Durante
todo este proceso vemos como houbo un enfrontamento directo
entre os antigo poderes, os privilexiados, e as novas institucións
creadas polo novo goberno revolucionario. Neste conflito tivo
especial importancia o monarca. Luís XVI tivo que xurar a
Constitución, forzado pola Asemblea, pero sempre se mantivo hostil a
calquera das medidas reformadoras.
Isto
levou a que houbese varios
Grupos ou Tendencias Políticas da Revolución Francesa.
- Xirondinos. Formado polos sectores máis moderados da burguesía e da nobreza. Buscaba un liberalismo baseado na defensa das liberdades e o dereito de propiedade privada. Defende o uso da Soberanía Nacional e dun sistema de sufraxio de tipo censatario. Moitos deles opuxéronse a condena a morte de Luís XVI.
- Xacobinos. Nome da familia política máis radical. Busca o apoio dos sectores burgueses e das clases populares. Defenden a Soberanía Popular, a igualdade de tódolos individuos e que as liberdades individuais deben estar suxeitas o beneficio de toda a sociedade. Aspiran a proclamación dunha República. O seu líder máis carismático foi Robespierre.
- Contrarrevolucionarios. Formada por todos aqueles sectores opostos a Revolución Francesa e os seus principios. Defenden a volta ó Absolutismo. Estaba apoiada por sectores da nobreza, o clero e os campesiños prexudicados polas reformas ocasionadas durante a Revolución Francesa.
Durante
todo este período os conflitos e loitas entre as diferentes
tendencias políticas levaron a inestabilidade do goberno. Pero isto
foi máis problemático debido as tensión provocadas polos
campesiños, a escaseza de alimentos e os intentos de gobernos
estranxeiros de “restablecer a orde” en Francia. Con isto quero
dicir, que os monarcas europeos temían que a revolución se
estendera polo resto de Europa, e querían volver a instaurar o poder
de Luís XVI. Isto levou a Declaración
de Pillnitz ((25
de Agosto de 1791), no que o monarca austríaco pide unha alianza co
resto de monarcas europeos para restaurar o goberno anterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario