06 marzo 2016

Consecuencias da I Guerra Mundial


 
Unha das consecuencias máis importantes da Gran Guerra foi a enorme perda de vidas humanas. En xeral estimase que morreron máis de de 10 millóns de soldados, o que debemos sumar máis de 20 millóns de feridos ou mutilados de guerra. A isto debemos sumar as perdas da poboación civil, dificilmente cuantificables, como consecuencia das operacións bélicas, a falta de alimentos e a gripe española. Todo elo provocou unha enorme perda de poboación en Europa.

Logo temos que analizar as consecuencias económicas, nas que podemos ver os seguintes factores:

  • O ascenso de dúas novas potencias económicas: Estados Unidos e Xapón, que non sufriron grandes perdas humanas nin económicas. Ambas aproveitaron a debilidade das potencias europeas para desenvolver o seu aparato industrial e comercial.
  • A destrución dos medios de produción e as infraestruturas ó longo das diferentes operacións militares.
  • A reconversión da industria bélica foi outra das consecuencias do fin da guerra. As necesidades bélicas impulsaron o intervencionismo económico dentro da órbita nacional, o que lles levou á reconversión de numerosas empresas e industrias para cubrir as necesidades bélicas; pero unha vez que a guerra rematou, tiveron que volver a reconverterse para poder ser economicamente sostible: isto supuxo un enorme gasto en diñeiro e recursos humanos.
  • Recomposición do mundo das finanzas. A I Guerra Mundial provocou o aumento da débeda interna dos países belixerantes, por medio do uso das súas reservas de ouro e a venta de bonos de guerra, e o endebedamento con países estranxeiros (especialmente con los Estados Unidos). Isto provocou ó final de conflito: inflación, desequilibrio da demanda e a desvalorización das moedas europeas. En estes momentos Estados Unidos converteuse no Banco do Mundo, e o Dólar desprazou á Libra Esterlina como moeda de referencia nos grandes intercambios internacionais.

Dentro das consecuencias políticas temos toda unha serie de elementos entre os que podemos destacar a vitoria dos sistemas políticos democráticos sobre as grandes potencias autoritarios, e a afirmación de cada pobo ten dereito a dispoñer de si mesmo. Aínda que en realidade, o que supuxo foi a desaparición de los Imperios Alemán, Ruso, Austríaco y Otomano.

Isto determinou o cambio das fronteiras de Europa Central e Oriental, coa creación de novos países como: Polonia, Checoslovaquia, Hungría, Austria, Iugoslavia, Estonia, Letonia, Lituania, Finlandia, etc. Pero o mesmo tempo, supuxo a modificación das fronteiras de moitos dos países, e as posesións coloniais de moitos deles.

A guerra desarticulou moitas das institucións da monarquía e o Antigo Réxime, que sobreviviron en Europa Oriental. Muchos dos novos estados creados, son creados como Repúblicas, cun claro carácter democrático. Tendencias que apenas duraron ata a década de 1930.

O desenvolvemento das situacións políticas –ademais de económicas e sociais –críticas: potenciaron o aparición de faccións políticas autoritarias o totalitarias o longo de gran parte de Europa, durante o período de entreguerras, que chegaron ó poder. Isto permitiu o desenvolvemento de fenómenos como o Nazismo ou o Fascismo.

Unha das consecuencias sociais máis importante foi o desenvolvemento dunha enorme axitación social, cunha serie de revoltas ou movementos de carácter socialista, comunista o Anarquista. Tamén o desenvolvemento do feminismo, xa que as reivindicacións da muller cobran importancia debido: ó papel da muller dentro da guerra (participación nas fábricas, substituíndo ós homes nas actividades da retagarda, etc.). As reivindicacións das mulleres foron: o acceso a las ensinanzas superiores, a igualdade xurídica da muller e o dereito ó voto da muller.

Outra das consecuencias foi a posición dos excombatentes á volta a casa. Moitos deles estaban mal adaptados ás condicións de paz, o críticos coas condiciones da paz, mobilizáronse. Estes consideraban que o seu sacrificio non era compensado pola sociedade. Estes grupos foron especialmente activos en Alemaña e Italia, formando grupos o ligas. Estes considerábanse a si mesmo como gardiáns da orde publica fronte ás alteracións obreiras. Fomentaron, en moitos casos, gobernos de tipo autoritario. Isto acabou creando un revanchismo, que foi unha das causas da II Guerra Mundial.

A guerra supuxo unha enorme caída dos valores do s. XIX e la quebra dos principios do humanismo. Isto tivo como consecuencia un movemento de oposición na cultura e na arte, que foi representado polas Vangardas. Ainda que isto xa o trataremos con máis calma, se temos tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario