CARLOS IV. (1788-1808)
O reinado de
Carlos IV comezou un ano antes do estoupido da Revolución Francesa,
sendo un feito fundamental para entender todo o que aconteceu durante
o seu reinado.
Un dos
principais elementos foi que Carlos IV comezou sendo un monarca moi
similar o seu predecesor, Carlos III, e comezou exercendo un
despotismo ilustrado. Pero os acontecementos en Francia determinaron
un cambio de orientación, e decidiu illar a España de calquera
medida que soara a liberalismo ou Ilustración. Iso provocou o peche
de fronteiras, para evitar a entrada de ideas revolucionarias, e a
declaración de Guerra a Francia, tras a execución de Luís XVI.
Entre as medidas que vai tomar para poñerlle fin do Reformismo
Ilustrado temos: a persecución os ilustrados e as súas ideas, o
reforzo do poder real e a paralización das reformas. Moitas delas
foron levadas polos ministros de Carlos IV, entre os que destacou
Floridablanca.
Esta nova
política de ataque a Francia foi organizada por un novo ministro:
Manuel Godoy, que levou a cabo un goberno despótico. Manuel Godoy
ascendeu o poder grazas a unha serie de intrigas, que lles permitiu
aproximarte a familia real, e especialmente a raíña María Luísa.
Isto permitiulle chegar a ser o principal ministro de Carlos IV.
Aínda que a
súa política pode considerarse como pouco exitosa, debido as
sucesivas derrotas ante as tropas francesas, el si consegue acumular
unha serie de títulos e poder. A súa situación afianzase tras
conseguir unha alianza con Francia, a Paz
de Basilea (1795), na que consegue que
ambas potencias cheguen a un acordo de paz.
Pero a
acumulación de títulos e poder provocou a oposición de importantes
sectores españois: o Principe de Asturias (futuro Fernando VII), os
sectores máis conservadores (igrexa, nobreza, boa parte dos
ilustrados e a maioría do pobo)
Isto acaba
afianzándose mediante o cambio na política exterior, que tivo como
primeiro paso a Paz de Basilea en 1795, e que foi consolidada no
Tratado de San Ildefonso, que levou a unha alianza con Napoleón.
Este cambio de orientación levou a aliarse con Francia e loitar
contra Inglaterra. Isto acabou provocando toda unha serie de
conflitos desastrosos para España como
- Batalla de Trafalgar (1805)
- Tratado de Fontainebleau (1807) e a consecuente Guerra das Laranxas, que lle permitiu o paso das tropas francesas para invadir Portugal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario