Despois
dos acontecementos de Aranjuez (Motín de Aranjuez) e
de Baiona (abdicación en Xosé I) Napoleón decide facer vir a
Francia o resto da familia real española, co obxectivo de que
ninguén se opoña a Xosé Bonaparte en España.
Pero
iso provoca un acontecemento inesperado o levantamento do 2 de
Maio de 1808 en Madrid. O que aconteceu foi moi sinxelo: as
tropas francesas capturan a o resto da familia real e métenos nun
carruaxe, pero o pobo de Madrid dáse conta e comeza unha rebelión.
Esta rebelión considerase como o punto inicial da Guerra de
Independencia e a creación dun movemento de oposición ó goberno de
Xosé I. A resposta das tropas francesas foron a represión de todo
aquel que se levantara en armas contra os franceses, esperando que a
situación se calmara; pero en realidade o que aconteceu foi que
situación de rebelión estendeuse por todo o país.
Xuntas de Goberno.
Neste
momento e cando aparecen as Xuntas. Estas foron creadas polas elites,
apoiadas polo pobo e potenciadas pola pasividade do goberno de Xosé
I e a invasión napoleónica.
Existe
unha dobre interpretación sobre o que son as Xuntas. No primeiro dos
casos hai quen considera que é unha ruptura do Antigo Réxime, polo
tanto revolucionaria no senso da Revolución Francesa. Vendo que as
Xuntas son as que asumen a vontade popular e a defensa colectiva do
país: elas son as garantes da soberanía. Mentres que outros
consideran que son o poder lexítimo ante a falta do monarca: non
implica unha ruptura, senón a continuidade ante a falta do rei.
Estas
son agrupación que se van creando pouco a pouco de forma
espontánea. Estas van ser primeiro a nivel local, coñecidas como
Xuntas Locais. Pero a medida que a guerra contra o francés vaise
alongando, é necesario agruparse e coordinase. Así é como
apareceron: primeiro as Xuntas Supremas Provinciais, e logo a Xunta
Suprema Central.
Estas
xuntas asumen diferentes funcións: asumiron o goberno, substituíron
as institucións que atópanse baixo o dominio francés e declaran a
Guerra a Francia.
En
1810 foi substituída polos Supremo Consello de Rexencia.
A división de España.
A
situación de Guerra levou a creación dunha Guerra Civil na que
España se atopaba dividida en varios bandos.
Os
afrancesados. Son toda
unha serie de persoas que apoian o goberno de Xosé I. Dentro deste
grupo temos a unha variedade de persoas dende antigos membros do
goberno, ilustrados, etc.
Os
defensores de España. Neles
atopamos todos aqueles que se opoñen a Xosé I como rei de España,
pero dentro deles temos dous grupos.
Os
absolutistas. Son
todos aqueles que son partidarios de Fernando VII como rei, e que
queren loitar contra os cambios políticos e sociais.
Os
liberais. Pretenden
crear un novo estado baseado na ruptura co Antigo Réxime e a
implantación dunha Constitución e un sistema liberal.
A Guerra de Independencia.
O
comezo freouse o avance francés grazas a resistencia de diferentes
cidades (Girona, Zaragoza, Valencia ou Cádiz), e a vitoria na
Batalla de Bailén (1808) que colleu por sorpresa ós franceses, pero
iso durou pouco.
Ante
esta situación Napoleón chegou con tropas frescas e empezou a
recuperar o territorio perdido. A superioridade do exércitos
franceses levou a unha humillante derrota das tropas españolas. Iso
levou a que a guerra se orientara cara o campo, onde se organizou
unha guerra de guerrillas.
Esta
guerra de guerrillas consistía en que pequeno grupos, que coñecían
ben o territorio, atacaban e fuxían. Isto fixérono grazas a que
contaban co apoio da poboación local, que lles prestaba auxilio e
lle dificultaba as cousas as tropas francesas. Grazas a esta táctica
o exército francés veuse incapaz de loitar en igualdade, e tivo que
manter a un enorme exercito para manter o control de pequenas zonas.
Esta
guerra de guerrillas e o apoio do exército británico, que derrotou
as tropas francesas na Batalla de Arapiles) permitiulle
ir gañando a Guerra de Independencia en 1814. Aínda que tamén algo
influíu que Napoleón estaba sendo atacado en varias frontes (Rusia,
Austria, Prusia, etc.) e fíxolle insostible manter a súa posición
de forza.