Vouvos a poñer un fragmento dun programa de radio da Cadena SER, La Ventana de Carles Francino. Neste programa teñen unha pequena sección todas as semanas sobre Historia, que se chama "Pretéritro Imperfecto" de Nieves Concostrina.
Normas para facer a actividade:
- Debes contestar as seguintes preguntas de forma correcta.
- Tes que facelo antes da data límite. Data de Entrega: Deixo aberto isto ata o 15 ás 22:00.
- Podes enviar a resposta por email,darmo en papel en clase antes da data limite ou colgala como comentario.
- As respostas non aparecerán no blog, ata que eu o determine.
Despois debedes comentar as seguintes preguntas:
- ¿Cal foi o motivo polo que Napoleón derriba a Inquisición?
- Explica que foi a Inquisición. ¿Cando se creou e por que? Busca información sobre o tema.
- ¿Que foron os decretos de Chamartín? Busca información sobre eles, e indica que máis aspectos tiveron.
- ¿Como usaban os monarcas españois a Inquisición?
- ¿Quen anulou os Decretos de Chamartín? ¿Que opinión ten a presentadora sobre ese personaxe? ¿Que alcume cariñoso lle puxo a este personaxe?
- ¿Que é o Delito de Solicitación?
- ¿Cando se eliminou definitivamente a Inquisición?
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar