27 febreiro 2016

Actividade 4.

Actividade 4: Actividade sobre os mártires de Panamá.

 


Hoxe vamos a falar sobre sobre a Canle de Panamá. Esta actividade podía enfocala dende varias órbitas, pero hoxe decidín enlazala co imperialismos, xa que foi o último que vimos.
Neste caso vamos a escoitar un podcast de Nieves Concostrina da sección do “Pretérito Imperfecto”, que aparece no Programa de Cadena SER “La Ventana” de Carles Francino. Neste caso vamos a escoitar o episodio sobre “Los Mártires de Panamá”.
Aquí vamos a escoitar a relación de Panamá coa Canle, e a súa importancia ó longo da historia. Espero que vos guste e sexa interesante.

Para facer a actividade debedes contestar correctamente as seguintes preguntas.

  1. Que foi o día dos mártires? Que aconteceu? Explica as causas, os acontecementos e as consecuencias.
  2. ¿Cando se comezou a construír a canle de Panamá?¿Por quen?
  3. Explica é razoa a seguinte pregunta. ¿Quen foi antes a canle de Panamá ou a República de Panamá?
  4. Explica a relación entre Carlos I de España e a Canle de Panamá. Explica todo o proceso.
  5. Explica como foi o proceso de independencia de Panamá de España. ¿Que pasou con Colombia? Razoa a resposta.
  6. Explica relación de Panamá cos Estados Unidos de América.
  7. ¿Que foi o incidente da “Pedazo ou da Tajada de Sandía”? ¿Que consecuencia tivo?
  8. ¿Explica os acontecementos que procuraron en 1903? Explica sobre todo o segundo acontecemento.
  9. Isto encaixa moi ben para ver o imperialismo dende unha órbita un pouco diferente o imperialismo que estivemos vendo en clase.
    1. ¿Que opinas da posición de Estados Unidos?
    2. ¿Que tipo de dominio exercían os estadounidenses sobre Panamá?
    3. ¿Cal é a túa opinión sobre o asunto?

Para realizar as actividades son as normas de costume.
  • Tedes unha semana para realizar a actividade. O data de comezo é hoxe, día 27 de Febreiro de 2016, que comeza as 22:00, e remata o día 5 de marzo do 2016 as 22:00.
  • Para contestar as preguntas, podedes facer as seguintes opción:
    • Escribirme un correo electrónico.
    • Escribir un comentario nesta entrada.
    • Darme en man antes da data final.

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar