Crise do 98
Causas.
Insurrección Cubana
Durante o primeiro terzo do século XIX
España perdeu a maioría das súas colonias, empezando todo o proceso durante o
reinado de Fernando VII. Desta onda independentista España so conservou Cuba e
Puerto Rico en América, Filipinas en Asía e pequenos arquipélagos no Pacifico e
as colonias africanas que consolidara despois do Congreso de Berlín.
Pero que conseguirá manter esas colonias, non fixo que non houbera intentos revolucionarios e independentistas. Moitas veces estes intentos independentistas foron cauisasos polo descontento económico, debido a enorme cantidade de cartos que enviado como impostos a Metrópole, ou a negativa do goberno español a conceder certo grao de autonomía no autogoberno. En Cuba houbo intentos revolucionarios durante o 1868, pero o máis importante comezou en 1895, que se coñece co nome do "Berro ou Grito do Baire"; mentres que no caso de Filipinas a sublevación máis importante foi realizada tras 1897.
No caso de Cuba, os independentistas gozaron do apoio político e económico dos Estados Unidos: xa que estes pretendía ocupar o lugar de España como principal potencia económica de Cuba. A intervención militar dos Estados Unidos foi como consecuencia dun "accidente" provocado pola estoupido do Acoirazado Maine, que estaba fondeado no porto da Habana, en abril de 1898.

Insurrección nas Filipinas
As revolucións contra o poder español ven
dende 1896, pero vai ser cando comece a Guerra Hispanoamericana cando consegue
a independencia.
Guerra Hispanoamericana
No caso de Cuba, os independentistas gozaron do apoio político e económico dos Estados Unidos: xa que estes pretendía ocupar o lugar de España como principal potencia económica de Cuba. A intervención militar dos Estados Unidos foi como consecuencia dun "accidente" provocado pola estoupido do Acoirazado Maine, que estaba fondeado no porto da Habana, en abril de 1898. isto acabou provocando que a prensa estadounidense culpou de todo o goberno español en Cuba. Grandes medios de prensa dirixidos por Pullitzer e Hearst . Iniciaron unha campaña de prensa para que o goberno de Washington declarase a Guerra a España.
Esta campaña de prensa tivo éxito e o presidente T. Roosevelt declarase a Guerra a España. Esta guerra desenvolveuse en dúas frontes:
- Guerra no Pacífico. Na que os estadounidenses iniciaron a conquista e ocupación de Filipinas e os arquipélagos do Océano Pacífico.
- Guerra no Caribe. Na que as tropas estadounidenses atacaron Cuba e Puerto Rico.
As tropas españolas pese a que eran superiores en numero de tropas, eran inferiores en recursos, armas e preparación. Isto provocou que a flota española foi desfeita polos cruceiros de Guerra Americana. Para que vexades como era a situación. Mentres os españoles tiñan unha importante flota de guerra con barcos de vela e algún cruceiro acorazado a vapor, os estadounidenses dispoñían de toda unha flota de destrutores e barcos acoirazados de aceiro. ¿Adiviñades que lle pasou a flota española tras una par de batallas???
No caso do exercito de terra as cousas non foron moito mellor para os españois. As tropas españolas eran importantes, pero estaban mal equipadas (sandalias de esparto, fusiles anticuados, etc.), sen abastecemento de armas e municións, e sufrindo as típicas pandemias caribeñas (para as que non estaban vacinadas). Ademais no caso das tropas españolas: a maioría eran tropas que estaban facendo o servicio militar e non habían entrado antes en batalla. Todo esto levou a un enorme desastre militar do cal sairon destrozados polos americanos.
Estas tropas combateron como puideron, e nunhas condicións pésimas. Para que
vexades como era a situación: o numero de defuncións era maior por causa das enfermidades
que por acción de guerra.
Ante o tremendo desgaste para a economía española e as sucesivas derrotas militares das tropas españolas: o goberno español tivo que pedir a paz. Esta paz foi consolidade mediante a realización dunha conferencia en París, que levou a que España e os Estados Unidos firmaran en 1898 o "Tratado de Paz de París".
Entre as consecuencias máis importantes deste tratado temos:

Recoñece a Independencia de Cuba.
Recoñece a Independencia de Puerto Rico.
Recoñece a Independencia das Filipinas.
Consecuencias.
Rexeneracionismo.
Os acontecementos producidos durante a
Guerra do 98 demostraron que o goberno non estaba en condicións de facerlle
fronte a crise. Xa que cando comezou a guerra o goberno fixo un chamamento a
gloria e a fereza do imperio español, que ía derrotar sen problemas os
estadounidenses. Pero a realidade estoupoulle o goberno nas narices, provocando
a inestabilidade interna e unha necesidade de reorganizar o goberno.
A Crise do 98 acabou creando unha fonda crise moral e ideolóxica dentro de toda España, e fixo que aparecera un novo movemento ideolóxico coñecido como Rexeneracionismo. Este manifestouse de dúas formas: unha política, na que os partidos políticos queren reorganizar o sistema político e reconstruír o país; e unha intelectual que se coñece co nome de Xeración do 98.
No caso da versión política podemos ver que os defensores do Rexeneracionismo pretenden reformar o país dende a base, para volver a facer un país novo, moderno e estable. Para iso pretenden eliminar a corrupción política, reorganizar os sistema de Quendas Pacíficas, eliminar o caciquismo, incentivar a economía, ampliar as liberdades, etc.
No caso da órbita literaia podemos ver a Xeración do 98, na que toda unha serie de autores literios dan unha visión de Eapaña miserenta e desfeita. Ambos aspiran a crear unha nova visión critica do mundo no que viven.
Entre as figuras máis salientables temos: Unamuno, Pio Baroja, Valle-Inclán, etc.
Crise económica.
Creo que queda
claro que unha guerra tan desastrosa trouxo moitos problemas entre os que
atopamos unha profunda crise económica, como consecuencia da perda das colonias
e dos seus recursos economicos; a necesidade de recontruir o exercito e a flota
de guerra; etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario