31 marzo 2016

A Crise do 98.

Crise do 98

Causas.

Insurrección Cubana

Durante o primeiro terzo do século XIX España perdeu a maioría das súas colonias, empezando todo o proceso durante o reinado de Fernando VII. Desta onda independentista España so conservou Cuba e Puerto Rico en América, Filipinas en Asía e pequenos arquipélagos no Pacifico e as colonias africanas que consolidara despois do Congreso de Berlín.
Pero que conseguirá manter esas colonias, non fixo que non houbera intentos revolucionarios e independentistas. Moitas veces estes intentos independentistas foron cauisasos polo descontento económico, debido a enorme cantidade de cartos que enviado como impostos a Metrópole, ou a negativa do goberno español a conceder certo grao de autonomía no autogoberno. En Cuba houbo intentos revolucionarios durante o 1868, pero o máis importante comezou en 1895, que se coñece co nome do "Berro ou Grito do Baire"; mentres que no caso de Filipinas a sublevación máis importante foi realizada tras 1897.

No caso de Cuba, os independentistas gozaron do apoio político e económico dos Estados Unidos: xa que estes pretendía ocupar o lugar de España como principal potencia económica de Cuba. A intervención militar dos Estados Unidos foi como consecuencia dun "accidente" provocado pola  estoupido do Acoirazado Maine, que estaba fondeado no porto da Habana, en abril de 1898.

Insurrección nas Filipinas

As revolucións contra o poder español ven dende 1896, pero vai ser cando comece a Guerra Hispanoamericana cando consegue a independencia.

Guerra Hispanoamericana


No caso de Cuba, os independentistas gozaron do apoio político e económico dos Estados Unidos: xa que estes pretendía ocupar o lugar de España como principal potencia económica de Cuba. A intervención militar dos Estados Unidos foi como consecuencia dun "accidente" provocado pola  estoupido do Acoirazado Maine, que estaba fondeado no porto da Habana, en abril de 1898. isto acabou provocando que a prensa estadounidense culpou de todo o goberno español en Cuba. Grandes medios de prensa dirixidos por Pullitzer e Hearst . Iniciaron unha campaña de prensa para que o goberno de Washington declarase a Guerra a España.
Esta campaña de prensa tivo éxito e o presidente T. Roosevelt declarase a Guerra a España. Esta guerra desenvolveuse en dúas frontes:
- Guerra no Pacífico. Na que os estadounidenses iniciaron a conquista e ocupación de Filipinas e os arquipélagos do Océano Pacífico.
- Guerra no Caribe. Na que as tropas estadounidenses atacaron Cuba e Puerto Rico.
As tropas españolas pese a que eran superiores en numero de tropas, eran inferiores en recursos, armas e preparación. Isto provocou que a flota española foi desfeita polos cruceiros de Guerra Americana. Para que vexades como era a situación. Mentres os españoles tiñan unha importante flota de guerra con barcos de vela e algún cruceiro acorazado a vapor, os estadounidenses dispoñían de toda unha flota de destrutores e barcos acoirazados de aceiro. ¿Adiviñades que lle pasou a flota española tras una par de batallas???
No caso do exercito de terra as cousas non foron moito mellor para os españois. As tropas españolas eran importantes, pero estaban mal equipadas (sandalias de esparto, fusiles anticuados, etc.), sen abastecemento de armas e municións, e sufrindo as típicas pandemias caribeñas (para as que non estaban vacinadas). Ademais no caso das tropas españolas: a maioría eran tropas que estaban facendo o servicio militar e non habían entrado antes en batalla. Todo esto levou a un enorme desastre militar do cal sairon destrozados polos americanos.
Estas tropas combateron como puideron, e nunhas condicións pésimas. Para que vexades como era a situación: o numero de defuncións era maior por causa das enfermidades que por acción de guerra.
Ante o tremendo desgaste para a economía española e as sucesivas derrotas militares das tropas españolas: o goberno español tivo que pedir a paz. Esta paz foi consolidade mediante a realización dunha conferencia en París, que levou a que España e os Estados Unidos firmaran en 1898 o "Tratado de Paz de París".
Entre as consecuencias máis importantes deste tratado temos:

 Recoñece a Independencia de Cuba.
 Recoñece a Independencia de Puerto Rico.
 Recoñece a Independencia das Filipinas.

Consecuencias.

Rexeneracionismo.

Os acontecementos producidos durante a Guerra do 98 demostraron que o goberno non estaba en condicións de facerlle fronte a crise. Xa que cando comezou a guerra o goberno fixo un chamamento a gloria e a fereza do imperio español, que ía derrotar sen problemas os estadounidenses. Pero a realidade estoupoulle o goberno nas narices, provocando a inestabilidade interna e unha necesidade de reorganizar o goberno.

A Crise do 98 acabou creando unha fonda crise moral e ideolóxica dentro de toda España, e fixo que aparecera un novo movemento ideolóxico coñecido como Rexeneracionismo. Este manifestouse de dúas formas: unha política, na que os partidos políticos queren reorganizar o sistema político e reconstruír o país; e unha intelectual que se coñece co nome de Xeración do 98.
No caso da versión política podemos ver que os defensores do Rexeneracionismo pretenden reformar o país dende a base, para volver a facer un país novo, moderno e estable. Para iso pretenden eliminar a corrupción política, reorganizar os sistema de Quendas Pacíficas, eliminar o caciquismo, incentivar a economía, ampliar as liberdades, etc.
No caso da órbita literaia podemos ver a Xeración do 98, na que toda unha serie de autores literios dan unha visión de Eapaña miserenta e desfeita. Ambos aspiran a crear unha nova visión critica do mundo no que viven.
Entre as figuras máis salientables temos: Unamuno, Pio Baroja, Valle-Inclán, etc. 

Crise económica.

Creo que queda claro que unha guerra tan desastrosa trouxo moitos problemas entre os que atopamos unha profunda crise económica, como consecuencia da perda das colonias e dos seus recursos economicos; a necesidade de recontruir o exercito e a flota de guerra; etc.

 



30 marzo 2016

Os problemas da Restauración Borbónica.

A Restauración. Os problemas Internos.

Oposición dos Partidos Políticos excluídos da Quenda Pacífica.

Os principais partidos políticos opostos ó réxime da Restauración temos:
- Republicanos. Estes aparecen en varias tendencias ou partidos, pero moi poucas veces se mostran unidos ou cos apoios suficientes ata o final da monarquía de Alfonso XIII.
- Carlistas. Pese a que foron derrotados en sucesivas guerra e manteñen poucos apoios son un dos sectores máis opostos a Restauración. Concentra a súa forza nos Maestrazgos de Valencia e no Norte (Pamplona e Vascongadas).
- O Socialistas van crecendo en forza e importancia ó longo de toda a Restauración, cobrou especial importancia tras a fundación do PSOE en 1879 por Pablo Iglesias, aínda que en realidade non chegou a participar en política ata comezos do século XX.

 

O auxe do movemento obreiro.

Apareceron como consecuencia do aumento de liberdades que apareceron coa Constitución de 1876 e o aumento do peso dos proletarios dentro da sociedade. Gracias a labor de Canovas e Sagasta conseguiuse certa apertura dunha lei que permitía a reunión e asociación dos obreiros.
 
Isto levou a aparición de sindicatos, que van crecendo de forma gradual ó longo da Restauración. Entre estes destacan principalmente dous:

Anarquistas.

O movemento anarquista gozou dunha gran importancia en España durante a última parte do século XIX e o primeiro terzo do século XX.
O anarquismo acabou fundando en 1881 a FTRE ou Federación do Traballadores Rexional Española, que vai ter parte dentro da órbita do Movemento Internacional Anarquista, pero loso podemos ver grupos do a FAI ou Federación Anarquista Ibérica. Estas acabara coa creación dun sindicato anarquista que gozou dunha enorme forza e posición dentro de España a CNT ou Central Nacional de Trabajadores.
O Anarquismo mantivo unha importante presenza en toda España, aínda que gozou de especial importancia en Cataluña e Andalucía.

Socialistas.

O socialismo foi un movemento internacional que encaixou bastante ben en España durante a última parte do século XIX e gran parte do século XX. Este movemento socialista tivo importancia dentro da órbita política co PSOE ou Partido Socialista Obrero Español, e no ambito sindical con UGT ou Unión General de Trabajadores.

No caso dos sindicatos tivo unha maior presenza debido a que a UGT tivo presenza activa dende 1888, Participando na loita sindical e nas reivindicacións obreiras. Aínda que o PSOE tardar un pouco máis en ter presenza política: xa que foi en 1910 cando Pablo Iglesias consegue ser o primeiro deputado socialista no Congreso dos Deputados.
O socialismo arraigou moi pronto nas zonas urbanas e industriais, isto levoulle a ter unha enorme presenza en Asturias, País Vasco e Madrid.

Nacionalismo e Rexionalismo.

O Rexionalismo e o Nacionalismo son dous sistemas de oposición o sistema da Restauración que foi crecendo pouco a pouco ó longo do XIX.

O Rexionalismo foi unha reacción política fronte as políticas centralistas do gobernos de Madrid. Estes movementos queren marcar un certo grado de autonomía e autogoberno das rexións. Pero non pretenden realizar unha separación política de España, senón que o goberno central admita unha adaptación das políticas segundo as realidades locais ou rexionais. Este movemento inspirou tanto a formación de partidos políticos como toda unha serie de manifestacións culturais, artísticas ou literarias. A manifestación máis importante é a creación ou aspiración de autonomías ou gobernos autonómicos. Para diferenciarse dos nacionalismos, podemos ver como estes non cuestionan a unidade do Estado Español, que consideran unha situación adecuada, pero no que as rexións teñan autonomía e autogoberno.

Pero para ver unha evolución deste pensamento temos a creación dos nacionalismos, que pretenden a creación de unha nación nova e independente de España. Estes cuestionan completamente a necesidade de formar parte de España, a que consideran un estado opresor, que limita a súas liberdades e o seu beneficio. Moitos destes usan un modelo de nacionalismo de carácter historicista e de carácter centrifugo.

No caso de España hai tres puntos clave para as reivindicacións rexionalistas ou nacionalistas: Cataluña, País Vasco e Galicia. Todas estas comezaron a mediados do século XIX e foron collendo forza a medida que nos vamos aproximando o século XX

País Vasco.

O nacionalismo vasco ten unha versión moito máis reivindicativa de respecto ós seus foros e tradicións autóctonas, pero en moitos casos dende unha órbita carlista. Unha das situación máis peculiares do  País Vasco e Navarra, foi que defendeu os intereses do Infante do Carlos durante as Guerras Carlistas. Isto acabou provocando un castigo pola parte dos vencedores nas Guerras Carlistas: no que se lle retiraron certos privilexios ou foros tradicionais a rexión. Isto foi aproveitado polos movementos rexionalistas e nacionalistas para coller forza e peso nestas zonas: procurando conseguir a devolución dos foros dentro de España ou fora dela.

Cataluña.

No caso do nacionalismo catalán podemos ver como eles usan tanto a versión rexionalista e nacionalista, para combinar forzar e conseguir un maior peso na política española.
O nacionalismo catalán reivindicou o catalán como lingua oficial, así como un alto autogoberno. Este autogoberno manifestouse en:

Existencia de partidos políticos propios e autónomos.
Existencia de tribunais cataláns con autonomía e lexislación propia.
Existencia de unha autonomía, baseada nun estatuto de Autonomía e a creación de un goberno autónomo ( A Generallitat).
etc.

Todo isto foi manifestado en varios puntos, que foron postos por escrito no que se coñece como as "Bases de Manresa" en 1892.
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Bases_de_Manresa

Galicia.


En Galicia o rexionalismo tivo gran peso, mentres que o nacionalismo gozou de menor forza ou peso.
O rexionalismo tivo unha maior forza como movemento cultural e artístico, que como político.
Pero en Galicia podemos ver varias peculiaridades con respecto o tema:
- A loita contra o sistema anticaciquil. Un bo exemplo desa posición son os poemas de Ramón Cabanillas que presenta o sistema caciquil, como unha corrupción da política que lastra a evolución política e económica de Galicia. Este sería un dos primeiros puntos onde o rexionalismo foise unindo.
- O agrarismo foi un movemento de reivindicación campesiño para loitar contra o sistema foral e o caciquismo. Os labregos organizáronse en sociedades agrarias ou sindicatos agrícolas a finais do s. XIX. Pero non só tiña a loita contra os foros e os caciques, estes tamén buscaron a modernización da agricultura galega mediante a renovación ou modernización técnica e a comercialización dos produtos agrarios galegos.
Pese os múltiples intentos de converter o agrarismo en un partido político, non o conseguiu, e acabou diluído en moitas tendencias políticas diferentes: republicanos, socialistas, nacionalista e movementos de dereita católica. Esta acabou desaparecendo durante a II República e a Guerra Civil.
- O nacionalismo rexurdiu a comezos do s. XX nunha órbita cultural e literaria, encarnada nas Irmandades da Fala, que comezou en torno a 1916. Estes defendían que Galicia tiña as condicións necesarias para formalizar a creación dunha nación e un estado propio. Incluso propugnáronse ideas nas que se manifestaba a existencia dun nacionalismo centrípeto con Portugal. Ou a creación dunha Federación Ibérica na que estaría tamén Portugal.
A medida que evolucionou a política española os nacionalistas das Irmandades da Fala sumáronse o proxecto republicano e formalizaron unha alianza coa ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma), que obtivo un importante numero de votos.
Esta realidade permitiu que coa creación da II República se organizarase un novo partido que unira a todas as tendencias nacionalistas: o Partido Galeguista, fundado en 1931. Este marcouse como obxectivo a formación dun autogoberno galego mediante a creación dun Estatuto de Autonomía similar os que estaban creando os cataláns e vascos. O proxecto foi organizado en 1936, tras a vitoria dos partidos da Fronte Popular nas eleccións de Febreiro do 1936, e conseguiu o apoio de gran parte das forzas republicanas no Congreso. Pero debido os acontecementos da Guerra Civil foi paralizado, e tras a vitoria de Franco na Guerra Civil foi eliminado.

29 marzo 2016

O Sistema da Restauración.


Sistema da Restauración. Características.

Sistema organizado por Antonio Canovas del Castillo e Mateo Praxiteles Sagasta.

Características.

Quenda Pacifica.

O Sistema da Quenda Pacífica manifestouse na existencia dun modelo de goberno no que dous partidos se van alternando no poder de forma pacificas. Estes partidos son : o Partido Liberal de Sagasta e Partido Conservador de Canovas.

Bipartidismo.

O sistema foi creado dende antes de formar a Constitución de 1876, na que os dous grandes lideres políticos do momento decidiron que o sistema seguiría un modelo similar o que acontecía en Inglaterra, onde o Bipartidismo era a base da estabilidade política.
Este sistema baseouse na existencia de dous grandes partidos.

PARTIDO CONSERVADOR.
Este partido estaba dirixido por Antonio Canovas del Castillo, un político monárquico de carácter borbónico. Este organizou os sistema da Restauración, que introduxo a Alfonso XII no trono de España.
O seu partido considerase un partido conservador, que defende un sistema de goberno liberal moderado. Aspira a un sistema político onde se manteña un sufraxio censatario e un equilibro de poder entre o rei e as cortes. Quere mostrar unha serie de liberdades, pero que deben estar sometidas ó interese do Estado e poidan ser limitadas en benefocio dos intereses do Estado.

PARTIDO PROGRESISTA.
O Partido Progresista estaba dirixido por Sagasta e era un partido moito máis progresista, que defendía un sufraxio universal, amplías liberdades e unha clara separación dos poderes.

Ambos partidos aceptaban que España necesitaba un equilibrio de goberno para poder progresar e evolucionar, e aceptaban que iso só sería posible mediante unha monarquía constitucional liderada por Alfonso XII.

Pero como conseguían estes dous partidos alternarse no poder e controlar toda a situación: pois eliminando a oposición mediante a fraude electoral e unha rede de caciques que controlan as votación nos diferentes territorios de España.

Problemas do Sistema.
  • Fraude electoral.
  • Sistema caciquil.
  • Os problemas internos.
    • Rexionalismo e nacionalismo.
    • Movemento obreiro.
    • Os partido que quedan fora do bipartidismo.
  • Os grandes problemas do período.
    • A guerra Hispanoamericana de 1898.
    • A crise de 1917.
    • A ditadura de Primo de Rivera.

Constitución de 1876.
  • Constitución Moderada.
  • Establece unha Monarquía Constitucional.
  • Establece a separación de poderes.
  • Sufraxio.
  • Establece unha amplía serie de liberades e dereitos.
  • Soberanía compartida entre o monarca e as Cortes.