Iniciouse
un proceso de Disolución de Antigo Réxime durante o proceso de
formación do novo Goberno. Mentres a Asemblea Constituínte tomaba
as decisións para formalizar a Constitución realizáronse toda unha
serie de medidas.
- Abolición dos dereitos señoriais e feudais. Isto foi realizado mediante un Decreto publicado o 4 de Outubro de 1789. Con isto pretendía dúas cousas: gañarse o apoio do campesiñado e quitarlle o poder os privilexiados para que aceptaran negociar co novo goberno.
- Establecese a “Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán” o 26 de Agosto de 1789. que establece unha sociedade igualitaria, e que establece:
- Recoñece a igualdade de tódolos homes.
- Establece unha serie de liberdades (pensamento, expresión, culto, etc.).
- Elimina a sociedade baseada nos privilexios de clase.
Establecese
unha
constitución en 1791,
que establece un sistema liberal:
- Monarquía constitucional como forma de goberno, .
- Establece un sistema de división de poderes do Estado:
- Executivo. O poder é exercido polo monarca.
- Lexislativo. A Asemblea Lexislativa1 é a que exerce o seu control.
- Xudicial. Exercido polos tribunais de xustiza.
- Establece un sistema de Soberanía Nacional, que reside no monarca e no Parlamento.
- Establece a igualdade legal de tódolos individuos.
- Establece un sistema de sufraxio masculino de carácter censatario, e este sufraxio ten un carácter indirecto.
- O monarca conserva un importante peso, segue sendo o xefe de Estado e posuía dereito de veto sobre as decisións tomadas polo Parlamento.
- Moitas das decisión políticas foron realizadas despois polo Parlamento, que realiza as leis polo miúdo.
- Creouse un grupo para o control da orde publica: a Garda Nacional.
- Iniciouse unha serie de reformas dentro da Igrexa:
- Iniciouse un proceso de desamortización de boa parte dos bens eclesiásticos.
- Organizou un sistema de financiamento do culto e da súa constitución.
1
Nome que
recibe a partir de agora a Asemblea Constitucional. Unha vez que
cumpre o seu labor de realizar a constitución, debe ocuparse de
lexislar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario