28 outubro 2015

Estoupidos da Revolución Francesa.


O Intento de Reforma Política e Fiscal.


O elevado gasto do Estado levou o rei (Luís XVI) a intentar unha reforma política, na que se obrigase ós privilexiados a pagar impostos. Esta reforma foi organizada por Jacques Necker, un dos máis admirados ministros de Luís XVI. O obxectivo desta reforma era conseguir que se instaurara un imposto sobre a propiedade privada das terras, e que fora pagada por todos os sectores sociai, incluíndo os nobres e o clero. Isto provocou unha reacción de oposición política dos sectores privilexiados, que convocaron os Estados Xerais.
Estados Xerais.
    • Asemblea de orixe medieval, onde participaban os representantes de cada un dos estamentos.
    • Cada Estamento posuía un só voto. Habería moitos representantes de cada un dos estamentos, pero todos votan de forma conxunta.
    • Tiña a capacidade de vetar leis, pero non tiña a capacidade de impoñer as súas decisións o rei.

 Estoupido da Revolución.

Durante os meses anteriores a Revolución Francesa convócanse os Estados Xerais en 1789, en Maio de 1789 como un medio polo cal os privilexiados podían frear a nova política de impostos de Luís XVI. Xa que os nobres, pese a que teñen un poder limitado, conseguen frear as medidas de Necker. O monarca vese obrigado a negociar, e acepta que se convoquen os Estados Xerais para poder negociar unha reforma fiscal e conseguir máis impostos para a Facenda Real.
Pero un dos problemas máis importantes era que os Estados Xerais non eran convocados dende había máis dun século, e non había representantes electos de cada un dos estamentos. Houbo que facer unha selección dos representantes. Isto foi aproveitado por parte de todos os estamentos para presentar toda unha serie de propostas o monarca: mostrando toda unha serie de queixas sobre a situación de Francia e como poder mellorar a situación. Estas propostas foron chamados: Cadernos de Queixas.
  • Os Cadernos de Queixas eran cadernos, onde os diferentes Estamentos presentaban as súas queixas e peticións ó monarca.
    • Nobreza. Pedía a supresión do novo imposto proposto polo monarca e manter os seus privilexios.
    • Clérigos. Pedían a supresión do novo imposto e manter dos privilexios do clero.
    • Terceiro Estado.
  • Pedían a consolidación do novo imposto.
  • Pedían o cambio no sistema de votación nos Estados Xerais. Eles pedían un voto por representante e a supresión de voto por estamentos.
  • Que o terceiro estado tivese máis peso nas decisión políticas.
  • etc.
Ante a negativa do monarca de facer caso os cadernos de queixas propostos polo Terceiro Estado, e continua mantendo o o sistema dos Estados Xerais de un voto por cada Estamento: o Terceiro Estado decidiu abandonar os Estados Xerais e reunirse na Sala do Xogo de Pelota1. Este foi un símbolo de negación do poder dos Estados Xerais, que non representaban a Nación e cuestionaba o poder do monarca.
Entre as razóns que lle levaron a instaurarse alí temos:
  • O Terceiro Estado decide que eles son os posuidores da Soberanía, e os Estados Xerais non representan a Francia (A Nación).
O certo é que os representantes do Terceiro Estado consideran que os Estamentos Privilexiados non representaban a Francia, e aínda menos estaban pola labor de mellorar a situación. Xa que eles estaban máis interesados no seu propio beneficio que no da sociedade común. Isto veuse agravado polo feito de que a maior parte dos nobres e do clero non estaban interesados en ningún tipo de negociación e mantiña unha postura inflexible para manter os seus privilexios, ou incluso aumentalos.
Ante una reunión inaugural onde se reuniron todos, os nobres fixeron unha posición de peso para evitar que calquera proposta dos membros do Terceiro Estado fora votada fora da Asemblea, e como tiñan a maioría de votos negáronse a tomar calquera reforma.
  • Establécense como ASEMBLEA XERAL, asemblea que representa á Nación e o Pobo.
Pero as ideas ilustradas (de Montesquieu, Rousseau, Diderot, etc.) potenciaron a idea de que o sistema de representación política. O Terceiro Estado representaba a máis do 90% da poboación pero so tiña un voto. Isto levou a pedir que se reformara o sistema de votación e que fose unha votación por cabeza: iso significa un voto por cada representante. Esta nova situación daríalle a maioría o Terceiro Estado. Pero claro,os privilexiados non aceptaron.
A única institución lexitima de representación e con capacidades lexislativas sería esa Asemblea Xeral, que era a representación da maior parte da poboación. Eles considéranse a si mesmos como os garantes da vontade de Francia e, por tanto, os que deben tomar as decisións políticas. Negan a autoridade dos Estados Xerais, e considéranse como unha voz que ten que ser escoitada polo rei e os privilexiados. Non se pode facer nada sen contar coa Asemblea Xeral.
  • Decidiron elaborar unha Constitución.
Decidiron que o seguinte paso natural era que a creación dunha constitución, que regulara as función do Estado e a participación do Pobo e a Asemblea Nacional no goberno de Francia, servíndose de modelo no que había acontecido nos Estados Unidos. Tras isto a Asemblea Nacional converteuse en Asemblea Nacional Constituínte en Outono de 1789.
                                   * * *
Houbo, dende os primeiros momentos, un movemento de oposición dirixido polos gran maioría dos privilexiados e do monarca, pero tivo que loitar contra a oposición dos membros da Asemblea Xeral, na que estaban comprometidos persoas moi importantes, incluídos moitos membros do clero e da nobreza. Isto dificultou a acción do monarca para reprimilos. Pero tamén tivo un importante papel o pobo de París, que decide apoiar a Asemblea Nacional, e decide tomar a Bastilla, o 14 de Xullo de 1789, para poder facerse cun arsenal para defender a Asemblea Nacional. Este momento tomouse como o punto de orixe definitivo do estoupido da Revolución Francesa.
Este estoupido foi acompañado dun proceso de revoltas ou accións de violencia para evitar que os privilexiados acabasen coa revolución. Este estendeuse tamén o campo, pero estendese como unha Revolta Antiseñorial, coñecida co nome de Gran Medo. Dentro destas destacaron toda unha serie de revoltas campesiñas que se coñecen co nome da Jacquery.
  • Queima de Pazos, Igrexas, mosteiros, etc.
  • Asasinato de nobres e clérigos.
Luís XVI ante o descontento popular é obrigado a aceptar a legalidade da Asemblea Nacional, dando lugar a un novo período da Revolución Francesa que se coñece co nome de Monarquía Constitucional.
1 O Salón de Xogo de Pelota era una sala para xogar o Frontón que existía dentro do Pazo de Versalles. Este era un xogo moi de moda no século XVIII en Francia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario