O liberalismo é una teoría ou
ideoloxía que comeza a aparecer no século XVIII e que vai ter unha
aplicación política, social e económica. Estaba basease en certos
aspectos da Ilustración, pero ten como paradigma a defensa da
liberdade do ser humano en todas as actividades.
Esta apareceu a finais do século
XVIII como a base dos programas de toda unha serie de revolucións
burguesas que trataban de cambiar a realidade do Antigo Réxime, e
crear unha nova sociedade onde os burgueses tiveran un papel
preponderante en economía, política e sociedade. Estas revolucións
burguesas afectaron sobre todo a Europa e América a finais do século
XVIII e comezos do século XIX, tendo especial importancia a
Revolución América e a Revolución Francesa.
Os Principios do Liberalismo.
O liberalismo é una forma de ver
o mundo, que ten unha manifestación social, política e económica;
pero todas elas teñen uns preceptos que as unen:
Individualismo.
O individuo é o concepto sobre o
cal se deben organizar as relacións políticas, sociais ou
económicas. O individualismo é característico, deben deixarse de
lado os intereses de grupo ou de clase para defender a liberdade e os
intereses do individuo.
Defensa dos dereitos e liberdades individuais.
Ademais defende que o individuo
debe ter unha defensa ante os abusos dos poderosos e do Estado. O
individuo ten toda unha serie de dereitos e liberdades que son
inalienables1,
e os cales a sociedade debe protexer e defender. Aínda que como logo
veremos cada liberal da unha visión sobre esa realidade de que
dereitos son máis importantes.
Igualdade xurídica.
Moi relacionado co anterior é a
idea de que todas as persoas debe ser iguais ante a lei, sendo un
deses dereitos inalienables. Deben eliminarse calquera tipo de
privilexio, pensando nos estamentos privilexiados do Antigo Réxime.
A idea principal é que os dereitos e deberes deben ser igual, aínda
que teñas uns estudos, un nivel adquisitivo ou un orixe familiar
diferente.
Liberdade de mercado.
O liberalismo ten moita
importancia a economía, e por iso a liberdade de mercado, de empresa
e de traballo son importantes. Eles consideran que o Estado non debe
intervir en economía, salvo para garantir os seus dereitos
(propiedade privada). A actividade económica debe ser regulada
directamente polo mercados (os compradores e os vendedores), sen
necesidade de que interveñan outros elementos (as autoridades
políticas). Por iso consideran prexudicial calquera medida ou lei
que fixe ou limiten os prezos ou os salarios.
A defensa da propiedade individual.
Os liberais manifestan que un dos
elementos fundamentais é o respecto a propiedade individual, que
debe ser garantida e protexida polas leis e polo Estado. Eles
manifestan que unha das formas de estimular as actividades económicas
e para organizar a sociedade é manter a defensa da propiedade
privada. Ademais defenden que isto é a base para que o home alcance
a felicidade.
A participación política dos cidadáns.
Un dos elementos máis
importantes dentro do sistema liberal é que manifesta a necesidade
de que os cidadáns poidan e deban participar en política de forma
activa. Este sistema realizase na maioría dos casos mediante a
elección dos seus representantes, mediante o sistema de votación ou
sufraxio. Pero tamén estipulan a posibilidade de participar
directamente nas institucións políticas, na que todos os cidadáns
teñen dereito a formar parte das institucións, sexa cal sexa a súa
condición social, aínda que veremos que iso vai ter unha
limitación.
A nova concepción da soberanía.
No modelo de Antigo Réxime a
soberanía era a capacidade de exercer a autoridade e o poder sobre
os demais: o soberano ou monarca ten a máxima autoridade sobre os
seus súbditos ou habitantes do seu territorio. Pero coa chegada do
liberalismo este termo cambiou e orientouse cara a soberanía
nacional, na que a capacidade de poder absoluto reside no conxunto
de cidadáns que teñen dereito a opinar e tomar decisións
políticas. Aí veremos que existen dous tipos de soberanía: a
soberanía nacional ou a soberanía popular. Destas xa falaremos máis
polo miúdo.
A separación de poderes.
Isto manifestase na evolución
das ideas ilustradas formuladas por Montesquieu. Este pensador
ilustrado manifestou a necesidade dunha división de poderes para
evitar os abusos de poder, e que o Estado servirá de propio
contrapeso. Para iso manifestou que o poder debía organizarse en
tres apartados: o poder
executivo (o goberno),
o poder lexislativo
(Parlamento) e o
poder xudicial (tribunais).
A existencia dunha Constitución.
A Constitución
é a lei suprema do Estado, nela deben aparecer os dereitos, as
liberdades e as bases políticas do goberno. Isto serve para que as
leis garantan un funcionamento equilibrado do Estado e no que os
cidadáns coñezan os seus dereitos e deberes.
A aparición do Estado de Dereito.
O Estado de Dereitos é a
supeditación de todas as institucións ás leis vixentes, e
manifesta a responsabilidade xurídica de todas as autoridades ante a
lei e os tribunais. Iso quere dicir, que os propios políticos e os
membros do goberno, inclusive o monarca, están sometidas as mesmas
leis que os demais.
1Dereitos
inalienables significa unha serie de dereitos que o ser humano ten
xa de por si, e ninguén lle pode quitar Entre eles podemos ver o
dereito a liberdade (refírome a que ninguén debe ser sometido a
escravitude), opinión, relixión, pensamento, expresión das súas
ideas, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario