23 outubro 2015

O Liberalismo e as súas tendencas


Tendencias do liberalismo.
Dentro do liberalismo vemos varias tendencias, que manifestan certos matices na súa interpretación desta teoría. Na maioría dos casos as versións diferéncianse na concesión de determinadas liberdades ou dereitos dos cidadáns. Estas acabaron provocando a creación durante o século XIX de dúas tendencias: o liberalismo doutrinario e o liberalismo democrático ou radical.
O liberalismo doutrinario ou conservador defende que os únicos que teñen dereito a participar en política son os que posúen un certo nivel de riqueza ou de cultura. Por iso manifestan que o sistema de participación política debe ser o sufraxio censatario.
Mentres o liberalismo democrático é unha tendencia máis progresista, que defende que todos os cidadáns teñen dereito a participación política, sempre e cando cumpran a maioría de idade. Para eles o sistema de votación é o sufraxio universal.
Pero debemos ter unha cousa clara, estamos nos séculos XVIII e XIX, os liberais de ambas tendencias consideran que os únicos con dereito a ser cidadáns son os homes, negándolle a participación as mulleres. Isto non se solucionara ata que cheguemos o século XX, e aínda en moitos países segue sendo así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario