01 abril 2016

O reinado de Alfonso XIII


Reinado de Alfonso XIII

Rexencia de María Cristina. (1885-1902)

Durante a Rexencia de María Cristina o sistema da Restauración foise consolidando pouco a pouco, pero o mesmo tempo creceu a oposición o sistema.
O Sistema Canovista, foi se consolidando coa morte de Alfonso XII, xa que ambos partidos temían unha crise de goberno ante a ausencia dun monarca consolidado. Isto motivoulles a consolidar as súas posición mediante o "Pacto do Pardo", no que ambos lideres (Canovas e Sagasta) aceptaban seguir co sistema e manterse a estabilidade de España ata a maioría de idade de Alfonso XIII.
Pero iso non freou a oposición, que aproveitou diferentes acontecementos para desequilibrar máis o sistema:
  • ·      A morte de Canovas a mans dun anarquista.
  • ·      A morte de Sagasta.
  • ·      A crise do 98 como consecuencia da Guerra Hispanoamericana.
  • ·      Aumento do peso da oposición.
  • ·      Os problemas coloniais en África. 
  • ·      Etc

Sistema de Quendas Pacíficas (1902-17)

Novos políticos

Partido Liberal.
José Canalejas.

Partido Conservador.
Antonio Maura.

Conquista de Marrocos.

Tratado de Alxeciras (1906)

O imperio español estaba falto de iniciativa, co cal involucrouse nunha nova guerra colonial coa que conseguir vitorias e prestixio para o país. Isto foi aproveitado tras a toma da decisión do Tratado de Alxeciras en 1906.
O tratado de Alxeciras foi causado por unha conferencia internacional que pretendía resolver o reparto dos últimos territorios que quedaban en África sen repartir: Marrocos.
Nesta conferencia internacional decidiuse que Marrocos fose creado un protectorado baixo a tutela de dúas potencias: España e Francia. España quedouse coa zona norte de Marrocos. Pero iso foi un regalo envelenado. ¿Por que un regalo envelenado? Pois moi simple, porque esta é unha zona moi conflitiva. A zona do Rif era unha zona chea de poboación rebelde, e que se opón o dominio español e francés.
Iso levou a numerosas operacións bélicas, nas que houbo enormes desastres militares. Entre elas temos o "Desastre de Annual" (1921) ou o Desembarco de Alhucenas (1925)  

Semana Tráxica de 1909

A "Semana Tráxica" aconteceu en Barcelona en 1909 como consecuencia da mobilización de tropas para enviar a ocupar as zonas de Marrocos. Todo veu como consecuencia da mobilización de tropas reservistas, na que a maioría deles eran país de familia. Isto foi especialmente importante a mobilización de tropas en Cataluña, onde o movemento nacionalista e rexionalista estaba moi presente. Todo iso fixo que houbera un movemento clara de oposición a mobilización de tropas. Isto comezou cunha protesta pacifica, pero que acabou converténdose nunha onda de violencia de que afectou a toda Barcelona e parte de Cataluña. A resposta do goberno de Antonio Maura foi a represión dos rebeldes co envío de tropas do exército, e a morte de centos de persoas e a prisión de moitos dos violentos: algúns deles foron condenados a morte.
A situación levou a inestabilidade o goberno de Antonio Maura, no que perdeu o apoio dos membros do seu propio partido e de parte da oposición. Isto fixo que tivera que romper os pactos políticos do momento, e crear inestabilidade dentro do sistema da Restauración.

*Reservistas: Soldados que habían cumprido co seu servizo militar e foran licenciados, pero mantíñanse en reserva por si eran necesarias tropas para completar os exércitos en activo ou pola inminencia dunha guerra. Na maioría dos casos eran reservista durante dez anos despois de cumprir o servizo militar.

Crise do Sistema.

1917

Crise no Exército

No caso da crise do exército ven como consecuencia de toda unha serie de políticas desastrosas do goberno, que levaron a que o exercito estivera en malas condicións.
Os sucesivos desastres militares e os problemas para conseguir financiación desembocou nun malestar constante dentro dos oficiais e os militares profesionais. Estes ademais reclamaron toda unha serie de melloras no seu salario, que non foron atendidas polo goberno. Ademais como o exército español seguía un sistema moi tradicional: a suba de salario ou o ascenso de posto dependía dos méritos de guerra (cousa que non era moi habitual, xa que as vitorias españolas brillaban pola súa ausencia). Por iso moitos dos oficiais, pediron un ascenso por antigüidade no corpo e non por méritos de guerra.
Ademais temos o feito de que as operación militares eran organizadas dende a rede de goberno e privilexiaba a certos oficiais (por lazos familiares, clientelares ou económicos) sobre outros. Como podedes ver o de que España é un país con enchufes e apaños ven de lonxe.

Crise política

O problema político ven dunha situación conflitiva con Cataluña, onde o nacionalismo e o rexionalismo van collendo forza. Os partidos rexionalistas e nacionalistas van a crear unha asemblea: onde se reclama o goberno de Madrid un maior grado de autonomía para Cataluña e a creación dun estado descentralizado.
Por suposto, os gobernos da Restauración néganse a aceptar esas demandas e vai poñer todas as trabas posibles ó sistema independentista. Isto vai a alterar máis o clima político en Cataluña, que xa estaba revolto dende a Semana Tráxica.

Crise económica

Durante este período aconteceron moitas cousas en España, e en Europa. Especialmente salientable foi a I Guerra Mundial, que non nos afectou directamente cos enfrontamentos bélicos, pero si indirectamente coas repercusións económicas.
Durante a guerra España dedicouse a vender produtos ós países belixerantes, o que en principio foi un impulso a economía española, pero tivo unha consecuencia inesperada: a subida dos prezos para os consumidores españois.
¿Pero por que? Pois moi simple. As empresas españolas tiñan produtos de primeira necesidade (alimentos frescos, produtos en conserva, materias primas, etc.) que os países en guerra demandaban e pagaban a altos prezos. As empresas españolas decidiron vender eses produtos os países en conflito, pero acabaron desabastecendo o propio mercado español: tendo como consecuencia o aumento dos prezos dos produtos. Por explicalo de forma sinxela: ou o pagabas o mesmo prezo que os europeos ou te quedabas sen el.
Isto ocasionou unha tremenda inflación e un malestar nas clases humildes: provocando que o movemento obreiro estivera moi activo. Isto levou a todo un malestar social e a unha crea de manifestacións e folgas. Houbo toda unha serie de folgas xerais, que pretendían a caída dos gobernos e a reorganización do sistema político da Restauración.

Gobernos de Concentración.

O goberno dificilmente e capaz de superar a crise, pero ten que sufrir un enorme desgaste para poder seguir mantendo o poder. Os diferentes partidos políticos e os propios políticos carecen do apoio popular e do prestixio necesario para formar goberno estables. Isto obriga a que entre 1919 e 1923 vaia sucedéndose varios gobernos de concentración, que apenas duran uns meses no poder.
O que fixo que aumentase a conflitividade social, pola crise económica que sigue a I Guerra Mundial e a influencia da Revolución Rusa. Toda esta confluencia de factores provocou o aumento de tensións: especialmente entre os obreiros e os patróns.
A gota que fai rebordar o vaso é o desastre de Annual que se produce na Guerra en Marrocos. O desastre de Annual que aconteceu en 1921 provocou máis de 10000 mortos. Esta derrota militar ante unha forza moi inferior en recursos e prestixio militar: supuxo unha humillación para os altos cargos do exército e para o goberno vixente. A solución sería volver a chamar os reservistas, pero despois dos acontecementos da Semana Tráxica de 1909, era darlle máis leña o lume.
Os sucesivos gobernos son incapaces de calamar a situación ou recuperar a economía española.

A situación derivou nunha serie de graves crises políticas que fixeron que a monarquía perderá a súa posición como equilibrio de forzas políticas e como símbolo da nación. ante toda esta situación levou a que estouparan sucesivos intentos de revoltas, que non conseguen apenas máis que aumentar o caos do país. Ante esta situación os militares deciden tomar o poder: o xeneral Miguel Primo de Rivera da un golpe de Estado e impón unha ditadura en 1923, que conta co apoio de Alfonso XIII.

Ditadura de Primo de Rivera. (1923-1931)

Directorio Militar

Durante o período entre 1923 e 1925 o xeneral Primo de Rivera inicia un goberno ditatorial, baixo o control dun consello militar que se coñece como "Directorio Militar".
Durante este goberno disolvese todo o sistema liberal:
  • Disolve a constitución de 1976. 
  • Disolve as Cortes.
  • Prohibe os partidos políticos.
  • Reprime o movemento obreiro. 
  • Iniciou unha serie de campañas militares en Marrocos para aumentar o prestixio do exército español (gañarse ós militares) e conseguir unha boa publicidade. Neste caso temos o desembarco de Alhucenas en 1925, no que as tropas españolas e francesas conseguen controlar o protectorado español en Marrocos.

Directorio Civil.

O directorio militar, cando consegue calmar un pouco as cousas, e substituído por un "Directorio Civil" entre 1925 e 1931. Este novo directorio pretende restablecer un sistema liberal, pero controlado para evitar unha nova crise de goberno. Neste novo goberno os militares seguen tendo un gran peso, pero permítese a entrada de varios políticos civís. Durante este período comezou unha leve recuperación económica que é freada pola crise mundial, que aconteceu en 1929. Esta nova crise volve a facer que aumente o para e a oposición do movemento obreiro ó goberno de Primo de Rivera. Pero Primo de Rivera terá que facer fronte a moitos máis problemas:
  • reforzamento dos movementos nacionalistas. 
  • a critica da intelectualidade e da poboación en peral.
  • a oposición dos partidos políticos que queren volver a un sistema liberal.
  • etc.

Isto obriga a dimisión de Primo de Rivera o 28 de xaneiro de 1930, que xa non goza de apoios no exército ou no monarca.
Tras isto intentouse volver a un sistema parlamentario similar o que existía na Restauración. Pero o sistema xa esta tan desprestixiado, que os partidos políticos e a poboación néganse a aceptalo. O monarca intenta formar gobernos mediante dous homes da súa confianza: o xeneral Dámaso Berenguer e o Almirante Aznar. Ambos intentar volver a un sistema liberal equilibrado, pero a oposición de republicanos, socialistas, nacionalistas e o resto faccións llo impide.
Iso leva a que nas elección municipais de Abril de 1931, sexan tomadas pola oposición como un plebiscita de apoio ou non a monarquía. Nas eleccións os partidos políticos opostos a monarquía gañan: e o monarca decide abdicar e abandonar o país. Alfonso XIII deixa españa e proclamase a II República o 14 de Abril de 1931.


Ningún comentario:

Publicar un comentario