Agora vamos a tratar un par de temas sobre a I Guerra Mundial, neste caso vamos a escoitar o podcast “El día en el que el Barón Rojo fue derribado”, que saquei do programa La Ventana da Cadena SER, dentro da sección “Pretérito Imperfecto”.
Coa seguinte audición
tedes que contestar as seguintes preguntas, algunhas delas teredes que buscar
información adicional, que non aparece no podcast, pero é moi sinxelo.
Tedes para facelo
unha semana.
O período de tempo comeza o día 22 as 22:00 horas e rematamos o día 29 as 22:00. Logo non o terei en conta.
O período de tempo comeza o día 22 as 22:00 horas e rematamos o día 29 as 22:00. Logo non o terei en conta.
- ¿Quen foi o Barón Rojo? ¿Por que era tan famoso? Busca
información en internet e no audio. Tes que indicar: nome, familia, orixe,
cantos derribo fixo, idade o morrer, onde morreu, etc.
- ¿Cal era o seu avión? ¿Que características
tiña o seu Avión?
- ¿Por que os seus inimigos o
enterraron con todos os honores?
- ¿Por que é importante o invento de
Fokker? ¿Que invento falamos? E ¿Que relación tiña con Roland Garros?
- ¿Como celebraba as súas vitorias
militares o Barón Rojo?
- ¿Quen substituíu ó Barón Rojo na
dirección da súa escuadrilla? Busca información sobre esta persoa en
internet. Sei que o nome non é sinxelo de escribir para buscar
información, pero escoitade o podcast e darvos pistas.
As normas son as de costume:
- Escribirme un correo electrónico.
- Escribir un comentario nesta entrada.
- Darme en man antes da data final.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar