30 outubro 2015

A aparición da I Republica Francesa.


A creación da República veu como consecuencia dos intentos de acabar coa Revolución por parte dos exércitos estranxeiros e o apoio do Monarca a eses exércitos. Isto ratificouse co intento de fuxida, máis coñecida como “Fuga de Varennes”, na que Luís XVI e a súa familia intentan fuxir para buscar o auxilio dos exércitos austríacos. Todo isto, e os chamamentos dos exércitos austríacos para a liberación do Monarca, provocaron un sentimento de repudio, que provocou a súa destitución e a proclamación da República Francesa.
Nesta revolta que provoca a caída da monarquía tiveron unha especial importancia os sans-culottes, grupo radical formado polas clases populares de París.
  1. A Convención Xirondina.
  • O goberno pasa a mans dos Xirondinos.
  • Levaron a cabo o xuízo a Luís XVI, e concluíron a súa condena a morte.
    • Consecuencia da Condena a Morte:
      • Tódalas potencias europeas alíanse para destruír a República Francesa e os ideais da Revolución.
      • Aparecen rebelións contra o sistema liberal dentro de Francia, coñecida co nome de Contrarrevolución. Estes estaban formados por grupos realistas e defensores do absolutismo.
  • Establecese unha convención Nacional, Asemblea Nacional Constituínte, co obxectivo de elaborar unha Constitución para a creación dunha República.
  • Houbo toda unha serie de revoltas como La Vendée, na que os campesiños e parte do privilexiados, subleváronse contra o goberno dos Xirondinos. Nesta revolta hai unha mestura de odio os revolucionarios, oposición a guerra contra a Coalición de exércitos europeos, as levas forzosas de tropas, a falta de alimentos, etc.
  1. Convención Xacobina.
Os xacobinos toman o poder debido a situación desesperada do goberno Xirondino, que se ve afogado polos exércitos estranxeiros as portas de París, os levantamentos Contrarrevolucionarios dentro de Francia e a oposición dos Sans-Culottes e os Xacobinos. Estes últimos propician un golpe de Estado e fanse co poder o 1 de Xuño de 1973.
Medidas do Convención Xacobina:
  • O goberno queda en mans do “Comité de Salvación Publica”, controlado por Maximilien Robespierre (líder do sector máis radical dos Xacobinos). Este consello encargase do goberno diario de Francia (executivo) e ten capacidade lexislativa.
  • Proclámase unha nova Constitución (1793), baseada nunha Democracia máis social.
    • Sufraxio Universal Masculino.
    • Soberanía Popular.
    • Ampliación das liberdades individuais.
    • Ampliación da Igualdade.
  • Medidas de carácter social:
    • Control de prezos e salarios.
    • Distribución de Bens dos Contrarrevolucionarios (nobreza, clero, etc.)
    • Peche de Igrexas e a creación dunha nova relixión: o Culto a Razón.
  • Establecemento da Política do Terror.
    • Esta política ten como obxectivo a consecución dos ideais revolucionarios a calquera prezo.
    • Suspensión das liberdades individuais no caso dun beneficio social ou beneficio do Estado.
    • Castigase con Prisión ou morte a oposición a calquera medida do goberno.
    • Establecese unha “Lei de Sospeitosos”, para erradicar calquera síntoma de disidencia ó goberno.
  • Creación dun Exército Francés para facer fronte ós inimigos exteriores.
    • Establece o Servizo Militar Obrigatorio entre os 18 e 25 anos.
    • Exército organizado de forma ríxida e modernizada.
Consecuencias da Convención Xacobina.
  • Derrotáronse militarmente os exércitos enviados pola coalición europea en 1794.
  • Houbo una eliminación sistemática de tódolos sectores opostos a Revolución.
  • O uso dunha represión excesiva provocou o malestar de gran parte da sociedade. Isto provocou un golpe de estado favorecido polos sectores burgueses. Neste golpe de estado eliminouse a Robespierre e os seus seguidores máis próximos.

    C) A Convención Termidoriana.
    Tras o Golpe de Estado que derrocou o Comité de Sanidade Publica, o goberno recaeu nos moderados, e instaurase a Convención Termidoriana que realizaron as seguintes medidas:
    • Cerrouse o club dos Xacobinos, facendo unha limpeza de todos os sectores radicais.
    • Suprímese a Constitución de 1793, e organizase unha nova Asemblea Constitucional que realizara a nova Constitución en 1795.
    • Realizou toda unha serie de reformas económicas, para potenciar o desenvolvemento do liberalismo e eliminando todas as medidas propostas polos xacobinos
    Pese a que as cousas se calmaron un pouco o novo goberno tivo que facer fronte a varios inimigos: os xacobinos e sans-cullotes, que pretendían volver ó poder; os monárquicos e absolutistas, que pretendían volver a instaurar o Antigo Réxime; e as potencias estranxeiras que seguían tendo medo da difusión das ideas revolucionarias.
    Dentro do seu goberno acaba proclamándose unha nova Constitución en 1795, que ten un carácter claramente moderado, que se manifestou nos seguintes puntos:
    • Sufraxio censatario.
    • O goberno queda en mans do Directorio, que se fai cargo do poder Executivo.
    • O poder lexislativo queda dividido en Dúas Cámaras:
      • Consello dos Cincocentos.
      • Consello de Anciáns.
     

As diferentes faccións ou tendencias políticas que aparecen durante a Revolución Francesa.


Durante todo este proceso vemos como houbo un enfrontamento directo entre os antigo poderes, os privilexiados, e as novas institucións creadas polo novo goberno revolucionario. Neste conflito tivo especial importancia o monarca. Luís XVI tivo que xurar a Constitución, forzado pola Asemblea, pero sempre se mantivo hostil a calquera das medidas reformadoras.
Isto levou a que houbese varios Grupos ou Tendencias Políticas da Revolución Francesa.
  • Xirondinos. Formado polos sectores máis moderados da burguesía e da nobreza. Buscaba un liberalismo baseado na defensa das liberdades e o dereito de propiedade privada. Defende o uso da Soberanía Nacional e dun sistema de sufraxio de tipo censatario. Moitos deles opuxéronse a condena a morte de Luís XVI.
  • Xacobinos. Nome da familia política máis radical. Busca o apoio dos sectores burgueses e das clases populares. Defenden a Soberanía Popular, a igualdade de tódolos individuos e que as liberdades individuais deben estar suxeitas o beneficio de toda a sociedade. Aspiran a proclamación dunha República. O seu líder máis carismático foi Robespierre.
  • Contrarrevolucionarios. Formada por todos aqueles sectores opostos a Revolución Francesa e os seus principios. Defenden a volta ó Absolutismo. Estaba apoiada por sectores da nobreza, o clero e os campesiños prexudicados polas reformas ocasionadas durante a Revolución Francesa.
     
Durante todo este período os conflitos e loitas entre as diferentes tendencias políticas levaron a inestabilidade do goberno. Pero isto foi máis problemático debido as tensión provocadas polos campesiños, a escaseza de alimentos e os intentos de gobernos estranxeiros de “restablecer a orde” en Francia. Con isto quero dicir, que os monarcas europeos temían que a revolución se estendera polo resto de Europa, e querían volver a instaurar o poder de Luís XVI. Isto levou a Declaración de Pillnitz ((25 de Agosto de 1791), no que o monarca austríaco pide unha alianza co resto de monarcas europeos para restaurar o goberno anterior.

A Asemblea Lexislativa ata a caída da monarquía.


Iniciouse un proceso de Disolución de Antigo Réxime durante o proceso de formación do novo Goberno. Mentres a Asemblea Constituínte tomaba as decisións para formalizar a Constitución realizáronse toda unha serie de medidas.
  • Abolición dos dereitos señoriais e feudais. Isto foi realizado mediante un Decreto publicado o 4 de Outubro de 1789. Con isto pretendía dúas cousas: gañarse o apoio do campesiñado e quitarlle o poder os privilexiados para que aceptaran negociar co novo goberno.
  • Establecese a “Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán” o 26 de Agosto de 1789. que establece unha sociedade igualitaria, e que establece:
    • Recoñece a igualdade de tódolos homes.
    • Establece unha serie de liberdades (pensamento, expresión, culto, etc.).
    • Elimina a sociedade baseada nos privilexios de clase.
Establecese unha constitución en 1791, que establece un sistema liberal:
  • Monarquía constitucional como forma de goberno, .
  • Establece un sistema de división de poderes do Estado:
    • Executivo. O poder é exercido polo monarca.
    • Lexislativo. A Asemblea Lexislativa1 é a que exerce o seu control.
    • Xudicial. Exercido polos tribunais de xustiza.
  • Establece un sistema de Soberanía Nacional, que reside no monarca e no Parlamento.
  • Establece a igualdade legal de tódolos individuos.
  • Establece un sistema de sufraxio masculino de carácter censatario, e este sufraxio ten un carácter indirecto.
  • O monarca conserva un importante peso, segue sendo o xefe de Estado e posuía dereito de veto sobre as decisións tomadas polo Parlamento.
  • Moitas das decisión políticas foron realizadas despois polo Parlamento, que realiza as leis polo miúdo.
  • Creouse un grupo para o control da orde publica: a Garda Nacional.
  • Iniciouse unha serie de reformas dentro da Igrexa:
    • Iniciouse un proceso de desamortización de boa parte dos bens eclesiásticos.
    • Organizou un sistema de financiamento do culto e da súa constitución.
1 Nome que recibe a partir de agora a Asemblea Constitucional. Unha vez que cumpre o seu labor de realizar a constitución, debe ocuparse de lexislar.

28 outubro 2015

Estoupidos da Revolución Francesa.


O Intento de Reforma Política e Fiscal.


O elevado gasto do Estado levou o rei (Luís XVI) a intentar unha reforma política, na que se obrigase ós privilexiados a pagar impostos. Esta reforma foi organizada por Jacques Necker, un dos máis admirados ministros de Luís XVI. O obxectivo desta reforma era conseguir que se instaurara un imposto sobre a propiedade privada das terras, e que fora pagada por todos os sectores sociai, incluíndo os nobres e o clero. Isto provocou unha reacción de oposición política dos sectores privilexiados, que convocaron os Estados Xerais.
Estados Xerais.
    • Asemblea de orixe medieval, onde participaban os representantes de cada un dos estamentos.
    • Cada Estamento posuía un só voto. Habería moitos representantes de cada un dos estamentos, pero todos votan de forma conxunta.
    • Tiña a capacidade de vetar leis, pero non tiña a capacidade de impoñer as súas decisións o rei.

 Estoupido da Revolución.

Durante os meses anteriores a Revolución Francesa convócanse os Estados Xerais en 1789, en Maio de 1789 como un medio polo cal os privilexiados podían frear a nova política de impostos de Luís XVI. Xa que os nobres, pese a que teñen un poder limitado, conseguen frear as medidas de Necker. O monarca vese obrigado a negociar, e acepta que se convoquen os Estados Xerais para poder negociar unha reforma fiscal e conseguir máis impostos para a Facenda Real.
Pero un dos problemas máis importantes era que os Estados Xerais non eran convocados dende había máis dun século, e non había representantes electos de cada un dos estamentos. Houbo que facer unha selección dos representantes. Isto foi aproveitado por parte de todos os estamentos para presentar toda unha serie de propostas o monarca: mostrando toda unha serie de queixas sobre a situación de Francia e como poder mellorar a situación. Estas propostas foron chamados: Cadernos de Queixas.
  • Os Cadernos de Queixas eran cadernos, onde os diferentes Estamentos presentaban as súas queixas e peticións ó monarca.
    • Nobreza. Pedía a supresión do novo imposto proposto polo monarca e manter os seus privilexios.
    • Clérigos. Pedían a supresión do novo imposto e manter dos privilexios do clero.
    • Terceiro Estado.
  • Pedían a consolidación do novo imposto.
  • Pedían o cambio no sistema de votación nos Estados Xerais. Eles pedían un voto por representante e a supresión de voto por estamentos.
  • Que o terceiro estado tivese máis peso nas decisión políticas.
  • etc.
Ante a negativa do monarca de facer caso os cadernos de queixas propostos polo Terceiro Estado, e continua mantendo o o sistema dos Estados Xerais de un voto por cada Estamento: o Terceiro Estado decidiu abandonar os Estados Xerais e reunirse na Sala do Xogo de Pelota1. Este foi un símbolo de negación do poder dos Estados Xerais, que non representaban a Nación e cuestionaba o poder do monarca.
Entre as razóns que lle levaron a instaurarse alí temos:
  • O Terceiro Estado decide que eles son os posuidores da Soberanía, e os Estados Xerais non representan a Francia (A Nación).
O certo é que os representantes do Terceiro Estado consideran que os Estamentos Privilexiados non representaban a Francia, e aínda menos estaban pola labor de mellorar a situación. Xa que eles estaban máis interesados no seu propio beneficio que no da sociedade común. Isto veuse agravado polo feito de que a maior parte dos nobres e do clero non estaban interesados en ningún tipo de negociación e mantiña unha postura inflexible para manter os seus privilexios, ou incluso aumentalos.
Ante una reunión inaugural onde se reuniron todos, os nobres fixeron unha posición de peso para evitar que calquera proposta dos membros do Terceiro Estado fora votada fora da Asemblea, e como tiñan a maioría de votos negáronse a tomar calquera reforma.
  • Establécense como ASEMBLEA XERAL, asemblea que representa á Nación e o Pobo.
Pero as ideas ilustradas (de Montesquieu, Rousseau, Diderot, etc.) potenciaron a idea de que o sistema de representación política. O Terceiro Estado representaba a máis do 90% da poboación pero so tiña un voto. Isto levou a pedir que se reformara o sistema de votación e que fose unha votación por cabeza: iso significa un voto por cada representante. Esta nova situación daríalle a maioría o Terceiro Estado. Pero claro,os privilexiados non aceptaron.
A única institución lexitima de representación e con capacidades lexislativas sería esa Asemblea Xeral, que era a representación da maior parte da poboación. Eles considéranse a si mesmos como os garantes da vontade de Francia e, por tanto, os que deben tomar as decisións políticas. Negan a autoridade dos Estados Xerais, e considéranse como unha voz que ten que ser escoitada polo rei e os privilexiados. Non se pode facer nada sen contar coa Asemblea Xeral.
  • Decidiron elaborar unha Constitución.
Decidiron que o seguinte paso natural era que a creación dunha constitución, que regulara as función do Estado e a participación do Pobo e a Asemblea Nacional no goberno de Francia, servíndose de modelo no que había acontecido nos Estados Unidos. Tras isto a Asemblea Nacional converteuse en Asemblea Nacional Constituínte en Outono de 1789.
                                   * * *
Houbo, dende os primeiros momentos, un movemento de oposición dirixido polos gran maioría dos privilexiados e do monarca, pero tivo que loitar contra a oposición dos membros da Asemblea Xeral, na que estaban comprometidos persoas moi importantes, incluídos moitos membros do clero e da nobreza. Isto dificultou a acción do monarca para reprimilos. Pero tamén tivo un importante papel o pobo de París, que decide apoiar a Asemblea Nacional, e decide tomar a Bastilla, o 14 de Xullo de 1789, para poder facerse cun arsenal para defender a Asemblea Nacional. Este momento tomouse como o punto de orixe definitivo do estoupido da Revolución Francesa.
Este estoupido foi acompañado dun proceso de revoltas ou accións de violencia para evitar que os privilexiados acabasen coa revolución. Este estendeuse tamén o campo, pero estendese como unha Revolta Antiseñorial, coñecida co nome de Gran Medo. Dentro destas destacaron toda unha serie de revoltas campesiñas que se coñecen co nome da Jacquery.
  • Queima de Pazos, Igrexas, mosteiros, etc.
  • Asasinato de nobres e clérigos.
Luís XVI ante o descontento popular é obrigado a aceptar a legalidade da Asemblea Nacional, dando lugar a un novo período da Revolución Francesa que se coñece co nome de Monarquía Constitucional.
1 O Salón de Xogo de Pelota era una sala para xogar o Frontón que existía dentro do Pazo de Versalles. Este era un xogo moi de moda no século XVIII en Francia.

Causas da Revolución Francesa.


Causas que motivaron a Revolución Francesa.
Causas Económicas.
  • Malas colleitas, que provocaron una alza dos prezos agrícolas e crise do principal sector económico de Francia.
  • Fames, provocados polas malas colleitas.
  • Pandemias, provocadas pola mala alimentación e as recorrentes pragas.
  • Caída do Comercio Internacional e das actividades artesanais.
Crise económica do Estado.
  • Enorme gastos suntuario de Corte. (Gasto suntuario=gasto de luxo)
  • Gastos provocados pola burocracia e o estado.
  • Gastos militares e diplomáticos.
    • Dentro destes gastos encontramos os gastos ocasionados pola Guerra de Independencia América, onde os franceses apoiaron os estadounidenses fronte os británicos.
  • Gastos de Prestamos solicitados polo rei para poder facerse cargo das súas débedas.
Descontento popular.
  • A burguesía enriquecida aspira a poder participar na vida política e alcanzar un maior poder na sociedade.
  • pobo comúns (campesiños e artesans) aspiraban a mellorar as súas condicións de vida.

23 outubro 2015

Actividade 4


Esta semana déixovos dúas actividades, pero douvos máis tempo para realizalas. Na segunda vamos a ver cousas da Guillotina, a que vos prometín.
No seguinte podcast vamos a escoitar un fragmento do programa de radio da Cadena SER. Este programa “La Ventana”, na sección de “Pretérito Imperfecto”de Nieves Concostrina. Este podcast trata sobre a Guillotina, ese gran invento, que deu moito que facer durante a Revolución Francesa.
Sendo unha desas cousas anecdóticas do período que estamos a estudar neste momento.

Estamos na Revolución Francesa un dos momentos máis turbulentos da Historia Contemporánea, onde este invento deu moito que facer e limpar.... . Iso vamos deixalo para que o escoitedes no programa. So vos adianto, que grazas a el, correu a sangue coma un río por París, e media Francia.


Tedes que contestar as seguintes preguntas.
Como sabedes tedes varias opcións:
  • Entregarmo en man.
  • Facelo e mandarmo por correo electrónico.
  • Ou comentar nesta entrada do blogue.
A data de entrega queda para o día 2 de novembro de 2015 ás 23:59 horas. Non o deixedes para o último momento, senón vaille pasar como a algún compañeiro que o entregou tarde. Iso de xogar a envialo a última hora por facer a gracia ten un risco.

Preguntas:
  1. ¿Cando se usou por primeira e última vez a Guillotina?
  2. Unha dubida, ¿foi un invento da Revolución Francesa? ¿Houbo guillotinas antes? Se as houbo, ¿por que non as usaron?
  3. Nieves Concostrina fala dun tal “José Ignacio”. ¿A quen se refire? ¿Que pretendía facer coa Guillotina?
  4. ¿Quen participaron na construción deste aparello?
  5. ¿Cales foron os datos técnicos da Guillotina? Peso, altitude, como se colocaba o reo.
  6. ¿Canta xente foi guillotinada durante a Revolución Francesa?

Actividade 3

Actividade sobre María Antonieta.



No seguinte podcast vamos a escoitar un fragmento do programa de radio da Cadena SER. Este programa da SER Historia trata sobre Maria Antonieta unha das figuras máis controvertidas do período que estamos a estudar neste momento.
Estamos na Revolución Francesa un dos momentos máis turbulentos da Historia Contemporánea, onde este personaxe sofre un gran .... . Iso vamos deixalo para que o escoitedes no programa.

Este podcast é o programa completo, pero so tedes que escoitar dende o minuto 15 ata o 31. Non vos fai dano escoitar o resto, porque ten cousas moi interesantes.
Tedes que contestar as seguintes preguntas.
Como sabedes tedes varias opcións:
  • Entregarmo en man.
  • Facelo e mandarmo por correo electrónico.
  • Ou comentar nesta entrada do blogue.
A data de entrega queda para o día 2 de novembro de 2015 ás 23:59 horas. Non o deixedes para o último momento, senón vaille pasar como a algún compañeiro que o entregou tarde. Iso de xogar a envialo a última hora por facer a gracia ten un risco.

Preguntas:
  1. No podcast falase dunha carta que escribe Maria Antonieta. ¿A quen lle escribe a carta? ¿Que opinas da carta?
  2. ¿Cal foi o nome completo de María Antonieta?
  3. ¿Como era a corte francesa cando reinaba María Antonieta?
  4. ¿Por que se lle culpa a María Antonieta da Revolución Francesa?
  5. ¿Por que os revolucionarios franceses frivolizaron a María Antonieta?
  6. ¿Por que se casaron María Antonieta e Luís XVI?
  7. ¿Que relacións tivo María Antonieta con España?
  8. ¿Cales foron as acusación que se fixeron contra María Antonieta no xuízo? ¿Paréceche que foi xusto segundo o que din no programa?

Os Estados Unidos de América, o primeiro modelos de Estado Liberal.


Ó mesmo tempo que a Guerra de independencia comezou cada unha das Trece Colonias Americanas converteuse nun Estado cun goberno, unhas leis e unha constitución propia (ada Estado organizou un proxecto diferente). Pese a que cada Estado era diferente, todos eles baseáronse nos mesmos principios: a soberanía do liberalismo, a separación de poderes, a elección dos cargos públicos por medio de sufraxio, o establecemento dunha serie de liberdades e dereitos, etc. Pero sempre había matices e diferenzas entre cada un dos estados, moitas veces baseados no grao de participación política dos cidadáns (sufraxio universal ou censatario), a consideración do dereito a escravitude, etc.
Unha vez que conseguiron a Independencia fronte os britanos tiveron que organizarse como Estado. Isto levounos a crear unha República Federal, na que cada Estado conserva gran parte da súa soberanía, pero cedía parte da súa soberanía a un goberno central ou federal dirixido polo Presidente. Este Goberno Federal ocupábase basicamente das Relación Internacionais, a defensa e o exercito, as relacións entre os Estados.
Este sistema do novo Estado Federal baseábase nunha Constitución que foi redactada en 1789, e na que participaron representantes de todos os Estados. Aínda que esta Constitución sufriu diferentes reformas ou modificacións, chamadas emendas, segue vixente hoxe en día. Esta constitución establece un sistema de goberno cunha división de poderes: executivo, representado polo Goberno Federal; un lexislativo, representado por un Congreso; e un xudicial, que corresponde co Tribunal Supremos. Tamén establece a existencia dunha Soberanía Nacional, na que o poder pertence a Nación, e completase coa dunha serie de dereitos como: liberdade de expresión, liberdade de culto, liberdade de prensa, garante a propiedade privada, etc.
Este sistema serviu de modelo para moitos dos países do mundo, especialmente en Europa e América, e demostrou que era posible poñer en practica as ideas da Ilustración e do pensamento liberal. Tivo como elemento destacado que foi a creación da primeira constitución moderna.
Pero tamén serviu como modelo para a creación dun modelo de independencia, que tamén copiarán as colonias españolas en América.