Esta semana déixovos dúas actividades, pero douvos máis tempo para realizalas. Na segunda vamos a ver cousas da Guillotina, a que vos prometín.
No seguinte podcast
vamos a escoitar un fragmento do programa de radio da Cadena SER.
Este programa “La Ventana”, na sección de
“Pretérito Imperfecto”de Nieves Concostrina. Este podcast
trata sobre a Guillotina, ese gran invento, que deu moito que facer
durante a Revolución Francesa.
Sendo unha desas
cousas anecdóticas do período que estamos a estudar neste momento.
Estamos na
Revolución Francesa un dos momentos máis turbulentos da Historia
Contemporánea, onde este invento deu moito que facer e limpar.... .
Iso vamos deixalo para que o escoitedes no programa. So vos adianto,
que grazas a el, correu a sangue coma un río por París, e media
Francia.
Tedes que contestar
as seguintes preguntas.
Como sabedes tedes
varias opcións:
- Entregarmo en man.
- Facelo e mandarmo por correo electrónico.
- Ou comentar nesta entrada do blogue.
A data de entrega
queda para o día 2 de novembro de 2015 ás 23:59 horas. Non o
deixedes para o último momento, senón vaille pasar como a algún
compañeiro que o entregou tarde. Iso de xogar a envialo a última
hora por facer a gracia ten un risco.
Preguntas:
- ¿Cando se usou por primeira e última vez a Guillotina?
- Unha dubida, ¿foi un invento da Revolución Francesa? ¿Houbo guillotinas antes? Se as houbo, ¿por que non as usaron?
- Nieves Concostrina fala dun tal “José Ignacio”. ¿A quen se refire? ¿Que pretendía facer coa Guillotina?
- ¿Quen participaron na construción deste aparello?
- ¿Cales foron os datos técnicos da Guillotina? Peso, altitude, como se colocaba o reo.
- ¿Canta xente foi guillotinada durante a Revolución Francesa?
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar