04 outubro 2015

Actividade

Actividade 1.



Na seguinte gravación temos un pequeno fragmento dun programa de radio, La Ventana da Cadena SER, e máis concretamente da sección de Nieves Concostrina “Pretérito Imperfecto”. No seguinte fragmento temos un episodio da Historia de España sobre o Tratado de Utrecht.

  1. ¿Que menciona Nieves Concostrina sobre Carlos II? ¿Que foi o que máis che sorprendeu do que di Nieves Concostrina?
  2. ¿Por que relaciona as enfermidades de Carlos II coa Sucesión?
  3. ¿Por que deixa Carlos II a Filipe de Anjou o trono de España? ¿Iso é aceptado por todos?
  4. ¿Cales son os rivais de Filipe de Anjou?. Refírome os que saen no gravación.
  5. ¿Que pasa con Gibraltar? ¿Por que foi tan fácil a súa conquista? ¿Que pretendían ó conquistalo?
  6. ¿Que se firmou no Tratado de Utrech? ¿Quen o firmou e que conseguiu cada unha das partes?
  7. Falando de Menorca e Gibraltar. Nieves Concostrina menciona que se recuperaron ou se puideron recuperar. Explica como puido ou como pasou.

Vou dar unha semana de prazo para realizar a actividade.

O prazo remata o día 11 de outubro as 23:59 horas.

Podedes contestala no blogue ou mandarme un correo electrónico coas respostas. Iso dáme igual.
Se me contestades no blogue recordade que non se vai a ver ata que o decida eu, así que non poderedes ver o voso comentario ata despois do 12.

4 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar