26 febreiro 2016

O progreso dos transportes e das comunicación durante a II Revolución Industrial.

Os medios de transporte durante a II Revolución Industrial.

OS TRANSPORTES NA II REV. IND.

Os transportes experimentaron un desenvolvemento incrible durante a II Revolución Industrial, grazas a toda unha serie de factores como: o desenvolvemento de novos sistemas de transporte, a mellora dos sistemas de transporte, a aplicación de novas fontes de enerxía ós transportes e o desenvolvemento de novas rutas e infraestruturas.
Isto vamos a velo a continuación, pero si podo adiantarvos que hai moitos exemplos deses cambios, pero para min o mellor exemplo deses cambio é unha das novelas de Julie Verne "A volta o mundo en 80 días". Nela demostrase que o cambio nos medios de transporte supón un cambio na mentalidade da súa época. Quizá agora xa non sexa un bo exemplo para vos, pero supuxo unha revolución no seu tempo.

Dentro dos grandes inventos que modificaron a forma na que se viaxaba temos:

Uso dos motores de explosión.

Aquí temos que destacar a aparición de dous motores, que van unidos a dous combustibles sacados do petróleo: a gasolina e o gasóleo ou diésel.

Aparición de novos medios de transporte.

Neste caso podermos destacar a toda unha serie de novos medios de transporte que son creados ou desenvoltos durante a II Revolución Industrial:
  • Avión.
  • Globos.
  • Dirigibles ou zeppelins.
  • Automóbiles.
  • Bicicletas.
  • Motocicletas.
  • Etc.

Uso da electricidade nos medios de transporte.

Pero tamén temos que destacar o uso dunha nova fonte de enerxía ós transportes, que fixeron cambiar drasticamente a forma de viaxar nas cidades e no mundo. Dentro destes destacan os trens eléctricos (desenvolto por Siemens en 1879), tranvía e o metro ou trens subterráneos.

Mellora das antigas redes de transporte.

Os medio de transporte melloraron non so polas melloras, senón que tamén polo aumento dos Quilómetros de vías férrea, a melloras nas redes de camiños e as melloras nas redes portuarias.
Pero tamén son importantes as novas rutas que se conseguiron debido a finalización das canles de Suez e de Panamá, que acurtaron ós viaxes e os fixeron moito máis fáciles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario