23 outubro 2015

Os Estados Unidos de América, o primeiro modelos de Estado Liberal.


Ó mesmo tempo que a Guerra de independencia comezou cada unha das Trece Colonias Americanas converteuse nun Estado cun goberno, unhas leis e unha constitución propia (ada Estado organizou un proxecto diferente). Pese a que cada Estado era diferente, todos eles baseáronse nos mesmos principios: a soberanía do liberalismo, a separación de poderes, a elección dos cargos públicos por medio de sufraxio, o establecemento dunha serie de liberdades e dereitos, etc. Pero sempre había matices e diferenzas entre cada un dos estados, moitas veces baseados no grao de participación política dos cidadáns (sufraxio universal ou censatario), a consideración do dereito a escravitude, etc.
Unha vez que conseguiron a Independencia fronte os britanos tiveron que organizarse como Estado. Isto levounos a crear unha República Federal, na que cada Estado conserva gran parte da súa soberanía, pero cedía parte da súa soberanía a un goberno central ou federal dirixido polo Presidente. Este Goberno Federal ocupábase basicamente das Relación Internacionais, a defensa e o exercito, as relacións entre os Estados.
Este sistema do novo Estado Federal baseábase nunha Constitución que foi redactada en 1789, e na que participaron representantes de todos os Estados. Aínda que esta Constitución sufriu diferentes reformas ou modificacións, chamadas emendas, segue vixente hoxe en día. Esta constitución establece un sistema de goberno cunha división de poderes: executivo, representado polo Goberno Federal; un lexislativo, representado por un Congreso; e un xudicial, que corresponde co Tribunal Supremos. Tamén establece a existencia dunha Soberanía Nacional, na que o poder pertence a Nación, e completase coa dunha serie de dereitos como: liberdade de expresión, liberdade de culto, liberdade de prensa, garante a propiedade privada, etc.
Este sistema serviu de modelo para moitos dos países do mundo, especialmente en Europa e América, e demostrou que era posible poñer en practica as ideas da Ilustración e do pensamento liberal. Tivo como elemento destacado que foi a creación da primeira constitución moderna.
Pero tamén serviu como modelo para a creación dun modelo de independencia, que tamén copiarán as colonias españolas en América.

Ningún comentario:

Publicar un comentario