historia de España,
que eu coñezo moi ben, pero dos que vós vai a falar Nieves
Concostrina. Para min é sintomático da situación da historia do
noso país, e de como as cousas ás veces son eternas.
No seguinte episodio
de “Preterito
Imperfecto”, que presenta Nieves Concostrina, e que
aparece no programa da Cadena SER, “La Ventana”,
vamos a tratar o estraperlo.
Para facer a
seguinte actividade debedes escoitar o podcast, e logo contestar as
seguintes preguntas.
- Busca a definición de estraperlo nun dicionario ou enciclopedia, e intenta explicarmo coas túas palabras.
- Nieves Concostrina cóntanos de onde ven a palabra estraperlo. Explica de onde ven etimoloxicamente.
- ¿Durante que período da Historia de España aconteceu isto? Dime as datas exactas que cita Nieves e durante que período histórico dos que vimos en clase.
- O podcast fala dun combate de boxeo, ¿que papel xogou ese combate en todo isto?
- Indica que persoas participaron no da ruleta. Tanto aquelas persoas que veñen a facer o negocio, como as personalidades políticas que participaron no proceso.
- Explica que relación tivo Alejandro Lerroux con este acontecemento.
- ¿A ruleta funcionou en España? Razoa a resposta.
- Explica como acabou todo o proceso da Ruleta. Razoa a resposta.
- ¿Que opinas da carta de Strauss a Niceto Alcalá-Zamora? Razoa a resposta.
- Opinión persoal sobre o suceso do Estraperlo. ¿Pensas que a situación da política española evolucionou moito?.
Para esta actividade
vou dar unha semana, como de costume, que comeza hoxe día 18 de Maio
e vai a rematar o 25 de Maio as 22.00. As normas son as de costume:
- Debedes entragar a actividade antes da hora limite.
- Podedes entregarme o traballo das formas habituais:
- Darmo en man antes da data limite.
- Enviarme as respostas o correo electrónico.
- Colgalo como comentario na entrada do blog.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar