30 marzo 2016

Os problemas da Restauración Borbónica.

A Restauración. Os problemas Internos.

Oposición dos Partidos Políticos excluídos da Quenda Pacífica.

Os principais partidos políticos opostos ó réxime da Restauración temos:
- Republicanos. Estes aparecen en varias tendencias ou partidos, pero moi poucas veces se mostran unidos ou cos apoios suficientes ata o final da monarquía de Alfonso XIII.
- Carlistas. Pese a que foron derrotados en sucesivas guerra e manteñen poucos apoios son un dos sectores máis opostos a Restauración. Concentra a súa forza nos Maestrazgos de Valencia e no Norte (Pamplona e Vascongadas).
- O Socialistas van crecendo en forza e importancia ó longo de toda a Restauración, cobrou especial importancia tras a fundación do PSOE en 1879 por Pablo Iglesias, aínda que en realidade non chegou a participar en política ata comezos do século XX.

 

O auxe do movemento obreiro.

Apareceron como consecuencia do aumento de liberdades que apareceron coa Constitución de 1876 e o aumento do peso dos proletarios dentro da sociedade. Gracias a labor de Canovas e Sagasta conseguiuse certa apertura dunha lei que permitía a reunión e asociación dos obreiros.
 
Isto levou a aparición de sindicatos, que van crecendo de forma gradual ó longo da Restauración. Entre estes destacan principalmente dous:

Anarquistas.

O movemento anarquista gozou dunha gran importancia en España durante a última parte do século XIX e o primeiro terzo do século XX.
O anarquismo acabou fundando en 1881 a FTRE ou Federación do Traballadores Rexional Española, que vai ter parte dentro da órbita do Movemento Internacional Anarquista, pero loso podemos ver grupos do a FAI ou Federación Anarquista Ibérica. Estas acabara coa creación dun sindicato anarquista que gozou dunha enorme forza e posición dentro de España a CNT ou Central Nacional de Trabajadores.
O Anarquismo mantivo unha importante presenza en toda España, aínda que gozou de especial importancia en Cataluña e Andalucía.

Socialistas.

O socialismo foi un movemento internacional que encaixou bastante ben en España durante a última parte do século XIX e gran parte do século XX. Este movemento socialista tivo importancia dentro da órbita política co PSOE ou Partido Socialista Obrero Español, e no ambito sindical con UGT ou Unión General de Trabajadores.

No caso dos sindicatos tivo unha maior presenza debido a que a UGT tivo presenza activa dende 1888, Participando na loita sindical e nas reivindicacións obreiras. Aínda que o PSOE tardar un pouco máis en ter presenza política: xa que foi en 1910 cando Pablo Iglesias consegue ser o primeiro deputado socialista no Congreso dos Deputados.
O socialismo arraigou moi pronto nas zonas urbanas e industriais, isto levoulle a ter unha enorme presenza en Asturias, País Vasco e Madrid.

Nacionalismo e Rexionalismo.

O Rexionalismo e o Nacionalismo son dous sistemas de oposición o sistema da Restauración que foi crecendo pouco a pouco ó longo do XIX.

O Rexionalismo foi unha reacción política fronte as políticas centralistas do gobernos de Madrid. Estes movementos queren marcar un certo grado de autonomía e autogoberno das rexións. Pero non pretenden realizar unha separación política de España, senón que o goberno central admita unha adaptación das políticas segundo as realidades locais ou rexionais. Este movemento inspirou tanto a formación de partidos políticos como toda unha serie de manifestacións culturais, artísticas ou literarias. A manifestación máis importante é a creación ou aspiración de autonomías ou gobernos autonómicos. Para diferenciarse dos nacionalismos, podemos ver como estes non cuestionan a unidade do Estado Español, que consideran unha situación adecuada, pero no que as rexións teñan autonomía e autogoberno.

Pero para ver unha evolución deste pensamento temos a creación dos nacionalismos, que pretenden a creación de unha nación nova e independente de España. Estes cuestionan completamente a necesidade de formar parte de España, a que consideran un estado opresor, que limita a súas liberdades e o seu beneficio. Moitos destes usan un modelo de nacionalismo de carácter historicista e de carácter centrifugo.

No caso de España hai tres puntos clave para as reivindicacións rexionalistas ou nacionalistas: Cataluña, País Vasco e Galicia. Todas estas comezaron a mediados do século XIX e foron collendo forza a medida que nos vamos aproximando o século XX

País Vasco.

O nacionalismo vasco ten unha versión moito máis reivindicativa de respecto ós seus foros e tradicións autóctonas, pero en moitos casos dende unha órbita carlista. Unha das situación máis peculiares do  País Vasco e Navarra, foi que defendeu os intereses do Infante do Carlos durante as Guerras Carlistas. Isto acabou provocando un castigo pola parte dos vencedores nas Guerras Carlistas: no que se lle retiraron certos privilexios ou foros tradicionais a rexión. Isto foi aproveitado polos movementos rexionalistas e nacionalistas para coller forza e peso nestas zonas: procurando conseguir a devolución dos foros dentro de España ou fora dela.

Cataluña.

No caso do nacionalismo catalán podemos ver como eles usan tanto a versión rexionalista e nacionalista, para combinar forzar e conseguir un maior peso na política española.
O nacionalismo catalán reivindicou o catalán como lingua oficial, así como un alto autogoberno. Este autogoberno manifestouse en:

Existencia de partidos políticos propios e autónomos.
Existencia de tribunais cataláns con autonomía e lexislación propia.
Existencia de unha autonomía, baseada nun estatuto de Autonomía e a creación de un goberno autónomo ( A Generallitat).
etc.

Todo isto foi manifestado en varios puntos, que foron postos por escrito no que se coñece como as "Bases de Manresa" en 1892.
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Bases_de_Manresa

Galicia.


En Galicia o rexionalismo tivo gran peso, mentres que o nacionalismo gozou de menor forza ou peso.
O rexionalismo tivo unha maior forza como movemento cultural e artístico, que como político.
Pero en Galicia podemos ver varias peculiaridades con respecto o tema:
- A loita contra o sistema anticaciquil. Un bo exemplo desa posición son os poemas de Ramón Cabanillas que presenta o sistema caciquil, como unha corrupción da política que lastra a evolución política e económica de Galicia. Este sería un dos primeiros puntos onde o rexionalismo foise unindo.
- O agrarismo foi un movemento de reivindicación campesiño para loitar contra o sistema foral e o caciquismo. Os labregos organizáronse en sociedades agrarias ou sindicatos agrícolas a finais do s. XIX. Pero non só tiña a loita contra os foros e os caciques, estes tamén buscaron a modernización da agricultura galega mediante a renovación ou modernización técnica e a comercialización dos produtos agrarios galegos.
Pese os múltiples intentos de converter o agrarismo en un partido político, non o conseguiu, e acabou diluído en moitas tendencias políticas diferentes: republicanos, socialistas, nacionalista e movementos de dereita católica. Esta acabou desaparecendo durante a II República e a Guerra Civil.
- O nacionalismo rexurdiu a comezos do s. XX nunha órbita cultural e literaria, encarnada nas Irmandades da Fala, que comezou en torno a 1916. Estes defendían que Galicia tiña as condicións necesarias para formalizar a creación dunha nación e un estado propio. Incluso propugnáronse ideas nas que se manifestaba a existencia dun nacionalismo centrípeto con Portugal. Ou a creación dunha Federación Ibérica na que estaría tamén Portugal.
A medida que evolucionou a política española os nacionalistas das Irmandades da Fala sumáronse o proxecto republicano e formalizaron unha alianza coa ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma), que obtivo un importante numero de votos.
Esta realidade permitiu que coa creación da II República se organizarase un novo partido que unira a todas as tendencias nacionalistas: o Partido Galeguista, fundado en 1931. Este marcouse como obxectivo a formación dun autogoberno galego mediante a creación dun Estatuto de Autonomía similar os que estaban creando os cataláns e vascos. O proxecto foi organizado en 1936, tras a vitoria dos partidos da Fronte Popular nas eleccións de Febreiro do 1936, e conseguiu o apoio de gran parte das forzas republicanas no Congreso. Pero debido os acontecementos da Guerra Civil foi paralizado, e tras a vitoria de Franco na Guerra Civil foi eliminado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario