14 novembro 2015

A Guerra de Independencia (1808 ata 1814)


Despois dos acontecementos de Aranjuez (Motín de Aranjuez) e de Baiona (abdicación en Xosé I) Napoleón decide facer vir a Francia o resto da familia real española, co obxectivo de que ninguén se opoña a Xosé Bonaparte en España.
Pero iso provoca un acontecemento inesperado o levantamento do 2 de Maio de 1808 en Madrid. O que aconteceu foi moi sinxelo: as tropas francesas capturan a o resto da familia real e métenos nun carruaxe, pero o pobo de Madrid dáse conta e comeza unha rebelión. Esta rebelión considerase como o punto inicial da Guerra de Independencia e a creación dun movemento de oposición ó goberno de Xosé I. A resposta das tropas francesas foron a represión de todo aquel que se levantara en armas contra os franceses, esperando que a situación se calmara; pero en realidade o que aconteceu foi que situación de rebelión estendeuse por todo o país.


Xuntas de Goberno.

Neste momento e cando aparecen as Xuntas. Estas foron creadas polas elites, apoiadas polo pobo e potenciadas pola pasividade do goberno de Xosé I e a invasión napoleónica.
Existe unha dobre interpretación sobre o que son as Xuntas. No primeiro dos casos hai quen considera que é unha ruptura do Antigo Réxime, polo tanto revolucionaria no senso da Revolución Francesa. Vendo que as Xuntas son as que asumen a vontade popular e a defensa colectiva do país: elas son as garantes da soberanía. Mentres que outros consideran que son o poder lexítimo ante a falta do monarca: non implica unha ruptura, senón a continuidade ante a falta do rei.
Estas son agrupación que se van creando pouco a pouco de forma espontánea. Estas van ser primeiro a nivel local, coñecidas como Xuntas Locais. Pero a medida que a guerra contra o francés vaise alongando, é necesario agruparse e coordinase. Así é como apareceron: primeiro as Xuntas Supremas Provinciais, e logo a Xunta Suprema Central.
Estas xuntas asumen diferentes funcións: asumiron o goberno, substituíron as institucións que atópanse baixo o dominio francés e declaran a Guerra a Francia.
En 1810 foi substituída polos Supremo Consello de Rexencia.


A división de España.

A situación de Guerra levou a creación dunha Guerra Civil na que España se atopaba dividida en varios bandos.
  • Os afrancesados. Son toda unha serie de persoas que apoian o goberno de Xosé I. Dentro deste grupo temos a unha variedade de persoas dende antigos membros do goberno, ilustrados, etc.
  • Os defensores de España. Neles atopamos todos aqueles que se opoñen a Xosé I como rei de España, pero dentro deles temos dous grupos.
    • Os absolutistas. Son todos aqueles que son partidarios de Fernando VII como rei, e que queren loitar contra os cambios políticos e sociais.
    • Os liberais. Pretenden crear un novo estado baseado na ruptura co Antigo Réxime e a implantación dunha Constitución e un sistema liberal.

A Guerra de Independencia.

O comezo freouse o avance francés grazas a resistencia de diferentes cidades (Girona, Zaragoza, Valencia ou Cádiz), e a vitoria na Batalla de Bailén (1808) que colleu por sorpresa ós franceses, pero iso durou pouco.
Ante esta situación Napoleón chegou con tropas frescas e empezou a recuperar o territorio perdido. A superioridade do exércitos franceses levou a unha humillante derrota das tropas españolas. Iso levou a que a guerra se orientara cara o campo, onde se organizou unha guerra de guerrillas.
Esta guerra de guerrillas consistía en que pequeno grupos, que coñecían ben o territorio, atacaban e fuxían. Isto fixérono grazas a que contaban co apoio da poboación local, que lles prestaba auxilio e lle dificultaba as cousas as tropas francesas. Grazas a esta táctica o exército francés veuse incapaz de loitar en igualdade, e tivo que manter a un enorme exercito para manter o control de pequenas zonas.
Esta guerra de guerrillas e o apoio do exército británico, que derrotou as tropas francesas na Batalla de Arapiles) permitiulle ir gañando a Guerra de Independencia en 1814. Aínda que tamén algo influíu que Napoleón estaba sendo atacado en varias frontes (Rusia, Austria, Prusia, etc.) e fíxolle insostible manter a súa posición de forza.






Ningún comentario:

Publicar un comentario