23 outubro 2015

A Guerra de Independecia Americana


A Revolución Americana

Orixe das Colonias Americanas.

Os británicos colonizaron as costas atlánticas durante o s. XVII. Moitas persoas buscaban escapar da opresión dos británicos, especialmente en asuntos relixiosos. Por iso se lle permitiu emigrar cara América e formar novas colonias. O goberno británico permitiu un certo grao de autogoberno, e isto permitiulles prosperar de forma axeitada, e fora do control dos británicos.
Pero os británicos seguían mantendo un control sobre o comercio. Monopolio de comercio das colonias coa Metrópole. Cousa que foi facendo máis estrito co paso do tempo, e iso levoulles a quitarlle autogoberno.  

Causas da Independencia.

Entre os acontecementos previos e que foron causa da Independencia das Colonias Americanas temos que ter en conta a Guerra dos Sete Anos. Este foi un enfrontamento entre Gran Bretaña e Francia, o que máis tarde se vai unir España. Esta guerra librouse en Europa, pero tivo especial importancia nas colonias americanas. Os británicos forzaron ós colonos americanos a pagar novos impostos para defender os seus territorios e para costear a Guerra dos Sete Anos; pero unha vez rematada a guerra os británicos intentaron impoñerlle novos impostos os colonos americanos.
O goberno inglés impuxo impostos sen chegar a un acordo cos colonos, e eles opuxéronse a todos estes novos impostos. Para lexitimar a súa posición os colonos argumentaron que estes impostos non foron votados por eles, xa que non tiñan participación no Parlamento Británico.
Todo isto levou a que cando chegou o novo imposto sobre os selos e o te, ocasionou toda unha serie de revoltas e motíns. Especialmente importante foi o motín do te de Boston en 1773. Este consistiu en que os colonos americanos, disfrazados de indios, botaron ó mar a carga dun barco británico que pretendía descargar en Boston.
Aparición de motíns e protestas foi respondida polos británico cunha represións violenta contra os colonos rebeldes. Isto acentuou aínda máis o espírito de rebelión e de independencia.
Difusión das ideas da ilustración e do liberalismo foi moi importante, a chegada das ideas como a división de poderes, a creación de un réxime parlamentario, a soberanía da nación, etc. Todo isto potencian as ideas de enfrontarse os británicos e a creación dun novo pais, en moitos casos apoiados polas potencias rivais como Francia e España.

Estoupido do conflito.

O estoupido destes motíns levou a publicación da Declaración de Dereitos, que foi seguida rapidamente pola Declaración de Independencia o 4 de Xullo de 1776 en Philadelphia. Alí reuníronse os representantes das 13 colonias, que decidiron independizarse dos británicos e crear un novo país: os Estados Unidos de América. Neste documento, que foi redactado do Thomas Jefferson, recoñecíanse toda unha serie de elementos:
Comezo das hostilidades.
  • 1ª Fase. Guerra entre os Colonos e as tropas británicas na que derrotan ós británicos na Batalla de Saratoga.
  • 2ª Fase. Entrada de España e Francia no bando dos colonos americanos, e provocou a derrota definitiva dos británicos, que deciden darse por vencidos.

Isto levou a que se firme a paz no Tratado de Versalles en 1783. Isto levou a que os británicos recoñecen a derrota e aceptan a independencia dos Estados Unidos. Os Estados Unidos son recoñecidos polas potencias.





Ningún comentario:

Publicar un comentario