05 marzo 2016

Causas do Imperialismo.

CAUSAS DO IMPERIALISMO

Factores políticos.

As grandes potencias aspiran a ocupar unha posición no panorama internacional mediante a posesión de colonias. Para a maioria das potencias europeas a posesión de colonias implica a existencia dunha posición de forza dentro do panorama internacional. Iso acaba implicando, que cantas máis colonias tes, máis importante eres a nivel internacional.  Ainda que en realida moitas veces os propios dominiso coloniais de algunhas potencias eran meros territorios sen apenas interes económico, pero ter o control da zona lexitimaba un status de potencia.
Un bo caso é o de Francia que acaba dominando o Sahara, realmente este territorio é deserto sen apenass valor estratexico ou economico; pero a súa extensión fixo que fora unha demostración de que Francia era unha potencia de primeira categoria, aínda que en realidad apenas sacou tanto beneficio como sacaron os Belgas do Congo ou os alemans.

Factores Estratéxicos.

Existen varios motivos para establecer as colonias por razones estratéxicas:

Acceso a recursos.

Entre os principias motivos para conseguir as colonias era controlar puntos estratéxicos, xa que as colonias poden traer acceso a recursos importantes para a Metrópole, como por exemplo: recursos enerxeticos, control de recuross alimenticios, etc.

Control de rutas comerciais.

Pero o valor estratéxico dunha colonia pode ser por outros motivos, xa que a posesión de puntso estratéxicos que permiten controlar diferentes rutas comerciais. Por exemplo os británicos estableceron toda unha serie de pequenas colonias por todo o mediterráneo para poder controlar unha ruta comercial que comunica o Reino Unido con Exipto, e dende Exipto controlar a Canle de Suez, que lle permite o acceso dos barcos a unha ruta segura coa India. Un exemplo diso son o establecemento de dominios colonias en Xibraltar, Malta, Chipre, Creta, etc. Estas illas e puntos costeriros non teñen recursos importantes, ni grandes riquezas, pero permitianlle ós británicos manter o control dunha ruta marítima que comunicaba Exipto e Reino Unido. Estas colonias permitianlle dispor de portos seguros onde os seus barcos podían abastecerse de alimentos, auga, combustible, etc.  E portos seguros onde fondear en temporais ou desastres.

Control de puntos militares clave.

Pero hai outro elementos que nos pode indicar a posesión dunha colonias por motivos estratéxicos: a posibilidade de conquistar novos territorios que teñan interese económico. Un bo exemplo pode ser o control das costas sudafricanas, en moitas ocasións son sonas semideserticas, pero o seu control permite o acceso a o interior de Sudafrica, onde existen zonas de ricas en diamantes e ouro, e onde poden darse importantes recursos agrícolas e gandeiros.

Factores demográficos e sociais.

O desenvolvemento da II Revolución Industrial potenciou o desenvolvemento dun aumento da poboación de Europa, pero en moitas ocasión esto acaba provocando un exceso demográfico de moitos paises europeos. Isto comezou a preocupar as diferentes potencias, xa que temen o estoupido de revolución de corrente anarquista ou marxista.  Para poder evitar iso, intentan darlle unha valvula de escape as poboación, e nesto é onde entran as colonias. As colonias poder absorver o excedente de poboación e aliviar as tensión sociais dentro das metropolis. Dalle a oportunidade as clases humildes de buscar un futuro mellor, onde se poidan facer ricos.
Pero o mesmo tempo, as potencias intentan favorecer o patriotismo e a identificación das masas cos problemas políticos. O imperialismo busca potenciar a idea de que o benestar da nación e o benestar dos seus cidadáns. Asi que as vitorias dos imperios e a consolidación da posición internacional da metropoli, acaba vinculandose ideoloxicamento co benetar da poboación.

Factores ideolóxicos.

Darwinismo Social.

Mitos sobre a superioridade da raza blanca europea. Esta teoría basease nunha mal interpretación das teorias de Charles Darwin sobre a evolución, pero que neste caso queren ser aplicadas a sociedade.
Nesta teoría manifestase que as sociedades crecen, nacen e evolucionan. Neste proceso evolutivo as sociedades mellor preparadas e mellor adapatadas a realidade ambiental teñen máis posibilidades de sobrevivir. Isto supon que sobreviven as sociedades máis fortes, e as outras están destinadas a desaparecer.
Na práctica, esto supón que as sociedades superiores, que eles consideran que son as europeas, teñen o dereito e o deber a dominar un espacio maior, que as sociedades en declive (o resto do mundo). Isto dalle autoridade moral para impoñerse sobre esas sociedades africanas, asíaticas, americanas ou de Oceanía.
Isto leva a crenza na superioridade da raza branca sobre o resto de grupos do planeta.
Cousa que como veremos non é certo.

Difusión do cristianismo.

Debido as teorias como o Darwinismo Social, e todo ese conxunto de ideoloxías racistas, os europeos van consdiderar que a súa cultura é superior a dos demais. Isto vai levarlle a impoñer a súas crenzas no mundo e a impoñer a súa visión relixiosa: o cristianismo. En moitos casos unha das politicas para incentivar o Imperialismo vai ser a expansión do cristianismo (católico ou potestante). Así é como se ve toda unha serie de misións relixiosas, que impoñen os dogmas relixiosos europeos os pobos sometidos.
Un bo exemplo vai ser a colonización de Livingstone, un sacerdote que se introduciu no medio de África para "educar ós pobres habitantes de África na verdadeira Fé". Aínda que o episodio máis coñecido é a busqueda de este por Stanley, un chistoso episodio do imperialismo.
Dentro desto temos dúas grandes versións: católicos e protestantes.

Espíritu de aventura

Descubrimientos científicos.

Existen toda unha serie de persoas que estan interesada en coñecer mellor o mundo en diferentes ambitos: xeográfico, biolóxico, etc. E moi importante o desenvolvemento de teorías cientificas a través da experimentación e isto é mellor en zonas onde a civilización occidental non manipulara o medio ambiente: África, América ou Oceanía.
Asi acaban facendose exploracións para descubrir ou demostrar teorías.
Son destacados a aparición de sociedades cientificas que van a desenvolvolver proxectos cientificos, ou a aparición de sociedades cientificas por todo o mundo. Sociedade que moitos coñeces, pero seguro que non sabedes que son desta época. Entre as máis coñecidas temos: a Royal Society (A Real Sociedeade Cientifica do Reino Unidos) ou National Geographic (algo similar en Estados Unidos)

Exploración de territorios desconocidos.

Unido ó anterior vamos a atopar a toda unha serie de persoas, que aspiran a converterse en novos descubridores e ser famosos. Esto leva a toda unha serie de persoas a buscar a fama e a gloria na busca e colonización de territorios novos: son famosas a expedición o Polo Norte e a Antártida, así como escaladores que pretenden conquistar as cimas do mundo. (Everst, Kilimanjaro, etc.)

Mitos sobre que a raza superior, a civilización occidental, debe sacar do atraso e a barbarie ó resto do mundo.

Agora pode parecer unha broma, pero moita xente segue tendo esta mentalidade hoxe en día. No século XIX moitos europeos, moitos hoxe en día,  consideraban que a súa civilización é superior á dos demais, e como superior ten a obriga moral de educar o resto de sociedades cara o futuro. Iso leva a considerar a esas civilización como nenos, ós que teñen que educar e protexer. Estas sociedades actuaban de forma paternalista, actuando como si estes países foran nenos pequenos, que non saben facer nada útil. O deber dos europeos é gobernar esas rexión, ata que as poboación aprendan os modos de vida e política europea.
Ben, vendo o que aconteceu despois..... Creo que considerar que os europeos eran superiores: é moi discutible. Creo que os europeos portaronse como uns abusóns, que pretendían educar, aínda que en realidade o seu interese era conquistar, dominar e controlar os recurso; pero no que as poboacións pouco lles interesaban.

Factores Económicos.

Pero quizais os factores máis importantes son os económicos, entre os que destacan tres aspectos:

Obtener materias primas a prezos baratos.

Pois todas as potencias estan involucradas na II Revolución Industrial, polo cal estan involucrados nunha carreira por poder conseguir vender os seus produtos os reducir os costes de produción. Unha das formas de reducir os costes de produción é un acceso máis barato as materias primas, e aí e onde entran en xogo as colonias. As colonias son uns novos terriotiro a explotar para conseguir todo tipo de materias primas. Isto vai provocar a súa vez unha carreira conseguir eses novos recursos, que van a ter un prezo de coste.

Lugares onde realizar investimentos.

Pero como xa antivcipamos estamos involucrados na II Revolución Industrial, asi que buscamos tamén lugares onde os grandes capitalistas poidan invertir os seus cartos e conseguir pingües beneficios. As colonias son un bo mercado onde invertir, xa que as colonias acaban sendo un mercado en monopoloio para certos países, iso fai que certas empresas consigan máis beneficios que outras. Esta situación vai ser aproveitada por moitas persoas para invertir nas colonias. Esas persoas van a potenciar que os paises imperialistas busquen novas colonias, e en moitos casos van a proporcionar recursos para a colonización de estas rexións.

Obtener mercados protexidos,onde vender os seus produtos manufacturados.


Por si non quedou claro, vouno repetir de novo: estamos na II Revolución Industrial. Iso condicionou unha carreira pola compra de materias primas baratas, a inversión de recursos, pero tamén pola busca de novos mercados onde vender os produtos fabricados na metropole. As colonia ofrecen unha vantaxe moi importante son controladas economicamente pola metrópole, asi que elas determinan con quen e con quen non poden comerciar. Iso acabou creando unha cousa moi vantaxosa para as metrópoles: creación de mercados pechados para os produtos doutros paises. As colonias so podían comerciar libremente coa súa metropole, e para as demais potencias dbeen pagar cuantiosos impostos nas alfabndegas para poder comerciar coas colonias. Estes impostos na maioría das ocasións, son tan altos, que non compensan o negocio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario