05 marzo 2016

A creación dos Imperios Coloniais.


Dentro da expansión imperialismo temos a expansión por varias zonas na que podemos diferenciar varias zonas.

África.
Dentro deste continente temos unha presenza colonial dentro de puntos costeiros dende antes do S.XIX, pero vai ser neste século cando vai a comezar a existir unha carreira para controlar todo o continente.
Vai ser especialmente a partir de 1870 cando as potencias europeas comezan a manifestar un especial interese pola conquista de novos territorios en África.
En especial destacan dúas potencias que aspiran a controlar África:
  • Os británicos que aspiran a crear un imperio colonial que vai dende Exipto ata Sudáfrica. Intentando crear un imperio que una África de Norte a Sur.
  • Os franceses que controlan puntos costeiros do Mediterráneo (Arxelia) e da costa Atlántica. Isto lévalles a intentar crear un imperio Leste a Oeste. 

Logo temos a toda unha serie de países máis que aspiran a exercer o seu control dentro da zona. Entre os principais temos que destacar a España, Portugal, Bélxica, Italia e Alemaña. Podedes guiarvos polo mapa.



Para poder organizar de forma coordinada esta ocupación as potencias europeas intentaron chegar a un acordo, para evitar os enfrontamentos directos. Isto levou a Bismarck a organizar unha conferencia en Berlín en 1885 para manter o equilibrio europeo. Nelas establecéronse unha serie de acordos:
  • Libre navegación polos ríos Níxer e Congo. 
  • A liberdade de comercio no Centro de África.
  • Establece a normas de ocupación dos territorios.
    • A ocupación dunha franxa costeira permitiría a ocupación do territorio interior.

Asia.
No caso do continente asiático as potencias europeas atopáronse con imperios ben organizados, que plantexaron serios problemas o control europeo. As causas destes problemas era que existían antigos imperios que estaban ben organizados como China, Persia. Isto levou a que os imperios coloniais optaron por realizar sistemas de concesión ou o reparto de areas de influencia.
Pero iso non lle impediu as potencias a controlar importantes rexións. Por exemplo, os británicos controlaron case todo o subcontinente indio (Afganistán, Paquistán, India, Bangladesh), Malaisia e Birmania (actual Myanmar). Mentres que os franceses controlaron a maior parte de Indochina, que correspondería con: Laos, Camboxa, Vietnam. Mentres que as potencias menores van a ser Holanda que controla Indonesia, e Xapón que controla Corea e Manchuria.
Cabe destacar que China vai ser un país no que todas as potencias imperialistas van a intentar meter baza, pero so o van a conseguir mediante o sistema de concesións.
Como elemento anecdótico, España posuía en Asia as Filipinas dende os s. XVI, pero debido a guerra Hispano-Estadounidense de 1898, vai pasar a mans dos Estados Unidos de América.
Portugal tamén vai a posuír pequenas posesións en China, como a rexión de Macao, que lle levará a conseguir importantes beneficios económicos.
América.
No caso de América as potencias europeas van exercer o control de pequenos puntos, pero so é salientable a posición de Estados Unidos que consegue o control de
Puerto Rico, Panamá e Cuba.

Oceanía e o Pacífico.
Neste caso a vitoria vai ser dos británicos que controlan a maioría das rexións, xa que controla Australia, Nova Zelandia, Tasmania e gran parte de Nova Guinea. A presencia das outras potencias e anecdótica, co control de pequenas posesións ou arquipélagos.
Alemaña:
Controla os arquipélagos das Marianas, as Illas Bismarck, as Illas Marshall, etc.
Controla parte de Nova Guinea.
Francia:
Controla Nova Caledonia.
Estados Unidos:

Controla os arquipélagos de Hawaii e Midgay.

Ningún comentario:

Publicar un comentario