13 febreiro 2016

As relacións internacionais antes da I Guerra Mundial.


AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS.

SISTEMAS BISMARCKIANOS. (1870-1890)

Otto von Bismarck.

Durante este período Bismarck organiza as relacións internacionais do mundo. Para organizar todo isto vaise servir da súa astucia e toda unha serie de relacións persoais e diplomáticas moi complexas. Para facilitar a súa labor vaise servir de varios métodos como: realizar tratados secretos entre as diferentes potencias, intercambios comercias e políticos, etc.
O obxectivo principal desta política baseábase en dous puntos:

A)Facilitar o desenvolvemento de Alemaña. 

El pretendía que por medio destes pactos se mantivera a Alemaña na posición hexemónica, sendo o centro de Europa. Buscaba manter a Alemaña como a primeira potencia continental, e iso permitirlle converterse na principal potencia económica da rexión, e poder desenvolver a II Revolución Industrial de Alemaña con calma.

B)Illar a Francia.  

En realidade o que fixo é realizar tratados individuais con cada unha das potencias europeas, co obxectivo de asegurarse o illamento de Francia, xa que temía que esta tiverá ansías de revancha tras a Guerra Franco-Prusiana de (1871). Nesta guerra Francia había perdido importantes territorios, como Alsacia e Lorena, pero tamén perdera a hexemonia pollítica na zona. Isto levou a que Bismarck previra un novo enforntamento entre ambas potencias. Para facilitarlle as cousas a Alemaña xogou cun sistema de tratados simultaneos con varias potencias, que lle permitiron que Francia conseguira aliados.
O sistema de alianzas bismarckianos funcionaron mentres Bismarck se mantivo no cargo de Chanceler de Alemaña. El conseguiu manter un sistema de pactos secretos, nos que Alemaña saía sempre beneficiada.

A PAZ ARMADA. (1890-1914)

Período da Paz Armada e un perído da Historia de Europa no que se mantivo a paz dentro de Europa entre as grandes potencias, pero no que as potencias rearmáronse na espera dun gran conflito. As diferentes potencias vían a inminencia dunha guerra continental de grandes proporcións, e para iso realizaron toda unha serie de políticas de rearme e de reorganización dos seus exércitos.
Pero ante o medo a esa gran guerra, viron que con iso non chegaba: era necesario buscar aliados para poder acabar saíndo vencedora, ou polo menos conseguir alianzas para evitar o risco dunha guerra en dous frontes. Par evitar isto acabáronse creando dúas grandes alianzas: a Tripla Alianza e a Triple Entente.

Triple Entente.

          • Francia.
          • Reino Unido.
          • Rusia.

Tripla Alianza.

          • Alemaña.
          • Imperio Austro-Húngaro.
          • Italia.
Pero iso xa o veremos un pouco máis polo miúdo cando cheguemos a Guerra, que vai acabar estoupando en 1914.

Ningún comentario:

Publicar un comentario