24 febreiro 2016

A II Revolución Industrial.

II Revolución Industrial.

II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Novas Industrias.

Podemos ver como hai toda unha serie de diferenzas entre a I e a II Revolución Industrial, pero no primeiro momento podemos ver como aparecen toda unha nova serie de industria, que ata ese momento eran minoritarias ou non existían. Entre estas podemos atoparmos:
·      Industria do Automóbil.  A industria do automóbil aparece agora, porque agora é cando se inventan os automóbiles e cando aparecen os motores (de explosión interna) que fan posibles os automóbiles.
·      Industria metalúrxica. A industria metalúrxica fai referencia a todas esas actividades relacionadas cos metais (cobre, aluminio, etc). Agora cobran importancia por toda unha serie de elementos que imos tratar a continuación.
·      Industria Química. A química comeza a ser un dos principais sectores económicos unidos a transformación das materias primas e os descubrimentos en química e a súa aplicación ó mundo.
·      Industria Petroquímica. Esta vai unida o uso do petróleo como fonte de enerxía, a través da gasolina ou o gasóleo, e ó uso do petróleo para a fabricación do plástico.
·      Industria Electrónica. Os avances que se deron na II Revolución Industrial en relación coas formas de creación da electricidade, o seu uso e o seu traslado acabou creando toda unha serie de empresas e industrias relacionadas coa electricidade.

Sectores punteiros.

Acordádevos os sectores punteiros son os sectores industriais que tiran da economía e acaban tirando e axudando, de forma directa ou indirecta, ós outros sectores económicos. Entre os sectores industriais punteiros da I Revolución Industrial tiñamos a  Industria Téxtil e a Industria Siderúrxica. Pero a medida que avanzamos cara a II Revolución Industrial imos ver que continúan sendo estes, pero ademais debemos sumar a industria petrolífera, industria electrónica, industria metalúrxica e a industria química.

Fontes de Enerxía.

Durante a I Revolución Industrial as principais fontes de enerxía foron o carbón e a enerxía hidráulica. Estas van a seguir sendo importantes durante a II Revolución Industrial, pero a elas debemos sumar a electricidade e o petróleo.

Petróleo.

Todos coñecemos a importancia do petróleo nos nosos días, pero ata a II Revolución Industrial non se usou de directa. ¿A que seguro que non sabedes cal foi o primeiro uso do petróleo? Pois xa foi usado polos exipcios e polos gregos pero como combustible para as lámpadas e farois, pero non foi ata o século XIX cando se lle deron os novos usos: fonte de enerxía para os motores e como materia prima para a fabricación do plástico.

Como fonte de enerxía debemos analizar dous dos derivados máis importantes do petróleo: a gasolina e o gasóleo. Este vai ser aplicado principalmente os medios de transporte, especialmente ó automóbil e os barcos; pero tamén ós motores da fábricas.
Pero tan importante como isto van a ser a produción do plásticos, que vai favorecer a fabricación de toda unha serie de novos utensilios e industrias. Especialmente temos as aplicación do petróleo as fábricas químicas.

Electricidade.

A electricidade non foi un invento creado durante a II Revolución Industrial, xa que a electricidade xa era coñecida, pero vai ser agora cando esta cobra importancia debido a:
·      Consegue producirse de forma máis rápida e barata.
·      Mellora a formas de transportala.
·      Aparecen toda unha serie de inventos que facilitan e potencian o seu uso.
Pero non so debemos ver isto, senón que toda unha serie de persoas que ven na electricidade unha nova forma de entender o mundo, como Thomas Alva Edison ou Nikola Tesla.

A electricidade foi usada para múltiples usos, que agora non parecen cotián, pero que naquela época supuxo un cambio fundamental para entender o mundo.

Por exemplo, un dos usos máis habituais que temos é a iluminación por lámpadas, que foron inventadas por Edison. Pero tamén temos que ver como a electricidade move os motores das maquinas, tanto nas fábricas como nos medios de transporte. Así podemos ver como a máquina de vapor que fora tan importante durante a I Revolución Industrial, acaba perdendo peso ante os motores eléctricos: moito máis silenciosos, máis limpos e máis baratos. Pero a isto debemos sumar o feito de que as fabricas non teñen que almacenar, ni comprar carbón ou colocarse na proximidade das minas. Isto é unha importante mellora, xa que as fabricas poden situarse na proximidade dos portos ou das liñas de ferrocarril, facilitando a súa comercialización.

Pero temos que ter en conta toda unha serie de inventos que posibilitaron o desenvolvemento desta nova enerxía:
·      Dínamo inventada por Siemmens.
·      Invención do Acumilador e do transformador.
·      A invención da Corrente Alterna (AC) e Corrente Continua (DC), na que tivo un importante papel Nikola Tesla e Thomas Alva Edisosn.  Si iso que coñecedes por ese famoso grupo de rock australiano.

Unido o desenvolvemento desta nova fonte de enerxía desenvolveuse toda unha serie de industrias secundarias (industria metalúrxica, industria de motores eléctricos, industria da iluminación, etc.), e toda unha serie de novas formas de producir enerxía (centrais hidroeléctricas, centrais hidroeléctricas, etc.)

Organización do Traballo.

Taylorismo.

O Taylorismo foi unha desas novas formas de organizar o traballo nas fábricas, sendo a evolución do que coñecemos como Factory System. Este sistema baseábase na busca de mellorar o sistema de produción das fábricas para facela o máis eficiente posible. Isto ven como consecuencia das necesidades do novo mercado mundial, no que as empresas deben competir non so cos produtos do seu propio pais, senón que deben competir con todas as fábrica do mundo.
Isto acabou provocando que certos empresarios racionalizaran todo o proceso de produción para logar a redución dos custos de produción e baixar o prezo dos seus produtos, sen reducir os seus beneficios. Este foi o caso de Frederick Taylor, que iniciou a modernización da súa fábrica mediante os seguintes pasos:
1.      Estudar o método de fabricación nas súas fábricas.
2.     Determinar cal é a forma máis eficiente na que deben realizarse as tarefas.
3.     Cronometrar cada canto debe realizarse unha tarefa para organizar a produción.
4.     Colocar os empregados na función máis axeitada.

Un exemplo deste método:

Os empresarios analizaron nunha fábrica que produce bicicletas canto tempo levaba realizar cada unha das fases da produción: montar a cadros, montar as rodas, montar a cadea, aparafusar as pezas, etc. Entón organiza a produción para que unha mesma persoa sexa a encargada de realizar unha tarefa concreta, que a medida traballa: vaino facendo máis rápido. Isto leva a que faga o traballo de forma mecánica e sen pensar. Isto acaba provocando que aumente a produción deste traballador de forma sorprendente.

Todo isto levou a aumentar a produción, reducir os custos de produción e que os empresarios aumentaran os seus beneficios.

Fordismo.

O Fordismo en si é unha evolución do Taylorismo, pero na que se aplica un novo concepto na produción; a cadea de montaxe.

Este sistema foi creado e desenvolvido por Henry Ford nas súas fábricas de automóbiles de Estados Unidos. Si acertachedes, estou falando da marca de automóbiles Ford, que todos coñecedes.

Henry Ford fixo que os seus empregados realizaran a produción dos seus automóbiles en enormes fábricas, nas que cada obreiro realizaba unha tarefa especifica. Pero para evitar o desprazamento dos obreiros na fábrica, acercaballe as pezas e os produtos por medio dunha fita tránsportadora. Así é como nace o traballo en cadea.
Isto consiste en que a produción dun produto organizase nunha liña, na que a medida que o produto vai pasando por diferentes sectores vanselle colocando as pezas necesarias para concluir o produto.

Novos inventos.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario