26 febreiro 2016

O comercio durante a II Revolución Industrial.


COMERCIO NA II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Do mesmo xeito que o resto das actividades económicas da II Revolución Industrial, os cambios no comercio son salientables. Neste caso non é tanpo polos inventos ou por novas tecnicas, senón pola consolidación do sistema anterior e as melloras provocadas polo resto de sectores. Isto provoca un aumento da demanda e da comercialización dos produtos a todos los niveis.

O comercio Interior.

Isto acabou provocando un aumento do comercio interior dentro de casi todos os países. Este impulsouse mendia o aumento da crecente produción industrial e agrícola, que fan necesario aumentar as vendas para poder sobrevivir. Isto acabou levando a aparición de novas formas de organizar as vendas e a aparición de novos tipos de actividades comerciais. Un deses grandes inventos da II Revolución Industrial vai ser a aparición dos grances almacéns ou das areas comerciais. Si estamos pensando no mesmo, neste época é cando aparecen os modelos de centro comercial, onde se ofrecen unha gran variedade de produtos a prezos baratos. Esto apareceu principalmente en Reino Unido e Estados Unidos, pero pouco a pouco vaise extendendo ó longo de todos os países do primeiro mundo.
Pero tamén aparecen novas tecnicas para a venta de produtos como: a venda por catalogo ou compras por correo, as ventas a prazos ou as rebaixas. Todo isto fai que o consumo comercial aumente a niveis non coñecidos ata ese momento. Todo isto vai ser potenciado pola aparición dunha nova actividade comercial, que vai unida os novos medios de comunicación: a publicidade. Agora aparecen toda unha serie de campañas para potenciar a compra dos produtos polos consumidores como: a publicidade na prensa escrita, os anuncios na radio, a aparición de catalogos de compra, etc.

O comercio internacional.


Pero o meso tempo que creceu o comercio a nivel nacional, tamén vai crecer no ambito internacional. Isto ven provocado pola consolidación dun mercado mundial, que aparece potenciado pola melloras nos medios de transporte e o crecemento da produción industrial.

Creación de políticas comerciais.

Ese aumento da produción e da comercialización vai provocar o aumetno da competencia entre os paises para poder vender mellor os seus produtos: incrementando a competencia entre eles. Isto vai levar a dúas politicas: a primeira, o protecionismo comercial; ou como segunda, a busca de novos mercados onde conseguir materias primas baratas e vender libremente os seus produtos industriais.
No primeiro dos casos o que fan moitos dos paises europeos e impoñerlle un imposto as mercadorías industriais procedentes doutros países, para aumentar o seu prezo, e que a poboación opte por comprar os produtos locais, a un prezo máis barato. Pero o problema é que isto é unha arma de dobre filo: xa que protexes o teu mercado nacional, pero provocas que os outros países apliquen a mesma política ós teus produtos.
No segundo caso o que vai provocar e buscar mercados propios e protexidos. Isto so se pode conseguir mediante o imperialismo, onde as grandes potencias europeas lanzaronse a busca de novos territorios, que se van convertir en colonias. Estas colonias son novos territorios onde as potencias buscan o seu beneficio, pero iso xa o falamos no imperialismo.
 Consecuncias.
O longo de toda a II Revolución Industrial vai a crecer o comercio, tanto en volume (a cantidade de produtos) como nos beneficios que aportan a economía dos países.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario