05 marzo 2016

Consecuencias do Imperialismo.

Consecuencias do Imperialismo.



Para os pobos colonizados.

En principio consideramos que para as rexións colonizadas, as consecuencias  son negativas, porque poucas cousas boas implantaron ou conseguiron as colonias. Pero entre as principais temos a creación de novos paises de forma arbitraría. Unha boa forma de vela, e o actual distribución de África, onde moitas fronteiras son liñas rectas provocadas polo respartos de territorios feitos polos imperios coloniais, sen ter en conta os intereses dos seus propios habitantes indixenas.

Economía.

As potencias imperialistas alteraron a economía tradicional das diferentes rexións que dominaban. Esta podemos vela en diferentes aspectos:

A agricultura orientase cara as necesidades da metrópole.

As novas autoridades provocaron un cambio na mentalidade e na produción agrícola das colonias. Agora as colonias van producir todo aquelo que a Metrópole reclama: motivo polo cal van a substituir os cultivos, polos cultivos comerciais que se orientan cara os mercados internacionais.

Impiden o desenvolvemento industrial.

Impiden o propio desenvolvemento das rexións a nivel industrial, por un motivo egoista: que as colonias dependan dos produtos manufacturados pola metropole. Eso fai que toda a industria que consideran inadecuada sexa eliminada ou reformulada segundo os intereses da potencia colonizadora.

Impuxeron un sistema comercial desigual.

Para os grandes imperios o seu interese é claro, gañar cartos ou beneficios coa colonia. Por iso, crean un sistema comercial desigual: onde as colonias deben vender os sesu produtos a un baixo prezo, pero deben comprar os produtos industriais o prezo que determina a metrópole. Iso acaba creando unha balanza comercial deficitaria, e a perda de todo posible beneficio para as colonias.

Crearon infraestruturas segundo as necesidades da metrópole.

Si é certo que as potencias coloniais crearon toda unha serie de infraestruturas novas e dinámicas para as colonias, pero non o crearon co interese de mellorar a vida dos seus habitantes, nin para potenciar os intereses da colonia. Eles bucan que as infraestutras sexan o máis beneficiarias ós seus interes: portos para transportar as materias primas cara Europa, vías de ferrocarril para achegar as materias primas ós portos, etc.

Sociedade.

Na maioría das colonias estableceron unha nova organización social, na que a minoria estranxeira (os brancos que viñan dende a metrópole) controlaba a maioría  indixena.

A situación dos gobernos.

Os gobernos locais son eliminados e controlados polos gobernos imperialistas. Diso xa falamos durante os tipos de colonias e os protectorados. Hai diferentes modalidades, pero en realidade, podemos dicir que as colonias son gobernadas e controladas polas autoridades da metrópole.

Ideoloxia e cultura.

Dentro das consecuencias ideolóxicas podemos vir como aparecer un sistema de eliminación das culturas tradiciónais. Isto é un método para exercer un control ideolóxico sobre as poboación ideolóxicas. A idea era impoñer a mentalidade e ideoloxia das metropoles, eliminando sistematicamente todos os rasgos de individualismo das colonias. Este ten como obxectivo de que as poboacións se identifiquen cos valores da metrópole, e así facilitar o dominio da poboación indixena.
Neste caso temos que os pobos indixenas acaban aprendendo os idiomas europeos e son obrigados a esquecer o seus idiomas indixenas e as súas practicas culturais. Chegou a tal estremo, de que prohibian as practicas ou repimian os actos culturais ou lingüisticos.
Introdución da cultura da metrópole.

Para os Imperios Coloniais.

Dentro da órbita dos imperios coloniais temos unha visión diferentes, vendo cousas positivas e negativas.

Positivos para os imperios.

Coñecemento de novas civilizaciónes e culturas.

OS imperios coñeceron e expoliaron toda unha serie de elementos culturais de grandes civilizacións, como por exemplo os británicos expoliaron todo exipto e marabillosa cultura faraónica.

Aumento da paz social dentro das metrópoles.

As potencias europeas conseguiron mediante a creación dunha valbula de escape para as poboacións. As colonias son unha forma de que a poboación teña unha saída para a miserie a e o malestar social. As colonias son lugares onde poden traballar e facerse ricos, ou polo menos poden intentalo. Eso permite evitar que a conflictivade social sexa menor ou este máis controlada.

Aumento do poder económico.

Creo que non fai falla que explique moito o aumento da riqueza das metropoles grazas o control das colonias. Entendedes moi ben, que iso trouxo un aumento do poder económico para as potencias colonias.

Aumento do poder político.

As potencias controlan moitos máis territorios, son máis ricas, controlan a máis poboación e consiguen aumentar o seu poder a nivel internacional. Isto creo que deixa claro que fai aumentar o seu poder político.

Negativos.


Pero tamén tivo consecuencias malas para as potencias imperialistas. Xa que isto tivo dúas consecuencias negativas: agudizou os enfrontamentos entre as potencias coloniais e foi unha das causa a I Guerra Mundial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario