Trala disolución do goberno do Directorio establecese un goberno Autoritario, organizado de forma ditatorial e personalista.
O obxectivo deste goberno era consolidar o proceso revolucionario máis moderado e arredar os intentos dunha volta o Antigo Réxime.
En 1800 establecese unha nova Constitución , onde:
- Non hai separación de poderes.
- No hai declaración de dereitos.
Este goberno busca unha alianza cos sectores burgueses e marxina ós sectores máis radicais.
- Establece unha tregua coa oposición para o retorno dos exiliados por motivos políticos.
Establece un sistema económico, que copia os principios do Movemento Liberal iniciado no Reino Unido.
- Favorece a iniciativa privada.
- Crea o Banco de Francia.
- Iniciou unha política de inversión publicas para potenciar o comercio e a Industria.
- Etc.
Reorganiza a Administración e a estrutura do Estado:
- Reorganiza a Burocracia.
- Reorganiza a estrutura administración a nivel local, coas Prefecturas.
- Establece unha serie de leis comúns, coñecidas co nome de Código Napoleónico:
- Código Civil.
- Código Penal.
- Código Comercial.
- Etc.
O ascenso de Napoleón é meteórico, o que permitiulle acumular cada vez máis poder e prestixio. Isto foi posible graza a pacificación do país e a derrota dos exércitos estranxeiros o longo de toda Europa.
Iso permitiulle:
- 1802. Nomearse Cónsul Vitalicio.
- 1804. Nomease e coroase Emperador.
Isto permitiulle un proceso de engrandecemento e expansión de Francia ó longo de toda Europa.
- Moitos territorios son anexionados a Francia.
- Outros países quedaron baixo a influencia francesa, colocando nos tronos a familiares ou persoas da confianza de Napoleón.
- Moitos dos países baixo influencia francesa sufriron un dobre proceso:
- Difusión das ideas propias da Revolución Francesa, no seu sentido máis moderado. En moitos casos foron impostos pola forza.
- Sufriron o castigo e saqueo das tropas Francesas.
- Estes dous elementos xuntos provocaron a oposición de gran parte da poboación e a aparición dun sentimento nacionalista e antifrancés.
- Exemplo España en 1808, no que se produce unha Rebelión contra o Goberno de Xosé Bonaparte.
As derrotas provocadas por esas sublevación nacionalistas e as derrotas fronte os grandes imperios europeos motivou a caída de Napoleón en 1814. Aquí é obrigado a abdicar e foi exiliado na illa de Elba.
Imperio dos Cen días.
Consegue escapar de Elba e formar un novo exército, pero o seu goberno e paralizado rapidamente. As potencias estranxeiras derrótano na batalla de Waterloo (18 xullo de 1815). Isto provoca un novo exilio na illa de Santa Elena, onde morreu en 1821.
Ningún comentario:
Publicar un comentario