06 marzo 2016

Causas da I Guerra Mundial


CAUSAS DA I GUERRA MUNDIAL.


CAUSAS PROFUNDAS.

Rivalidades imperialistas e territoriais.

Isto é moi sinxelo as tensións que se crearon durante a expansión colonial, na que algúns paises aspiran a conseguir máis territorios, levou a unha serie de enfrontamentos, pero que acaban estoupando definitivamente durante a I Guerra Mundial.
Francia e Alemaña. 
Este conflito ven de lonxe, dende a Guerra Franco-Prusiana de 1870, na que Alemaña anexionarase Alsacia e Lorena. Os franceses sempre tiveron en mente en recuperar eses territorios e humillara a Aleñama. Alemaña que teme esa situación xa esta disposto a non ceder nada, e a seguir humillando a Francia.
Reino Unido e Alemana.
Entre ambos países esta aparecendo unha rivalidade económica: Reino Unido aspira a consolidar a súa posición como primeira potencia mundial por outro gran período de tempo; pero Alemaña que esta crecendo a pasos axigantados quere superarala.
Pero ó mesmo tempo aparecer un novo foco de tensión: a supremacía naval. Os británicos dominan os mares dende había centos de anos, pero agora o Kaiser Guilerme II quere igualala ou inclusive superala. Para iso vai comezar unha política de construción naval sen parangón. Isto levouna a ser a segunda frota de guerra máis importante antes do estoupido da I Guerra Mundial, so superada pola Royal Navy británica.

Italia e Austría-Hungria pola zona de Istria e Trentino.
Ambas potencias aspiraban a controlar importantes territorios na Península dos Balcáns.

Austria e Rusia.
Ambas potencias aspiraban a controlar os Balcáns e a aproveitarse da debilidade do Imperio Otomano, e conquistarlle territorios.

Tensións Nacionalistas.
Loitas nos Balcáns, que levaron a unha serie de Guerras, coñecidas como a I e II Guerra Balcánica.

As rivalidades económicas entre as diferentes potencias.


  • Reino Unido aspiraba a seguir sendo a 1ª potencia económica e imperialista do mundo.
  • Alemaña intenta arrebatarlle a 1ª posición ó Reino Unido.
  • Francia aspira a compertir e superar a Alemaña.
Outras potencias aspiran a crecer.

  • Rusia.
  • Imperio Austro-Hungaro.
  • Italia.
  • Bélxica.
  • Holanda.
  • etc.

O Sistema de Alianzas creado pola Paz Armada.

Como vimos anteriormente durante o período da Paz Armada foron creandose unha serie de alianzas entre diferentes países para buscar aliados ante unha posible guerra.
Triple Entente.

  • Reino Unido.
  • Francia.
  • Rusia.
Triple Alianza.

  • Alemaña.
  • Austria-Hungria.
  • Italia.

Carreira Armamentista.

Como todos os países ven tan próxima unha guerra, sexa por un lado colonial ou polos problemas europeos, van a realizar unha política de rearme e concentración de industria militar. Os países preparanse conciunciudamente para una guerra, inventando novas armas, desenvolvendo novas técnicas de guerra ou novas formas de loita.

DETONANTE FINAL.

O detonanante final foi o asasinato dunha soa persoa, pero non se debe dicir que el foi o causante da guerra. Máis ben debemos dicir que foi a gota que fixo revosar o vaso. Este acontecemento tivo lugar cando o Arquiduque Francisco Fernando, próximo emperador do Imperio Austro-Hungaro foi a visitar Saraxevo. Saraxevo era unha nova rexión baixo o control austriaco dende había máis dunha década, pero que os Serbios consideraban parte da Gran Serbia. Serbia eran un país creado durante as Guerras Balcanicas de comezos do s. XX, e que aspiraba a crecer a costa dos seus veciños co apoio de Rusia. 
Un grupo terrorista coñecido como “Man Negra”, dedicabase a poñer bombas e a asasianr a autoridades austriacas en Bosnia. Nun deses atentados Gavrilo Princeps asasinou ó Arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa en Saraxevo en 28 de Xuño de 1914.

Todo isto acabou provocando toda unha serie de movementos de alianzas que levou a I Guerra Mundial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario