28 febreiro 2016

Enlace de interese.

Para todos aqueles que vos interese un pouco máis o conflito sobre a I Guerra Mundial, e como non temos tempo en clase para profundizar, deixovos o seguinte enlace.

A I Guerra Mundial.

O enlace saqueino de unha sección que crearon no xornal "El Mundo" para conmemorar o centenario da Gran Guerra ou Primeira Guerra Mundial.

Tedes moitas cousas que podedes ver, así que fuchicade pola paxina web.

27 febreiro 2016

Actividade 4.

Actividade 4: Actividade sobre os mártires de Panamá.

 


Hoxe vamos a falar sobre sobre a Canle de Panamá. Esta actividade podía enfocala dende varias órbitas, pero hoxe decidín enlazala co imperialismos, xa que foi o último que vimos.
Neste caso vamos a escoitar un podcast de Nieves Concostrina da sección do “Pretérito Imperfecto”, que aparece no Programa de Cadena SER “La Ventana” de Carles Francino. Neste caso vamos a escoitar o episodio sobre “Los Mártires de Panamá”.
Aquí vamos a escoitar a relación de Panamá coa Canle, e a súa importancia ó longo da historia. Espero que vos guste e sexa interesante.

Para facer a actividade debedes contestar correctamente as seguintes preguntas.

  1. Que foi o día dos mártires? Que aconteceu? Explica as causas, os acontecementos e as consecuencias.
  2. ¿Cando se comezou a construír a canle de Panamá?¿Por quen?
  3. Explica é razoa a seguinte pregunta. ¿Quen foi antes a canle de Panamá ou a República de Panamá?
  4. Explica a relación entre Carlos I de España e a Canle de Panamá. Explica todo o proceso.
  5. Explica como foi o proceso de independencia de Panamá de España. ¿Que pasou con Colombia? Razoa a resposta.
  6. Explica relación de Panamá cos Estados Unidos de América.
  7. ¿Que foi o incidente da “Pedazo ou da Tajada de Sandía”? ¿Que consecuencia tivo?
  8. ¿Explica os acontecementos que procuraron en 1903? Explica sobre todo o segundo acontecemento.
  9. Isto encaixa moi ben para ver o imperialismo dende unha órbita un pouco diferente o imperialismo que estivemos vendo en clase.
    1. ¿Que opinas da posición de Estados Unidos?
    2. ¿Que tipo de dominio exercían os estadounidenses sobre Panamá?
    3. ¿Cal é a túa opinión sobre o asunto?

Para realizar as actividades son as normas de costume.
  • Tedes unha semana para realizar a actividade. O data de comezo é hoxe, día 27 de Febreiro de 2016, que comeza as 22:00, e remata o día 5 de marzo do 2016 as 22:00.
  • Para contestar as preguntas, podedes facer as seguintes opción:
    • Escribirme un correo electrónico.
    • Escribir un comentario nesta entrada.
    • Darme en man antes da data final.

26 febreiro 2016

O capitalismo durante a II Revolución Industrial.


CAPITALISMO NA II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

A partires da II Revolución Industrial vamos a ver un cambio no capitalismo, xa que agora o Capitalismo desenvolvese de forma plena e completa por todo o mundo. Isto acaba provocando a aparición do que coñecemos como "Gran Capital" ou "Gran Capitalismo", no que aparecen as grandes empresas que necesitan enormes cantidades de capital para o seu funcionamento e desenvolvemento.
Este gran capitalismo vai facer necesario a aparición de novas formas de organizar as empresas e de organizar as formas de conseguir o capital.

Concentración empresarial.

Esta propuxose a eliminación da competencia entre empresas para dominar o mercado e poder controlar a economía do seu sector ou do país. Entre eles existen varias modalidades:

Cártel.

Consiste nun acordo entre empresas independentes do mesmo sector económico para evitar a competencia e controlar o mercado. Na maioría dos casos as empresas vanse repartindo zonas ou areas de control, onde cada empresa exerce un monopolio para a venta ou control da produción.
Os defensores de los cárteles afirman que estes axudan a estabilizar os mercados, a reducir os custes de produción, a eliminar aranceis elevados, a distribuír os beneficios equitativamente y a beneficiar a los consumidores. Os seus detractores sinalan que, cando no existe competencia, os prezos son maiores e a oferta menor.
Na actualidade os cárteles están prohibidos na maioría dos paises, xa que consideran que os monopolios van en contra do interese dos mercados e dos consumidores.

Trust.

Este consiste na fusión de empresas do mesmo tipo nunha soa, cos mesmos fins que o cártel: evitar a competencia e controlar o mercado.
Esta tende a controlar un sector económico e exercer no posible o poder do monopolio.
O paso previo á aparición do trust é a colaboración entre varias empresas que se unen co fin de obter determinados beneficios económicos mediante esa colaboración. Esta cooperación entre as empresas non teñen un efecto vinculante, polo que confería certa inestabilidade. Para dar maior forza a estes acordos non vinculantes crease o trust.
A primeira combinación que adoptou esta forma foi a Standard Oil Trust, fundada en 1882. En 1890 a Ley Sherman declarouna ilegal ós trusts nos Estados Unidos.
Na actualidade o trust está prohibido na maioría dos países, xa que consideran que os monopolios van en contra do interese dos mercados e dos consumidores.

Holding.

Un holding pode considerarse unha forma de integración empresarial, con todos os beneficios que está representa, pero aparece tamén cando un grupo de capitalistas vai adquirindo propiedades e accións de diferentes empresas ou firmas, buscando simplemente a rendibilidade de cada unha e non a integración da súas actividades. As leis antimonopolio poden restrinxir esta práctica. Existen holdings que se crean a través dos bancos e doutras entidades financeiras, holding que parten do patrimonio dunha familia e tamén holding conformados por empresas estatais. Existen holding que son unha agrupación de empresas de capitais comúns o relacionados que buscan maximizar os recursos económicos destas, utilizando as políticas comercias, que se dan entre as empresas que a conforman simplemente por ser de todas dun mesmo rumbo ou sector. Neste último caso, podemos ver o caso que comentei en clase do Holding de RUMASA.

Concentración Financeira ou do capital.

Aparición dos grandes bancos que van organizar a relacións entre o gran mundo empresarial e os bancos que ofrecen os grandes créditos. Dentro destes podemos destacar : o Deutsche Bank (alemán) ou Crédit Lyonnais (francés). Estes bancos intensifican de forma crecente a súa relación coas empresas, ós que se lle conceden créditos ou participan nelas como accionistas.

O comercio durante a II Revolución Industrial.


COMERCIO NA II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Do mesmo xeito que o resto das actividades económicas da II Revolución Industrial, os cambios no comercio son salientables. Neste caso non é tanpo polos inventos ou por novas tecnicas, senón pola consolidación do sistema anterior e as melloras provocadas polo resto de sectores. Isto provoca un aumento da demanda e da comercialización dos produtos a todos los niveis.

O comercio Interior.

Isto acabou provocando un aumento do comercio interior dentro de casi todos os países. Este impulsouse mendia o aumento da crecente produción industrial e agrícola, que fan necesario aumentar as vendas para poder sobrevivir. Isto acabou levando a aparición de novas formas de organizar as vendas e a aparición de novos tipos de actividades comerciais. Un deses grandes inventos da II Revolución Industrial vai ser a aparición dos grances almacéns ou das areas comerciais. Si estamos pensando no mesmo, neste época é cando aparecen os modelos de centro comercial, onde se ofrecen unha gran variedade de produtos a prezos baratos. Esto apareceu principalmente en Reino Unido e Estados Unidos, pero pouco a pouco vaise extendendo ó longo de todos os países do primeiro mundo.
Pero tamén aparecen novas tecnicas para a venta de produtos como: a venda por catalogo ou compras por correo, as ventas a prazos ou as rebaixas. Todo isto fai que o consumo comercial aumente a niveis non coñecidos ata ese momento. Todo isto vai ser potenciado pola aparición dunha nova actividade comercial, que vai unida os novos medios de comunicación: a publicidade. Agora aparecen toda unha serie de campañas para potenciar a compra dos produtos polos consumidores como: a publicidade na prensa escrita, os anuncios na radio, a aparición de catalogos de compra, etc.

O comercio internacional.


Pero o meso tempo que creceu o comercio a nivel nacional, tamén vai crecer no ambito internacional. Isto ven provocado pola consolidación dun mercado mundial, que aparece potenciado pola melloras nos medios de transporte e o crecemento da produción industrial.

Creación de políticas comerciais.

Ese aumento da produción e da comercialización vai provocar o aumetno da competencia entre os paises para poder vender mellor os seus produtos: incrementando a competencia entre eles. Isto vai levar a dúas politicas: a primeira, o protecionismo comercial; ou como segunda, a busca de novos mercados onde conseguir materias primas baratas e vender libremente os seus produtos industriais.
No primeiro dos casos o que fan moitos dos paises europeos e impoñerlle un imposto as mercadorías industriais procedentes doutros países, para aumentar o seu prezo, e que a poboación opte por comprar os produtos locais, a un prezo máis barato. Pero o problema é que isto é unha arma de dobre filo: xa que protexes o teu mercado nacional, pero provocas que os outros países apliquen a mesma política ós teus produtos.
No segundo caso o que vai provocar e buscar mercados propios e protexidos. Isto so se pode conseguir mediante o imperialismo, onde as grandes potencias europeas lanzaronse a busca de novos territorios, que se van convertir en colonias. Estas colonias son novos territorios onde as potencias buscan o seu beneficio, pero iso xa o falamos no imperialismo.
 Consecuncias.
O longo de toda a II Revolución Industrial vai a crecer o comercio, tanto en volume (a cantidade de produtos) como nos beneficios que aportan a economía dos países.

 

As comunicacións durante a II Revolución Industrial.


O progreso dos transportes e das comunicación durante a II Revolución Industrial.

Os medios de transporte durante a II Revolución Industrial.

OS TRANSPORTES NA II REV. IND.

Os transportes experimentaron un desenvolvemento incrible durante a II Revolución Industrial, grazas a toda unha serie de factores como: o desenvolvemento de novos sistemas de transporte, a mellora dos sistemas de transporte, a aplicación de novas fontes de enerxía ós transportes e o desenvolvemento de novas rutas e infraestruturas.
Isto vamos a velo a continuación, pero si podo adiantarvos que hai moitos exemplos deses cambios, pero para min o mellor exemplo deses cambio é unha das novelas de Julie Verne "A volta o mundo en 80 días". Nela demostrase que o cambio nos medios de transporte supón un cambio na mentalidade da súa época. Quizá agora xa non sexa un bo exemplo para vos, pero supuxo unha revolución no seu tempo.

Dentro dos grandes inventos que modificaron a forma na que se viaxaba temos:

Uso dos motores de explosión.

Aquí temos que destacar a aparición de dous motores, que van unidos a dous combustibles sacados do petróleo: a gasolina e o gasóleo ou diésel.

Aparición de novos medios de transporte.

Neste caso podermos destacar a toda unha serie de novos medios de transporte que son creados ou desenvoltos durante a II Revolución Industrial:
  • Avión.
  • Globos.
  • Dirigibles ou zeppelins.
  • Automóbiles.
  • Bicicletas.
  • Motocicletas.
  • Etc.

Uso da electricidade nos medios de transporte.

Pero tamén temos que destacar o uso dunha nova fonte de enerxía ós transportes, que fixeron cambiar drasticamente a forma de viaxar nas cidades e no mundo. Dentro destes destacan os trens eléctricos (desenvolto por Siemens en 1879), tranvía e o metro ou trens subterráneos.

Mellora das antigas redes de transporte.

Os medio de transporte melloraron non so polas melloras, senón que tamén polo aumento dos Quilómetros de vías férrea, a melloras nas redes de camiños e as melloras nas redes portuarias.
Pero tamén son importantes as novas rutas que se conseguiron debido a finalización das canles de Suez e de Panamá, que acurtaron ós viaxes e os fixeron moito máis fáciles.

24 febreiro 2016

A agricultura durante a II Revolución Industrial.

Non vou comentar demasiado sobre esta entrada, xa que o esquema é sinxelo e fácil de entender.

A II Revolución Industrial.

II Revolución Industrial.

II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Novas Industrias.

Podemos ver como hai toda unha serie de diferenzas entre a I e a II Revolución Industrial, pero no primeiro momento podemos ver como aparecen toda unha nova serie de industria, que ata ese momento eran minoritarias ou non existían. Entre estas podemos atoparmos:
·      Industria do Automóbil.  A industria do automóbil aparece agora, porque agora é cando se inventan os automóbiles e cando aparecen os motores (de explosión interna) que fan posibles os automóbiles.
·      Industria metalúrxica. A industria metalúrxica fai referencia a todas esas actividades relacionadas cos metais (cobre, aluminio, etc). Agora cobran importancia por toda unha serie de elementos que imos tratar a continuación.
·      Industria Química. A química comeza a ser un dos principais sectores económicos unidos a transformación das materias primas e os descubrimentos en química e a súa aplicación ó mundo.
·      Industria Petroquímica. Esta vai unida o uso do petróleo como fonte de enerxía, a través da gasolina ou o gasóleo, e ó uso do petróleo para a fabricación do plástico.
·      Industria Electrónica. Os avances que se deron na II Revolución Industrial en relación coas formas de creación da electricidade, o seu uso e o seu traslado acabou creando toda unha serie de empresas e industrias relacionadas coa electricidade.

Sectores punteiros.

Acordádevos os sectores punteiros son os sectores industriais que tiran da economía e acaban tirando e axudando, de forma directa ou indirecta, ós outros sectores económicos. Entre os sectores industriais punteiros da I Revolución Industrial tiñamos a  Industria Téxtil e a Industria Siderúrxica. Pero a medida que avanzamos cara a II Revolución Industrial imos ver que continúan sendo estes, pero ademais debemos sumar a industria petrolífera, industria electrónica, industria metalúrxica e a industria química.

Fontes de Enerxía.

Durante a I Revolución Industrial as principais fontes de enerxía foron o carbón e a enerxía hidráulica. Estas van a seguir sendo importantes durante a II Revolución Industrial, pero a elas debemos sumar a electricidade e o petróleo.

Petróleo.

Todos coñecemos a importancia do petróleo nos nosos días, pero ata a II Revolución Industrial non se usou de directa. ¿A que seguro que non sabedes cal foi o primeiro uso do petróleo? Pois xa foi usado polos exipcios e polos gregos pero como combustible para as lámpadas e farois, pero non foi ata o século XIX cando se lle deron os novos usos: fonte de enerxía para os motores e como materia prima para a fabricación do plástico.

Como fonte de enerxía debemos analizar dous dos derivados máis importantes do petróleo: a gasolina e o gasóleo. Este vai ser aplicado principalmente os medios de transporte, especialmente ó automóbil e os barcos; pero tamén ós motores da fábricas.
Pero tan importante como isto van a ser a produción do plásticos, que vai favorecer a fabricación de toda unha serie de novos utensilios e industrias. Especialmente temos as aplicación do petróleo as fábricas químicas.

Electricidade.

A electricidade non foi un invento creado durante a II Revolución Industrial, xa que a electricidade xa era coñecida, pero vai ser agora cando esta cobra importancia debido a:
·      Consegue producirse de forma máis rápida e barata.
·      Mellora a formas de transportala.
·      Aparecen toda unha serie de inventos que facilitan e potencian o seu uso.
Pero non so debemos ver isto, senón que toda unha serie de persoas que ven na electricidade unha nova forma de entender o mundo, como Thomas Alva Edison ou Nikola Tesla.

A electricidade foi usada para múltiples usos, que agora non parecen cotián, pero que naquela época supuxo un cambio fundamental para entender o mundo.

Por exemplo, un dos usos máis habituais que temos é a iluminación por lámpadas, que foron inventadas por Edison. Pero tamén temos que ver como a electricidade move os motores das maquinas, tanto nas fábricas como nos medios de transporte. Así podemos ver como a máquina de vapor que fora tan importante durante a I Revolución Industrial, acaba perdendo peso ante os motores eléctricos: moito máis silenciosos, máis limpos e máis baratos. Pero a isto debemos sumar o feito de que as fabricas non teñen que almacenar, ni comprar carbón ou colocarse na proximidade das minas. Isto é unha importante mellora, xa que as fabricas poden situarse na proximidade dos portos ou das liñas de ferrocarril, facilitando a súa comercialización.

Pero temos que ter en conta toda unha serie de inventos que posibilitaron o desenvolvemento desta nova enerxía:
·      Dínamo inventada por Siemmens.
·      Invención do Acumilador e do transformador.
·      A invención da Corrente Alterna (AC) e Corrente Continua (DC), na que tivo un importante papel Nikola Tesla e Thomas Alva Edisosn.  Si iso que coñecedes por ese famoso grupo de rock australiano.

Unido o desenvolvemento desta nova fonte de enerxía desenvolveuse toda unha serie de industrias secundarias (industria metalúrxica, industria de motores eléctricos, industria da iluminación, etc.), e toda unha serie de novas formas de producir enerxía (centrais hidroeléctricas, centrais hidroeléctricas, etc.)

Organización do Traballo.

Taylorismo.

O Taylorismo foi unha desas novas formas de organizar o traballo nas fábricas, sendo a evolución do que coñecemos como Factory System. Este sistema baseábase na busca de mellorar o sistema de produción das fábricas para facela o máis eficiente posible. Isto ven como consecuencia das necesidades do novo mercado mundial, no que as empresas deben competir non so cos produtos do seu propio pais, senón que deben competir con todas as fábrica do mundo.
Isto acabou provocando que certos empresarios racionalizaran todo o proceso de produción para logar a redución dos custos de produción e baixar o prezo dos seus produtos, sen reducir os seus beneficios. Este foi o caso de Frederick Taylor, que iniciou a modernización da súa fábrica mediante os seguintes pasos:
1.      Estudar o método de fabricación nas súas fábricas.
2.     Determinar cal é a forma máis eficiente na que deben realizarse as tarefas.
3.     Cronometrar cada canto debe realizarse unha tarefa para organizar a produción.
4.     Colocar os empregados na función máis axeitada.

Un exemplo deste método:

Os empresarios analizaron nunha fábrica que produce bicicletas canto tempo levaba realizar cada unha das fases da produción: montar a cadros, montar as rodas, montar a cadea, aparafusar as pezas, etc. Entón organiza a produción para que unha mesma persoa sexa a encargada de realizar unha tarefa concreta, que a medida traballa: vaino facendo máis rápido. Isto leva a que faga o traballo de forma mecánica e sen pensar. Isto acaba provocando que aumente a produción deste traballador de forma sorprendente.

Todo isto levou a aumentar a produción, reducir os custos de produción e que os empresarios aumentaran os seus beneficios.

Fordismo.

O Fordismo en si é unha evolución do Taylorismo, pero na que se aplica un novo concepto na produción; a cadea de montaxe.

Este sistema foi creado e desenvolvido por Henry Ford nas súas fábricas de automóbiles de Estados Unidos. Si acertachedes, estou falando da marca de automóbiles Ford, que todos coñecedes.

Henry Ford fixo que os seus empregados realizaran a produción dos seus automóbiles en enormes fábricas, nas que cada obreiro realizaba unha tarefa especifica. Pero para evitar o desprazamento dos obreiros na fábrica, acercaballe as pezas e os produtos por medio dunha fita tránsportadora. Así é como nace o traballo en cadea.
Isto consiste en que a produción dun produto organizase nunha liña, na que a medida que o produto vai pasando por diferentes sectores vanselle colocando as pezas necesarias para concluir o produto.

Novos inventos.