CAPITALISMO NA II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.
A partires da II Revolución Industrial
vamos a ver un cambio no capitalismo, xa que agora o Capitalismo desenvolvese
de forma plena e completa por todo o mundo. Isto acaba provocando a aparición
do que coñecemos como "Gran Capital" ou "Gran Capitalismo",
no que aparecen as grandes empresas que necesitan enormes cantidades de capital
para o seu funcionamento e desenvolvemento.
Este gran capitalismo vai facer necesario a aparición de novas formas de organizar as empresas e de organizar as formas de conseguir o capital.
Este gran capitalismo vai facer necesario a aparición de novas formas de organizar as empresas e de organizar as formas de conseguir o capital.
Concentración empresarial.
Esta propuxose a eliminación da
competencia entre empresas para dominar o mercado e poder controlar a economía
do seu sector ou do país. Entre eles existen varias modalidades:
Cártel.
Consiste nun acordo entre empresas
independentes do mesmo sector económico para evitar a competencia e controlar o
mercado. Na maioría dos casos as empresas vanse repartindo zonas ou areas de
control, onde cada empresa exerce un monopolio para a venta ou control da
produción.
Os defensores de los cárteles afirman que
estes axudan a estabilizar os mercados, a reducir os custes de produción, a
eliminar aranceis elevados, a distribuír os beneficios equitativamente y a
beneficiar a los consumidores. Os seus detractores sinalan que, cando no existe
competencia, os prezos son maiores e a oferta menor.
Na actualidade os cárteles están
prohibidos na maioría dos paises, xa que consideran que os monopolios van en
contra do interese dos mercados e dos consumidores.
Trust.
Este consiste na fusión de empresas do mesmo
tipo nunha soa, cos mesmos fins que o cártel: evitar a competencia e controlar
o mercado.
Esta tende a controlar un sector económico
e exercer no posible o poder do monopolio.
O paso previo á aparición do trust é a colaboración entre varias empresas que se unen co fin de obter determinados beneficios económicos mediante esa colaboración. Esta cooperación entre as empresas non teñen un efecto vinculante, polo que confería certa inestabilidade. Para dar maior forza a estes acordos non vinculantes crease o trust.
A primeira combinación que adoptou esta forma foi a Standard Oil Trust, fundada en 1882. En 1890 a Ley Sherman declarouna ilegal ós trusts nos Estados Unidos.
O paso previo á aparición do trust é a colaboración entre varias empresas que se unen co fin de obter determinados beneficios económicos mediante esa colaboración. Esta cooperación entre as empresas non teñen un efecto vinculante, polo que confería certa inestabilidade. Para dar maior forza a estes acordos non vinculantes crease o trust.
A primeira combinación que adoptou esta forma foi a Standard Oil Trust, fundada en 1882. En 1890 a Ley Sherman declarouna ilegal ós trusts nos Estados Unidos.
Na actualidade o trust está prohibido na
maioría dos países, xa que consideran que os monopolios van en contra do interese
dos mercados e dos consumidores.
Holding.
Un holding pode considerarse unha forma de
integración empresarial, con todos os beneficios que está representa, pero aparece
tamén cando un grupo de capitalistas vai adquirindo propiedades e accións de
diferentes empresas ou firmas, buscando simplemente a rendibilidade de cada unha
e non a integración da súas actividades. As leis antimonopolio poden restrinxir
esta práctica. Existen holdings que se crean a través dos bancos e doutras
entidades financeiras, holding que parten do patrimonio dunha familia e tamén
holding conformados por empresas estatais. Existen holding que son unha agrupación de
empresas de capitais comúns o relacionados que buscan maximizar os recursos
económicos destas, utilizando as políticas comercias, que se dan entre as
empresas que a conforman simplemente por ser de todas dun mesmo rumbo ou
sector. Neste último caso, podemos ver o caso que comentei en clase do Holding
de RUMASA.
Concentración Financeira ou do capital.
Aparición dos grandes bancos que van organizar a relacións entre o gran mundo empresarial e os bancos que ofrecen os grandes créditos. Dentro destes podemos destacar : o Deutsche Bank (alemán) ou Crédit Lyonnais (francés). Estes bancos intensifican de forma crecente a súa relación coas empresas, ós que se lle conceden créditos ou participan nelas como accionistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario