05 marzo 2016

Formas de dominio dos imperios europeos nas colonias.








Formas de dominio imperialista.

No seguinte apartado vamos a tratar como organizaron os imperios os seus imperios ou dominios coloniais. Entre elas podemos tomar tres modalidades: colonias, protectorados ou concesións. Existen moitas modalidades máis, pero estas son as máis importantes. Cada potencia ten variantes ou modalidades máis concretas, pero iso non o imos tratar aqui, xa o veredes en Bacharelato, se colledes Historia do Mundo Contemporáneo.

Colonias.

As metrópoles exerceron un control directo o territorio. As potencias administran completamente o territorio: colocando funcionarios e institución controladas directamente dende o goberno da potencia colonial. As metrópoles conquistaron militarmente o territorio, e eliminan todas as institución de goberno anterior a conquista. Esto implica que as potencias eliminaron calquera tipo de goberno ou autoridade indixena, aínda que moitas veces non poden eliminalo de todo, pero elas intentano.

As Colonias e os tipos de colonias.

Colonia de explotación.

Estas son as colonias que se buscan a explotación dos recuros da colonias: materias primas.

Colonias de poboamento.

Son aquelas colonias que son aproveitadas para colocar o excedente de poboación da metrópole. Adoitan ser colonias que teñen un clima similar ou moi apetecible para que a poboación queira ir a emigarar.

Colonias estratéxicas.

As colonias que son creadaas por motivos estratéxicos, das que xa falamos antes, asi que non volvemos a tratar o tema.

Protectorados


As potencias asumen a autoridade o protección sobre un territorio o país, pero non teñen que ser conquistado militarmente, ainda que é moi normal que as potencias ocupen certas zonas.
A diferenza das colonias, estes territorio manteñen a súa organización política anterior.
Este goberno indixena debe organizar a vida interior do país, e da súa poboación indíxena, pero realizou un pacto coa potencia europea, para plegarse ós seus intereses a cambio de mantener a súa independencia política interna. Este pacto manifestase en que a colonia debe:
§  someterse ós criterios da potencia internacional en asuntos de política exterior.
§  mantener unha política económica de protección das compañías procedentes da potencia frente a outras potencias.
A súa condición depende dos intereses da metrópole, xa que os intereses da metrópole condiciona a política interna do fais, de forma directa ou indirecta.
Existem moitas versións de protectorado, pero os  británicos teñen varias versión ou modelos: o "Dominio" e "Mandatos".

Concesiones.

Existe unha terceira modalidade de dominio colonial: as concesións. Esta presentaba unha menor presenza da potencia europea e un alto grao de independencia.
As potencias esixen a diferentes paises un control sobre certa zona do país ou a concesión de certos privilexios. Este control era exercido  por amplos períodos de tempo dende décadas ata un siglo. Un exemplo moi bo, pode ser Hong Kong. Esta foi unha  concesión que obtivieron os ingleses de China por cen años.

As concesións consisten nun acordo comercial polo que se produce un asentamento nunha zona portuaria para facilitar os intercambios comerciales e a obtención de privilexios comercias con ese país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario