13 febreiro 2016

Actividiade 2. O dia Internacional da Radio.

Hoxe é un día especial, e por ese motivo vou adiantar unha das actividades que tiña proposta para este sabado. Non vos preocupedes vades ter tamén unha semana para facela.
O prazo para facela comeza hoxe e remata o día 20 de febreiro as 22:00 horas. 





Actividade sobre a Radio.


Ven hoxe vamos facer unha actividade un pouco diferente, porque vou coller outro programa de radio.. Neste caso vai ser un podcast, pero doutro dos programas de radio que tampouco adoitades escoitar. Este pertence a un programa de Radio de RNE que se chama “Asuntos Propios” de Javier Sierra.


Neste caso vamos a falar dun invento que para min é fundamental: a radio, aínda que sei que para vos é moi pouco importante. Pero este invento supuxo un cambio fundamental na historia da humanidade por varios motivos.

  1. ¿Que papel ten Marconi na historia deste aparello?
  2. ¿Pero alguén adiantóuselle? ¿Quen foi o primeiro personaxe en inventar a radio? ¿Quen foi o primeiro español en participar no proceso de invención? Razoa a pregunta e pon as datas que se mencionan no podcast.
  3. ¿Cando e quen determinou quen foi o verdadeiro inventor da radio? Razoa a resposta.
  4. ¿Por que ese personaxe que inventou a radio é tan famoso? Explica un pouco da súa historia e da súa vida. Fai unha lista dos inventos que se mencionan no podcast.
  5. ¿Cal é a relación do inventor da radio con Thomas Alva Edison? Razoa a resposta.
  6. ¿Cal é o problema do sistema do Sistema Mundial de Distribución de Enerxía (SMDE)? ¿Pensas que sería un bo invento? Razoa a resposta.
  7. ¿Que é o raio da morte? Explica en que consiste, e que problemas lle trouxo ó noso inventor.
  8. ¿Onde esta o museo deste gran inventor? ¿Por que esta aí?


Tedes para facer a actividade unha semana.
Vou colgar a actividade o día 13 de Febreiro e ides ter ata o día 20 de febreiro as 22:00.
As normas son as habituais.
· Podedes entregarmo en papel en clase.
· Podedes colgar a resposta na entrada do blog.
· Podedes enviarme un correo coa resposta.



Recordado, que se non podedes acceder o blog, podo darvos a actividade nun pendrive e entragarma en man.

1 comentario:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar