12 outubro 2015

Actividade para esta semana.

Actividade 2.

Pois esta semana toca un novo podcast sobre o que aconteceu en América no s.XVIII, e como imos tratalo esta semana pode irnos ver.
Vamos a escoitar un programa que se chama SER Historia, e que votan na Cadena SER. Este programa ten un horario un pouco peculiar, asi que moitos dos que o escoitamos vamos a facelos por podcast.
Neste fragmento vamos a escoitar unha entrevista a Jorge Cañizares un profesor universitario da Universidade de Austin (Texas). Nela vainos falar da colonización europea de Norteamerica e a participación de España na Independencia dos Estados Unidos de América.
Poño o podcast enteiro, porque me é máis cómodo, pero so tedes que escoitar dende o minuto 11 ata o 34. Non vos fai dano escoitar o resto, pero as preguntas van enfocadas a eses minutos. Tamén é certo que non morredes por escoitar o programa enteiro.

  1. ¿Cando comezou a primeira colonización de América do Norte? ¿quen realizou os primeiros intentos?
  2. ¿Cal foi o principal ou principais problemas para colonizar os actuais Estados Unidos?
  3. Jorge Cañizares fala dos primeiros pioneros. ¿A quen se refire?
  4. ¿Como se asentaron os británicos en América? ¿Que buscaban nos territorios dos actuais Estados Unidos?
  5. ¿Que consecuencias tivo a Guerra dos Sete Anos para os colonos británicos en América?
  6. Durante a entrevista falase dun español que tivo certa relación co Presidente George Washington. ¿A quen se refire? ¿A que se adicaba?
  7. ¿Que papel tivo España durante o conflito  entre os británicos e os colonos americanos? Explique que comenta sobre o tema Jorge Cañizares.
A data de entrega queda para o día 20 de outubro de 2015 ás 23:59 horas. Non o deixedes para o último momento, senón vaille pasar como a algún compañeiro que o entregou tarde. Eso de xogar a envialo a última hora por facer a gracia ten un risco.
Podedes facer como queirades: comentalo nesta entrada ou enviarme un correo electrónico coas respotas.



3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar